Liga Interna de Baloncesto
Unha espléndida actividade CAS remata con éxito:
Equipos finalistas e árbitros |
O espíritu de servizo a comunidade do alumnado CAS queda especialmente reflexado neste proxecto que se logrou manter ao longo de varios meses, o que permitiu a este alumnado desenvolver e practicar a súas capacidades en relación á súa autonomía, constancia, disciplina e compromiso.
Asesoradas polo Departamento de E.F., catro persoas de 1º E (María Bragado Paz, Bran López Luengo, Jaime Díaz Trigo e Verónica Poza Nogueira) formaron o equipo CAS que deseñou e xestionou a I Liga Interna de Baloncesto para 1º, 2º e 3º da ESO celebrada durante este curso académico. En distintos momentos do proxecto, este grupo inicial contou coa colaboración desinteresada de varias outras persoas. O noso agradecemento.
Na final celebrada o pasado venres 29 de maio, o equipo ‘CB do Castro’ resultou gañador frente ao outro equipo finalista, o ‘Carlos’. |
A entrega de premios terá lugar o próximo venres día 5 ás 11:30.
A través deste tipo de actividades, autoiniciadas e autogestionadas, o alumnado do BI desenvolve novas habilidades na línea da escoita activa, a capacidade de diálogo e convivencia, e tamén pon a proba e desenvolve a súa capacidade estratéxica e organizativa.
Máis fotos da xornada: o público, a mesa, diferentes xogadas:


O club de lectura “O Castro” bota a andar
Por segundo ano consecutivo o club de lectura do Instituto botou a andar coa incorporación de novas persoas e coa baixa de outras. As previsións para esta nova aventura son de crear dous grupos de traballo, polo menos, para certas lecturas: un para bacharelato e pais/nais de alumnado e profesorado, e outro para a ESO.
Na práctica xa se está desenvolvendo así para as primeiras lecturas. No caso da ESO foron os propios interesados os que dicidiron embarcarse na triloxía da “Materia escura”, porque algúns xa leran a primeira entrega e a maioría está encetando a segunda. Con respecto ao outro, acordouse que fose o último premio nacional de literatura infantil e xuvenil, Agustín Fernández Paz, autor de “O único que queda é o amor”, ao que se rendese a nosa homenaxe particular e coa esperanza de poder contar con el nalgúnha das reunións que se celebren para comentar este feixe de relatos.
(Ler o resto do artigo »)

Club de Lectura
O inicio deste novo curso trae consigo algunhas novidades e outras que xa non o son tanto. Esta vai ser a segunda edición en canto a funcionamento do CLUB DE LECTURA, se é que conseguimos organizar un grupo de persoas interesadas nesta tarefa.
Ese interese pode deberse a que hai alumnado ao que non fai falla estimulalo para que lea porque todas as horas do mundo lle resultan poucas,e outras ás que é preciso estimulalas para incorporarse a esta aventura de acercamento a outros mundos, a outras dimensións e a emocións que doutro xeito pasarían desapercibidas. Por todo iso, e outras múltiples razóns que non imos relatar aquí, facemos un chamamento desde a BIBLIOTECA a todo o alumnado, profesorado e familias para que se sumen, ou axuden aos que están ao seu arredor, a fomentar a lectura de xeito lúdico e formativo. A Consellería vén de concederlle ao Instituto unha axuda económica importante para a dinamización da Biblioteca, para adquisición de fondos bibliográficos, dixitais, e mobiliario, dentro do programa de Mellora das bibliotecas. A ver se sabemos corresponder ás demandas plantexadas para que fose concedida tal axuda.
(Ler o resto do artigo »)

