ITALIA: “Un vindeover”

Publicado o 27 Xuño, 2010 na sección Zona Alumnado, Actividades, Vicedirección por Xulio Dobarro

PROMOCION DE 4º DE ESO 2009-2010As ganas eran moitas as de iniciar esta viaxe por terras italianas. Os esforzos tamén foron importantes para algúns dos alumnos e das familias, por iso había que aproveitalos ao máximo.Lembremos o traballo dos recreos coa organización do rastrillo ou algunhas iniciativas particulares para acadar unha mínima solvencia para afrontar gastos básicos.A tradición dinos que por estas datas a maioría do alumnado de cuarto da ESO soe experimentar novas emocións e por iso rompe coa rutina das clases, da familia, das amizades de todos os días e adéntrase en novas vivencias e convivencias. Como case sempre, este tipo de turismo supón un esforzo engadido á cotidianiedade: madrugar para coller o primeiro voo con saída do aeroporto de Vigo, aló polo día 17 de xuño, e logo, non durmir case nunca e voltar a madrugar ao día seguinte para aproveitar as horas de luz, con algo de choiva neste caso.A primeira etapa trasládanos a Lido de Jessolo, que é a porta de entrada a Venecia, desde onde se colle o vaporetto para trasladarnos xa aquela mesma tarde á cidade das góndolas. A auga está presente por todas partes, incluso a “aqua alta” que aparece e desaparece na praza segundo o ritmo das mareas. Empeza a ser preocupante para a poboación  veneciana esta inseguridade, porque cada ano que pasa o número de veces que sobe o nivel das augas por enriba do tradicional é máis frecuente. A perda de poboación da urbe é galopante.Esta xornada é de toma de contacto e o día seguinte é de inmersión no pasado florecente da cidade e na súa orixe. Por que tanto empeño en gañar terreos ao mar? Pois, polo que se di, a razón fundamental foi de sobrevivencia fronte ás invasións. Do Lido, algúns lembrarán con especial simpatía as dúas noites de esmorga e divertimento paseanso en cuatriciclos, motos eléctricas, bañarse no mar Adriático.

praza-san-marcos.jpg

Aquí vemos a algúns na praza de San Marcos

A segunda etapa discurriu por terras da Toscana, en Florencia. A cidade recíbenos con choiva, pero non por iso perde o seu engado. A praza da Señoría rezuma arte polas catro esquinas, e despois de disfrutar das extraordinarias obras de arte de arquitectura da catedral, a cúpula de Brunelleschi, do baptisterio, A porta do paraíso de Ghiberti, o campanile de Giotto, non podiamos renunciar á visita máis desexada: O David de Miguel  Angel, símbolo da beleza viril renacentista e do triunfo da intelixencia fronte á forza.

siena.jpg

Foto de familia ás portas da catedral de Siena

pazo.jpg

A guía veneciana, no patio central do Pazo de San Marcos, comenta con certa nostalxia o abandono da cidade  e a especulación.

siena-dous.jpg

Agardando ás portas da catedral de Siena para ver os extraordinarios mosaicos do chan  e os mármores policromados da fachada.

A experiencia de ver a praza desta localidade chovendo  a mares foi algo espectacular.É nela onde tradicionalmente se celebran as carreiras para ser merecedor do Palio que se disputan entre diferentes “cofradías”.As últimas xornadas están adicadas a visitar a cidade de ROMA.A primeira noite adicámola a visitar a fontana de Trevi -para non perder tempo-   e ao día seguinte é a visita obrigada á obra magna,o Coliseo, e o seu entorno: Os foros imperiais, O Capitolio. Como xa é sabido, mires para onde mires, todo ten un fondo significado histórico  e tradición, polo tanto, como non se pode ver todo hai que seleccionar. Esta tarde adícase a percorrer o entorno  de praza Nabonna e  O Panteón, por destacar o máis popular.Na última xornada, a cidade do Vaticano, acóllenos de boa hora pero con milleiros de persoas, -segundo as estatísticas son vinte mil persoas as que diariamente a visitan-  que agardan para sorprenderse da grandiosidade da Capela Sixtina, da igrexa de San Pedro, da Piedade de Miguel Ángel, da cúpula, do Baldaquino  de Bernini, e excepcionais obras de arte que gardan as paredes do Vaticano. Como alguén soe dicir “tanta beleza pode aturdir” pero non por iso deixaremos de visitar a Galería dos mapas xeográficos, dos Tapices,  das esculturas de animais, de Laoconte,etc. arrastrados por unha marea humana que se convirte nun espectáculo engadido a todo o demais.As horas van pasando e o día remata cunha visita ao campo de Marte onde vén de ser musealizada a Ara Pacis adicada a Augusto polas súas vitorias a favor do Imperio romano. Desde aquí dirixímonos ata a piazza del Popolo e conclúen as visitas na praza de España para irmos a cear e prepararnos para un regreso algo accidentado, aínda que resolto felizmente.Desde aquí queremos agradecer ás familias a confianza depositada no profesorado acompañante e, ao mesmo tempo, pedir desculpas ao alumnado por se nalgún momento as circunstancias esixiron actuacións máis severas, dado o elevado número de persoas involucradas na organización . Esta crónica non pretende ser detallada, senón máis ben de que simplemente quede constancia nesta páxina para a historia do centro. Seguramente que hai mellores documentos gráficos ca estes e moitas máis anécdotas que non se reflicten aquí e xa circularán noutros foros. Arrivederci Roma.

Related Posts with Thumbnails

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo