Club de Lectura
LECTURAS PARA O SEGUNDO TRIMESTRE
Durante o segundo trimestre dúas son as lecturas que imos compartir no Club de Lectura. Paso a deixaros as reseñas dos libros.
Se algún dos membros non ten todavía o seu exemplar, que pase pola biblioteca a recollelo.
1º,2º,3ºESO
O mundo tal e como o coñecíamos non existe, está inundado, asolado por unha extraña Plaga e controlado por unha empresa chamada Tempus fugit.Neste mundo vive Hanna, intentando desmantelar a esta empresa, a que odia polo que fixo a súa nai, para o que contará coa axuda dun persoaxe procedente do pasado, Pablo, e de moitas máis persoas das que non se esperaba nada.
4º ESO, BAC E PROFESORES E NAIS
Escrita en forma epistolar pola norteamericana Kressman Taylor, Enderezo descoñecido conta a sorprendente historia de dous amigos e socios propietarios dunha galería de arte en California, Max Eisenstein, xudeu estadounidense, e Martin Schulse, alemán, que retorna ao seu país en 1932, coincidindo co ascenso do partido nazi. Esta obra, breve e intensa, representa un dos máis estarrecedores alegatos contra o nazismo, cuxo rostro perverso se nos fai patente ao longo da correspondencia entre os dous personaxes.
A POSTA EN COMÚN DAS LECTURAS ESTÁ PREVISTA PARA A VOLTA DAS VACACIÓNS DO ENTROIDO.
Concha Otero e Carmen Vilariño.
Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo
Celebracións Día da Paz e a Non-violencia
Dentro das celebracións do Día da Paz e a Non-violencia houbo un recital de poemas en varias linguas por parte de alumnado de 1º D para o alumnado do 1º ciclo da ESO. Carmen, Cristina, Fidel, Helena, Michelle, Nuria, Pablo foron as persoas encargadas das lecturas e o seu traballo foi acollido con ledicia e aplausos nas aulas correspondentes.
Durante o recreo Martín e Paula de 2º de Bacharelato nos recrearon coa súa música, preparada con cariño e adicación para esta ocasión. Nas fotos algúns momentos da actuación.
Reseña do acto, por Isabel Gómez Alonso
O pasado 30 de xaneiro celebrouse o día da paz no instituto. Especial atención obtiveron dous alumnos de 2º de bacharelato, Martín e Paula, que decidiron conmemorar esta data a través da música. Tras moitas xornadas de longos ensaios, ambos versionaron con éxito a canción “Space dementia” do grupo británico Muse. A maioría do alumnado asistiu ao pequeno concerto, no que Paula cantou e Martín tocou o piano. Esta actuación supuxo unha forma orixinal de celebrar o día da paz, xa que a través da creatividade aportada pola música ambos puideron facer énfase na necesidade de cumprir os dereitos humanos.
Imprimir este Artigo
Día Escolar pola Paz e a Non-violencia
O próximo 30 de xaneiro celébrase o Día escolar pola Paz e a Non-violencia. Con tal motivo no centro imos realizar diversas actividades. Esperamos a vosa colaboración e participación nas actividades que ao longo da semana realizaranse
Día Escolar pola Paz e a Non-violencia
30 XANEIRO 2011
O día 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar pola Paz e a Non-violencia. Para celebrar esta data no centro estamos a preparar actividades nas que esperamos que todos/as sexades partícipes, ou ben coa vosa colaboración ou ben coa vosa participación nas actividades propostas.Actividades previstas luns 24 - venres 28 de xaneiro
| CORREDOR BIBLIOTECA | BIBLIOTECA |
| MURAL POLA PAZ | selección de libros e Dvds |
| mural onde expresar os nosos desexos de Paz, as nosas reflexións,poemas de creación propia ou poemas de poetas coñecidos e coñecidas | libros e dvds onde inspirarse, disfrutar ou aprender sobre este tema |
| MARTES 25 | |
| RECREO | Proxección ‘Powerpoint’ Gandhi (alumnos/as 2ªE CAS ) Reseñas Película Gandhi (alumnos/as 2ºE CAS ) |
| TARDE NA BIBLIOTECA | Proxección da película GandhiLugar : BibliotecaHora : 16:30-19:00 |
| MÉRCORES 26 | |
| RECREO | Obradoiro de papiroflexia. Pombas de papel. |
| XOVES 27 | |
| RECREO | Proxección ‘Powerpoint’ Día da Paz. Cancións pola Paz. |
| TARDE NA BIBLIOTECA | Proxección da película InvictusLugar: BibliotecaHora : 16: 30-19:00 |
| VENRES 28 | |
| RECREO | Música pola Paz -en directo -Martín González Ramírez e Paula Ferro Delgado- 2º Bach Proxección Dvds Día da Paz |
Biblioteca, Vicedirección e CAS.
Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo
Día dos Dereitos Humanos
O día 10 de decembro celébrase o Día Mundial dos Dereitos Humanos.Neste documento recóllense os dereitos básicos, adoptados pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas, o 10 de decembro de 1948.
No seguinte enlace podedes consultar esta Declaración integra.
DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS
PREME NA IMAXE PARA VER PRESENTACIÓN
Na biblioteca haberá selección de libros e Dvds relacionados con esta conmemoración.
Para más información podedes entrar no blog da biblioteca premendo no seguinte enlace:
XOGO INTERACTIVO
Imprimir este Artigo
Celebración do Día da Ciencia en Galego
O pasado 4 de novembro a ciencia falou galego no centro.Diversos foron os actos que se celebraron ao longo da mañá.
As primeiras horas os carteis que anunciaban a celebración do día, penduraba dende as escaleiras. Ninguén tiña que ser allego a esta celebración, CELEBRABAMOS O DÍA DA CIENCIA EN GALEGO.
O alumnado de 3º da ESO baixou da aula de tecnoloxía os seus traballos , co fin de que todos poidesen disfrutar das súas creacións. Un ascensor, distintos prototipos de coches e outros aparellos animaron a hora do recreo.
Xogos matemáticos encheron o tempo de lecer de alumnos e profesores.Adicaron o descanso a intentar resolver difíciles e divertidos acertixos. Pero había premio, UNHA FERMOSA E APETITOSA MAZÁ.
Os de bacharelato tiveron sendas conferencias. Para os de 2º Bac. a departamento de Física e Química participou nuha video-conferencia xunto con outros centros de ensino . Os de 1º Bac asistiron a conferencia de Xosé Francisco Fernández Teijeiro sobre o político e científico galego Bibiano Fernández Osorio-Tafall.
Unha selección de libros científicos en galego estiveron expostos na entrada do instituto.
Imprimir este Artigo
Día da Ciencia en Galego
O próximo 4 de novembro celébrase o Día da Ciencia en Galego , adicado a Ramón María Aller Ulloa, Alfonso X e James Clerk Maxwell. Diversos son os actos que se celebrarán nesta próxima semana, promovidos por distintas asociacións científicas galegas
No instituto para celebrar ese día están programadas diversa actividades polos distintos departamentos didácticos da área científico- técnica e o departamento de normalización lingüística.
ACTIVIDADES 4 DE NOVEMBRO
RECREO
-XOGOS DE TERMOS CIENTÍFICOS EN BUSCA DE DEFINICIÓN.
-EXPOSICIÓN DE LIBROS CIENTÍFICOS ESCRITOS EN GALEGO.
- XOGOS MATEMÁTICOS.
12: 40 : CONFERENCIA DE XOSÉ FRANCISCO PARDO TEIJEIRO SOBRE O CIENTÍFICO-POLÍTICO GALEGO BIBIANO FERNÁNDEZ OSORIO-TAFALL( 1 º BAC. NA SALA DE CONFERENCIAS).
Para coñecer a figura do científico tema da conferencia podedes entrar neste enlace:
BIBIANO FERNÁNDEZ OSORIO-TAFALL
Imprimir este Artigo


















