Club de Lectura

Publicado o 13 Febreiro, 2011 na sección Club de lectura por Carmen Vilariño Agras

LECTURAS PARA O SEGUNDO TRIMESTRE

Durante o segundo trimestre dúas son as lecturas que imos compartir no Club de Lectura. Paso a deixaros as reseñas dos libros.

Se algún dos membros non ten todavía o seu exemplar, que pase pola biblioteca a recollelo.

                                                  1º,2º,3ºESO

         

    tempus_fugit_ladrones_de_almas.jpg 

                                       JAVIER RUESCAS                 

O mundo tal e como o coñecíamos non existe, está inundado, asolado por unha extraña Plaga e controlado por unha empresa chamada Tempus fugit.Neste mundo vive Hanna, intentando desmantelar a esta empresa, a que odia polo que fixo a súa nai, para o que contará coa axuda dun persoaxe procedente do pasado, Pablo, e de moitas máis persoas das que non se esperaba nada.

                              4º ESO, BAC E PROFESORES E NAIS

                               enderezo-desconecido.bmp

      Escrita en forma epistolar pola norteamericana Kressman Taylor, Enderezo descoñecido conta a sorprendente historia de dous amigos e socios propietarios dunha galería de arte en California, Max Eisenstein, xudeu estadounidense, e Martin Schulse, alemán, que retorna ao seu país en 1932, coincidindo co ascenso do partido nazi. Esta obra, breve e intensa, representa un dos máis estarrecedores alegatos contra o nazismo, cuxo rostro perverso se nos fai patente ao longo da correspondencia entre os dous personaxes.

A POSTA EN COMÚN DAS LECTURAS ESTÁ PREVISTA PARA  A VOLTA DAS VACACIÓNS DO ENTROIDO.

Concha Otero e Carmen Vilariño.

Related Posts with Thumbnails

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo