Visita de 2 º Bach. á Escola de Enxeñeiros de Minas
O Departamento de Tecnoloxía organizou unha visita do alumnado de 2º de Bacharelato á Escola Superior de Enxeñeiros de Minas. No marco da Semana da Ciencia, a Escola de Minas abriu as súas portas para informar das características da carreira e mostrar as súas instalacións. Nun recorrido perfectamente organizado e acompañados por profesores e alumnado da Escola poidemos ver laboratorios de materiais, explosivos, aulas e tamén fomos termografiados e escaneados como se pode ver nas fotos.
Facer clic na foto para ampliar