Eleccións ao Consello Escolar 2008

Publicado o 6 Novembro, 2008 na sección +++Documentos e formularios de interese, Zona Alumnado, Consello Escolar, Convocatorias, Secretaría, Dirección por Alberte Zato

Eleccións

      O Consello Escolar deste centro está formado por :

-          7 representantes do profesorado

-          4 representantes do alumnado

-          1 representante do persoal de Administración e Servizos.

-          2 representantes dos pais/nais

-          1 pai/nai en representación da ANPA

-          1 representante nomeado polo Concello

 Cada dous anos temos que facer eleccións para renovar parte ou a totalidade dos membros representantes de cada sector.

Este ano renóvase:

 Parte dos membros representantes dos pais/nais, catro representantes do profesorado ,  dous representantes do alumnado e un/unha representante do Persoal de Administración e servizos.

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

CALENDARIO ELECTORAL

O día 4 de novembro tivo lugar a constitución da Xunta electoral que acordou  fixar o seguinte calendario para as eleccións ao Consello Escolar:

Calendario electoral

Achégase de seguido o impreso común de formalización de candidaturas de tódolos estamentos (facilítase en formato.pdf e deberá ser imprimido, cumprimentado e presentado na Secretaría do IES do Castro dentro dos prazos sinalados )

 (Clique na imaxe para a súa descarga)

 Impreso Candidaturas

Os interesados/as en facer algún tipo de campaña electoral, expresar as súas intencións ou simplemente expresar a súa opinión poden facelo neste fío do Foro, se son usuarios rexistrados deste sitio web.

Related Posts with Thumbnails

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo