Certificación B1 en lingua francesa

Publicado o 15 Novembro, 2022 na sección Zona Alumnado, Lingua Francesa por Alberte Zato

francais1.jpg

Certificación B1 en lingua francesa

O DIPLOMA , AS DATAS OS LUGARES DE EXAMEN

A certificación será a través da Alianza Francesa e proporcionará o diploma do DELF (Diplôme d’études en langue française) do nivel B1.

As probas se realizarán nas seguintes datas:

A- Probas escritas: mércores 26 de abril de 17.00 a 18.55

B- Probas orais individuais: entre o mércores 12 de abril e o sábado 13 de maio segundo a planificación de cada centro de examen. (No caso do bacharelato soe ser a primeira quenda)

Os centros onde se realizarán as probas están pendentes de confirmación. Nos últimos anos se realizaron entre o IES San Tomé e a sede da Alianza Francesa de Vigo, sita na rúa Argentina. Todo indica que non haberá cambios a este respecto.

O PREZO E PRAZO DE MATRÍCULA

O custo da inscrición a estas probas do nivel B1 deste ano é de 98,70 € . Como a Consellería oferta unha contía de 100€ por alumno/a que se presente, o prezo da inscrición quedaría cuberto pola beca.

O prazo de matriculación para as probas será entre o mércores 1 e el sábado 25 de febreiro de 2023. A selección do alumnado que opte ás becas se fará durante o mes de novembro.

INSCRICIÓN E BAREMO

A inscrición para a selección do alumnado interesado en participar nas probas se fará ata o 16 de decembro de 2022.

Será seleccionado aquel alumnado que obteña maior puntuación no baremo segundo os seguintes items:

1-Nota de francés do ano anterior: 10 : 2p; 9 : 1p; 8: 0,5p; 7: 0,25p

2- Nota media do curso anterior: 10 : 2p; 9 : 1p; 8: 0,5p; 7: 0,25p

3- Nota media de francés na ESO: 10 : 2p; 9 : 1p; 8: 0,5p; 7: 0,25p

4- Nota media de francés na ESO: 10 : 2p; 9 : 1p; 8: 0,5p; 7: 0,25p

** En caso de empate na puntuación total, prevalecerá o criterio da mellor nota media de francés na ESO e no Bacharelato.

Documentos en .pdf

.pdf

delf_becas.pdf  

fiche_d_inscription_delf.pdf

Related Posts with Thumbnails

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo