Celebración dos 25 anos de traballo de Ana García no IES do Castro

Publicado o 22 Decembro, 2018 na sección Celebracións, Taboleiro Transversal por Alberte Zato

diploma-ana-garcia-web.jpg

Co gallo do 25  aniversario do traballo ininterrumpido da funcionaria administrativa do IES do Castro Ana García - apreciada e benquerida -  celebrouse este notable evento no IES do Castro o día 20 de decembro do 2018.

O acto consistiu principalmente en intervencións de profesorado e persoal, tanto en activo como xubilado, glosando a inestimable contribución de Ana ao nacemento, crecemento e consolidación do noso instituto, con proxeción de vídeos con mensaxes de aprecio e cariño para ela. Suliñable foi a presenza da maioría  de membros das xuntas directivas dende a fundación do instituto até o presente - e os que non puideron asistir deixaron as súas mensaxes de aprecio. Tamén foi importante a presenza dese xa amplo corpo de funcionarios docentes xubilados que deixaron a súa impronta na vida do IES do Castro

Houbo sesión de fotos pertinente, e un ambigú para despedir tamén ao primeiro trimestre e ao ano 2018.

[Clique nas imaxes para velas a tamaño 1:1]

dsc_0232.jpg

 dsc_0280.jpg

 dsc_0289.jpg

 dsc_0229.jpg

dsc_0294.jpg

Related Posts with Thumbnails

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo