PREMIOS FIN DE CARREIRA DAS UNIVERSIDADES GALEGAS

Publicado o 10 Novembro, 2015 na sección Foto da semana, Zona Alumnado, Noticias do Programa do Diploma do BI por Alberte Zato

DÚAS EX-ALUMNAS DESTE CENTRO PREMIOS FIN DE CARREIRA 2014. Parabens.  

O pasado mércores 22 de outubro publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde definitiva que concedía o Premio fin de carreira aos alumnos do sistema universitario galego que remataron os seus estudos no ano 2014.

Entre os 77 alumnos premiados, atopamos a dúas alumnas que estudaron no noso centro a ESO máis o Bacharelato ás que queremos felicitar desde aquí.

Trátase de Maruxa Bragado Paz, que recibiu o premio como o mellor expediente na carreira de Xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela:

 maria-bragado.JPG

Verónica Poza Nogueira, que resultou coas mellores notas na titulación deEnxeñería Química Industrial na Universidade de Vigo:

veronica-poza.JPG

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Total… se xa estamos nos ósos… Take it easy ;)

Publicado o 26 Setembro, 2015 na sección Taboleiro Transversal por Alberte Zato
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Acto de entrega dos premios Confemadera no Instituto

Publicado o 22 Xuño, 2015 na sección Lingua e Literatura galegas, Taboleiro Transversal por Xulio Dobarro

O día 18 de xuño, véspera do remate das clases, e nun ambiente de certo nerviosismo polo momento en que coincidiu coa celebración dalgunhas probas finais, entregáronse os galardóns que, resultaron gañadores no concurso “O monte é a nosa vida,axúdanos a coidalo” convocados pola asociación Confemadera-hábitat

.premio-confemadera.jpg

Os premiados, entre eles Raquel e Olimpio, cos diplomas e autoridades

Unha das razóns pola cal o centro foi escollido para tal evento foi que un dos traballos presentado a concurso polo Ies do Castro foi premiado na categoría de traballo colectivo na modalidade de fotografía. O resto dos galardóns recolléronos alumnos de diferentes centros de Galicia (Ferrol, Guntín, Coristanco e Vigo), e ditos premios foron entregados polo Xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, o Presidente da comunidade  de montes en man común de San Salvador de Coruxo, Antonio Ocampo,e o Presidente da asociación convocante, Elier Ojea.

andaina.JPG

Unha das andainas por Fragoselo entre coníferas e caducifolias

O traballo premiado, aínda que foi o alumnado de 2º da ESO-A o que dun xeito máis directo participou do acontecemento e se responsabilizou de ordenar todo o material, e foron eles os encargados de recibir o cheque por valor de 300 € do primeiro galardón  e o diploma, en realidade o premio o que vén é a recoñecer o traballo realizado ao longo destes últimos  anos polo profesorado e alumnado  en colaboración coa Comunidade de montes de Coruxo-Fragoselo.

img_5682.JPG

O duro traballo dará os seus froitos

O concurso, que anualmente convoca dita asociación de empresas da madeira e que ten uns materiais didácticos moi interesantes na súa páxina web para traballar co alumnado, xira arredor da importancia que debemos darlle aos montes en Galicia e poñer en valor o patrimonio material e inmaterial que podemos obter da súa promoción.Neste sentido, as actividades realizadas,tanto na contorna do centro, o monte do Castro, como na periferia, Beade (magosto) e, sen dúbida, en Fragoselo, son dous exemplos claros nesta liña de actuación. Por iso participamos no concurso e animamos a facelo en convocatorias posteriores.

img_6394.JPG

Os de 1º da ESO, este curso 2014-15, colleron a testemuña

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Xornada etnográfica e de lecer para o 1º ciclo da Eso

Publicado o 26 Maio, 2015 na sección Taboleiro Transversal por Xulio Dobarro

O curso para algúns xa está resolto e, para outros a piques de rematar; as actividades amontóanse, pero isto  non é  motivo  para renunciar a elas; máis ben diriamos que axudan a calmar as tensións acumuladas pola fin de curso e o tempo de verán. Con tal motivo, o luns, vinte e cinco de maio, o Instituto organizou unha actividade ao aire libre para todo o alumnado  do 1º ciclo, uns en dirección a Baiona e outros ao Rosal.

muino.jpeg

No interior do muíño

O punto de máximo interese está nos coñecidos popularmente como muíños do Folón e do Picón, no concello do Rosal. Este conxunto de construcións, que seguen, practicamente, o mesmo patrón arquitectónico: catro paredes, unha porta, un pequeno ventanuxo e unha soa vertente de augas máis unha pequena presa de auga, é todo un exemplo do esplendor que acadou en séculos pasados o aproveitamento de cereais como o millo, trigo, centeo ou cebada neste concello. En palabras do propio guía viría a ser algo así como o que hoxe coñecemos por un  polígono industrial.

Na actualidade os muiñós están parados, a non ser un deles que é empregado como centro de interpretación desta anterga actividade: a de muiñeiro. Disque nestes muíños e outros de Galicia tería nacido o ritmo da Muiñeira, quizais debido ao son  que emite a moa  ou a imaxinación dos protagonistas que tantas horas pasaban, sós ou acompañados, e que eran lugar de encontros semiclandestinos dalgunhas parellas que non tiñan outro lugares máis axeitados para atoparse.

montse.jpeg

Ascenso polos muíños do Folón

O interior deste muíño conserva todos os elementos necesarios para facer unha demostración de como a forza motriz da auga permite que se mova a moa e por rozamento se obteña a fariña. Algunha que outra curiosidade como o dispositivo que impedía que as pedras se degradasen pola falta de gran, ou que esta é a maior concentración de muíños de toda Galicia en fervenza para aproveitar a auga que vén dos montes de San Miguel de Oia. Por certo, os efectos devastadores do lume de hai dous anos aínda mostran a faciana máis lúgubre de semellante atrocidade.Só algunha que outra sobreira conseguiu sobrevivir e recuperar parte do verde natural.

Despois da lección de moenda, iniciábase o ascenso pola parte do Folón, non sen dificultades para moitos dos participantes, porque a encosta é abondo pronunciada ata chegar a unha pequena chaira para repoñer forzas á sombra dalgunha das poucas árbores que se conservaron. O carreiro sobre pegado á ringleira de muíños e, como non podía ser doutro xeito escoitando o batuxar da auga que aínda nestes días baixa con bastante forza.

descanso.jpeg

Descanso á sombra dalgunhas sobreiras

Desde o alto do monte, e agora moi visible desde que ardeu toda a vexetación, dirixímonos ata o lago Azul, formado nunha pequena aba do monte mirando cara ao monte Aloia, todo un exemplo de fervenza e lagoa natural de augas transparentes que en día tan caloroso invitan a refrescarse.

O descenso pola parte do Picón non é nada doado, porque os carreiros seguen sendo moi irregulares e os que non estamos moi acostumados a estas xeiras resentímonos un pouco.Dicir, unicamente, que a disposición dos muíños tamén é en cascada e que incorporan algún elemento arquitectónico novo: un alboio ou pequeno espazo anexo ao muíño que serviría para protexer as persoas e os animais en días de temporal ou mesmo como fogar do muiñeiro.

lago-azul.jpeg

Segundo o guía, disque lle chaman o lago Azul

Despedímonos do Rosal, cerne da horta galega polo seu clima tan benigno, e encamiñámonos de cara á Guarda para ascender ata o Trega. Desde o alto do monte, en día tan claro e de tanta calor, a paisaxe resulta conmovedora: por unha banda o pai Miño e, pola outra, o ancho océano Atlántico, e, aos nosos pés, as pegadas dos memorables celtas coa multitude de construcións castrexas e outras romanas.

Xa chegou de baño cultural e agora toca desfrutar doutra belez natural ao pé da foz do río Miño: a praia, para ir dando remate á xornada e dirixirse a Vigo.

ibra.jpeg

Descenso pola parte do Picón

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Do Ies do castro a Castromao-Celanova-Ourense

Publicado o 10 Maio, 2015 na sección Taboleiro Transversal por Xulio Dobarro

 A visita a Celanova e á cidade de Ourense do alumnado de 3º da Eso véñen a cumprir cunha tradición e un compromiso adquirido desde hai tempo con esa vila e esa cidade.O que naceu xa hai moitos anos co título que figura enriba e que incluía un percorrido desde a Baixa Limia ata Celanova, despois de ter pasado polo encoro das Conchas e a visita ás escavacións do campamento romano de Aquis querquernis, tense alterado por novas ofertas na vila dos poetas: Celanova. Será por aquilo que xa nos advertira o poeta C. Emilio

Alma da terra

Lonxana Celanova vinculeira,

torre ebúrnea da miña mocedade,

cando te lembro sai da súa toqueira

coma un furón de soños, a saudade.(Caracas, 1971)

img_20150507_104534.jpeg

                                                                                                                                                        Recepción no claustro barroco

As razóns son obvias. Por un lado, Celanova reúne os suficientes elementos de interese histórico e literario como para ser tida en conta nunha actividade extraescolar deste alcance, e, por outro, a capital da provincia, como cabeceira do turismo termal, axuda a completar unha xornada na que se complementan a curiosidade cultural co lecer, sen menosprezar a importancia da Baixa Limia polo que representa desde o punto de vista natural (Parque natural do Xurés) e histórico (Santa Comba de Bande), vía romana nº XVIII(Bracara-Augusta), etc. A xornada non dá máis de si.

img_20150507_105534.jpeg

Interior da capela de San Miguel

Pois ben, o día foi o 7 de maio, porque así nos foi adxudicado pola organización, desde o momento en que na visita tamén se inclúe un concerto didáctico, aproveitando que a igrexa de Celanova acolle entre as súas paredes, no coro alto, un dos órganos máis antigos de Galicia e que se leva a cabo en colaboración co conservatorio superior de música de Ourense.

A xornada organízase formando dous grupos para que cada un deles poida aproveitar o mellor posible as diferentes fases da actividade. De tal maneira que unha vez concentrados na praza maior da vila, un dos grupos diríxese á Casa dos poetas-Curros Enríquez e o outro ao mosteiro de San Salvador.Non foi posible visitar a Biblioteca do Instituto Celso E. Ferreiro,espectacular, porque conserva parte da estrutura do que no seu tempo foi para uso dos monxes, porque naquel momento estaban en clase, e só se puido ver unha pequena mostra do claustro do Poleiro, premio Europa Nostra de restauración hai moitos anos, cando se adaptaron as instalacións do mosteiro ás necesidades dun centro de ensino.

img_20150507_112421.jpeg

Concerto didáctico

O grupo que entrou en primeiro lugar ao mosteiro inicia o percorrido cunha introdución histórica ao recinto e que pon de manifesto a grandeza do mosteiro no seu tempo e o que aínda hoxe segue a ser o centro neurálxico da comarca, xa que este acolle todos os servizos administrativos do concello, o instituto, rectoral, etc. Pero, quizais, de entre todo destaque o que está escondido na horta, a capela de San Miguel, levantada no ano 943, como lugar de oración, -de aí tan pequenas dimensións- e que é un exemplo singular da arte mozárabe en Galicia.

No interior da igrexa chama a atención un extraordinario retábulo e a cúpula da mesma . Omitíronse nesta ocasión certos detalles relacionados co coro baixo, a sacristía e reliquias que conserva a igrexa, porque, como é sabido, aínda nestes días e despois de ter transcorrido máis de un mes do asasinato do crego de Vilanova, don Adolfo, debiamos participar na gravación dun breve recitado do poema da Virxe do cristal, lenda que recollera o poeta M. Curros Enríquez, e que formará parte dun traballo audiovisual en homenaxe a esa persoa que tantas veces se brindou a mostrarnos a imaxe da virxe a todos aqueles que en veces anteriores tivemos a oportunidade de tela nas nosas mans.

Pouquiño a pouco os ollos fóronselle pechando,

doíñas acendidas na lus dun puro amor,

i á Virxen entre dentes unha oración rezando,

quedouse adormecida nun sono encantador.

 

Estonces, unha Señora

toda de lus rodeada,

de estreliñas coroada

que como diamantes son,

cun mantelo na cabeza

de pano negro, moi lindo,

caladamente, surrindo,

entrou pola habitación.

 

Nunca se víu neste mundo

máis feiticeira criatura,

nin pra tan grande hermosura

comparación pode haber:

por ollos ten dous luceiros,

por dentes pelras dos mares,

por greñas raios solares,

                          por risa… un amañecer. (Recitado por Yago Radziunas) 

 

 

img_20150507_134656.jpeg

Torre da homenaxe.Vilanova dos Infantes

 

Co bulicio na praza maior, entre verzas, repolos, ceboliño, árbores de distintas especies e olor a polbo, -é día de mercado na vila- encamiñámonos á casa de Curros. A reflexión sobre Celanova como vila de poetas queda demostrada con esta visita na que se mostra un breve percorrido biográfico sobre Curros e Celso Emilio, así como o seu digno sucesor, X.L. Méndez Ferrín, que pasea polas rúas da cidade olívica pero con raíces en Vilanova.

 

Sen perder o tempo e para cumprir con parte do ritual, aínda que nesta ocasión sen poder ver a imaxe da Virxe do cristal, si iremos a Vilanova para subir ao que queda do antigo castelo medieval, a torre de homenaxe, e o primeiro que chama a atención é a presenza das forzas da orde, no lugar onde antes nos recibía don Adolfo, e varios lazos de lembranza nas fiestras das casas en sinal de loito e unha grande pancarta no centro da “urbe” pedindo xustiza. Pequeno percorrido polas rúas, moitas, e observación dalgun que outro exemplo de feísmo como a construción dalgunha casa sobre o que foron as murallas de núcleo tan antigo. Extra muros visitamos a adega de San Vivián, un exemplo de enxeñaría soterrada onde se expoñen moitas ferramentas que utilizaban os zapateiros, como localidade moi vencellada á fabricación de calzado que foi Vilanova, e a lenda de que estas covas pudieron ser empregadas como refuxio de xudeus ou fuxidos cando as épocas de represión.

 Con máis fame que ganas de andar, dirixímonos á cidade de Ourense para repoñer forzas e desfrutar dunha xornada de lecer. Á sombra das árbores centenarias da alameda da cidade e a carón das Burgas, por onde E. Blanco Amor fixo transitar os seus esmorgantes, a maioría aproveitou para comer e descansar e de seguido dirixirse ás termas de Outariz para completar a xornada. 

img_20150507_182506.jpeg

Nas termas de Outariz

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Entrega de premios do concurso “A igualdade é posible?!”

Publicado o 26 Marzo, 2015 na sección Consello escolar, Taboleiro Transversal por Xulio Dobarro

 A entrega de premios do concurso convocado polo Consello escolar, que tiña como eslogan “A igualdade é posible”,  e que estaba previsto realizala o día nove de marzo, coincidindo coa celebración do  día Internacional da muller, foi adiada ata o pasado día 19 de marzo, xornada que na Biblioteca se celebraba  o Día da poesía.

De entre as distintas modalidades de concurso convocadas, foron as de relato curto as que tiveron mellor acollida entre o alumnado de ambas etapas. Tanto é así que están representados todos os niveis, desde 1º da ESO ata 2º de Bach., agás o de 2º da ESO. O de ensaio recaeu nunha alumna de 2º de Bacharelato.

Se ben hai que dicir que a participación non ten sido moi alta, a calidade dos traballos é moi aceptable e haberá que seguir traballando a prol de obxectivo tan loable. Como proba do antedito, adxuntamos os relatorios para  que cadaquén os valore e que sirvan de estímulo para futuras accións encamiñadas a superar algunhas eivas dunha sociedade tan “moderna”e á vez en retroceso en canto a discriminación por razóns de xénero, raza, relixión, idioma, condición social, etc.

eva.JPG

Carlos,de 1º de BACH., recibiu  o 1º premio da modalidade de relato curto

                                                                                                                                                                   Carlos Cabrera,1º Bach. 1º premio relato curto

EL DOLOR DE LA EXPERIENCIA

Se despertaba cada mañana con una nueva marca en la cara. El maquillaje que cubría los antiguos moratones estaba corrido. Se miraba al espejo y comenzaba su ritual de siempre, como un mantra que uno repite en su cabeza una y otra vez. El cristal reflejaba el demacrado rostro de un niño de no más de once años. Pero claro, él era un niño, ¿Qué sabría él de la vida? ¿Qué sabe él acerca del dolor, del sufrimiento o acaso del mismo sacrificio? Al menos, eso era lo que su abuelo le decía una y otra vez. Había estado en la guerra, y, según él, había visto y hecho cosas que dejarían al más fuerte de los hombres temblando y llorando en una esquina como un niño perdido buscando a su madre. Un hombre como él pierde el sentido de la razón una vez alcanzada la senectud. Eso sumado a las terribles lagunas que rondaban en su cabeza provocaba que de madrugada terminase miccionando en su alcoba pensando que era el wáter. Sin duda, su mal genio tampoco ayudaba. Descargaba su ira en el pequeño joven inexperto. Al final de cada paliza que el anciano le propinaba, éste obligaba al muchacho a cubrirse la cara cada mañana para que nadie pudiese sospechar de los malos tratos que sufría. Él aseguraba que era por su propio bien, que tras la prematura muerte de sus padres en un accidente el abuelo debía enseñar al chico a conocer lo dura que podía ser la vida.

Era el momento en el que el abuelo dormía cuando podía disfrutar del mundo que le rodeaba. Salía de la habitación con suma precaución para no despertarle. A veces lo encontraba en el sofá con una botella de whisky medio vacía en la mano, y otras, suponía que estaba en su habitación ya que la puerta estaba cerrada.

Una vez fuera, dirigía su mirada, maravillada, hacia arriba. El firmamento le calmaba y le daba esperanza. Un conjunto infinito de estrellas con las que podía divertirse o bien contándolas, o bien buscando siluetas con formas determinadas. Él sabía que a pesar de vivir en una pequeña aldea en mitad de una basta y salvaje selva, tendría la oportunidad de salir a descubrir aquello que fuese lo que le esperaba fuera. Hacía caso omiso a las constantes amenazas de su abuelo, pese a que la mayoría de éstas se cumplían. De esta forma, extasiado por la bellísima luz que desprendían las estrellas, imaginaba un universo de posibilidades.

Lo que más le costaba era regresar a su cuarto (si bien se le puede considerar cuarto a una estancia del tamaño de un hacinado trastero). El duro colchón estaba formado por enormes pelotas de lana y miraguano, lo cual no ayudaba en absoluto a sanar su intenso dolor de riñones.

***

Cuando terminaba de esconder todas las heridas y marcas de su cuerpo, recogía el baño y salía en busca de su abuelo. Quizá lo que menos le gustaba era tener que vérselas con éste, ya que su humor mañanero no auguraba nada bueno. De nuevo le mandaba ir a comprar más maquillaje y alcohol, aunque éste último tenía que robarlo porque estaba prohibida la venta de alcohol a menores.

De los múltiples caminos que había para llegar al mercado, siempre escogía el más largo, de unos siete quilómetros, porque significaba pasar menos tiempo con el viejo. Durante la marcha hacia su destino se distraía observando a los animales que vivían por los alrededores. En cierta manera los envidiaba. Éstos gozaban de una libertad y una seguridad que claramente el chico no poseía. Se imaginaba a sí mismo jugando con ellos y correteando por las hectáreas de vegetación que se extendían más allá de su vista.

No, no, no. No podía permitirse pensar eso, pues si su abuelo descubría lo más mínimo sobre sus divagaciones… Sería algo de lo que se arrepentiría durante años (si es que vivía para contarlo). Intentando desalojar de su mente estas espeluznantes ideas, seguía por su camino como hacía casi todos los días. Pero a cada paso que daba, el chico sabía que algo estaba a punto de cambiar, quizá su suerte, su vida… ¿Quién sabe? Y esa sensación de repente invadió su cuerpo. Una fuerte presencia lo paralizó de pies a cabeza. Tan sólo quedaban unos doscientos metros hasta el mercado, pero sin pensarlo dos veces, dio un brusco giro y decidió regresar sobre sus pasos para volver a la casa. Toda una oleada de imágenes rondaron por su cabeza. Igual, debido a una remota casualidad, sus padres habían regresado para cuidarle, o con un poco de suerte, su abuelo dejaba de maltratarlo como lo había hecho hasta entonces.

Conforme se acercaba a su casa, comenzó a oír sirenas y un jaleo producido por los ruidos de los motores de los coches. Eso sólo significaba una cosa: algo le había pasado a su abuelo. Al llegar a visualizar la casa pudo distinguir el llamativo color de una ambulancia. Pocas veces había visto tantos coches juntos, ya que en aquel pequeño pueblo el medio de transporte más común era o la bicicleta o los propios pies de la persona. Un escalofrío recorrió su cuerpo y decidió acercarse más para ver qué es lo que estaba pasando. Saltó la verja de la casa y vio como tres enfermeros levantaban la camilla en la que sobresalía la silueta de una persona tapada con una manta. En ese mismo instante, un agente de policía se acercó al muchacho y le preguntó qué estaba haciendo allí. Al chico no le salían las palabras, se le secó la boca y vio como todo lo que le rodeaba se volvía negro, muy negro.

***

Cuando abrió los ojos había por lo menos seis personas delante de él. Unas voces comenzaron a surgir y, poco a poco, el chico se fue incorporando para observar mejor la escena.

  • ¿Chico, cómo estás? – preguntó una de las personas que estaban frente a él.

Éste llevaba una bata blanca, por lo que supuso que sería el médico. El resto vestían impecables uniformes de policía.

  • ¿Puedes ver con normalidad? – preguntó de nuevo el médico.

El chico asintió con un leve gesto de cabeza.

Tras una serie de comprobaciones de sus constantes vitales, uno de los agentes se acercó a él y comenzó a hablarle sin ningún preámbulo:

  • Han robado a tu abuelo en su casa. Él estaba allí cuando los ladrones entraron e intentó defenderse, pero estaba borracho, y lo único que consiguió fue recibir tres puñaladas. Su estado es grave, pero se recuperará. Estamos buscando a quienes le han hecho eso. Te lo prometo muchacho, los vamos a encontrar. Tú te desmayaste justo después de que metiésemos a tu abuelo en la ambulancia. Te trajimos aquí en cuanto pudimos. No te va a pasar nada, tranquilo.

Notó como se le formaba un nudo en la garganta, pero a pesar de eso respondió:

  • ¿Puedo ver a mi abuelo?

No sabía por qué había dicho eso, ya que hasta el momento en que perdió la consciencia era lo último que quería hacer por miedo a que el abuelo lo culpase de algo en lo que sin duda él no tuvo nada que ver. Sin embargo el policía le respondió con una sonrisa y una afirmación.

  • Sígueme – le dijo.

Atravesaron la sala en la que había estado el chico y se detuvieron junto al médico para pedirle permiso e ir a ver al abuelo. Una vez les dejó pasar, pudo ver a su abuelo tumbado en una cama y enchufado a una máquina que nunca antes había visto. El agente dejó a solas a los dos y cerró la puerta. El chico se acercó hasta quedar tan sólo a unos centímetros de su cara. De repente, su abuelo abrió los ojos y se dibujó una especie de sonrisa en su rostro. Esa era una expresión desconocida y extraña para el muchacho. Nunca le había sonreído.

  • La he visto – soltó con un hilo de voz – A tu madre. Me ha dicho algunas cosas.

Acto seguido de sus ojos brotó una lágrima que no pudo contener.

  • Me ha pedido… - le temblaba la voz – Me ha dicho que tú eras un regalo al que debía cuidar cuando ella no estuviese. ¿Qué raro no? Nunca pensé que yo fuese a vivir más que ella. Cuando tu madre murió, todo mi mundo se vino abajo. Mi única hija. Sólo quedabas tú, y cuando te dejaron bajo mi custodia me recordaste a tu padre. Nunca me cayó bien, ¿Sabes? Entonces comencé a sentir un profundo odio hacia ti. Pensé que serías como él, arrogante y estúpido. Y eso me nubló la mente. Creí que si conseguía educarte podría evitar que fueses como él. No me odiaba a mí mismo por lo que te hacía, ya que pensaba que te ayudaba. Ahora lo comprendo. Jamás has actuado como él, sino que has heredado el carácter afable y cariñoso de tu madre. Lo veo en tus ojos. Ella me lo ha hecho ver.

Las lágrimas caían a borbotones sobre sus sonrojadas mejillas.

 

  • Por eso te ruego que me perdones. Sé que será casi imposible olvidar lo que este vejestorio te ha hecho. Y desde que veo la verdad me doy cada vez más asco. Al menos me gustaría que lo entendieses. Creo que puedo cambiar y ser mejor, y me gustaría que tú me ayudases a lograrlo. Si me concedieses una nueva oportunidad…

Ya no le salían las palabras. Las lágrimas le habían entrado en la boca y empezó a temblar.

El chico no dijo nada, tan solo se acercó a él, le rodeó con sus brazos y hundió la cabeza en el pecho de su abuelo. Juntos, y con la nueva promesa de su abuelo emprenderían un camino nuevo lleno de lecciones buenas en las que los dos participarían para sacar lo mejor del otro.

  • Yo también la he visto – le susurró el chico al oído.

Y juntos observaron cómo el sol se ponía en el horizonte.

 

lara-1.jpg

Lara Luaces Rodríguez, sen perder o sorriso, de 2º BACH.,  1º premio de ensaio

A IGUALDADE É POSIBLE?! REFLEXIÓN. LARA LUACES RODRÍGUEZ. 2º BACH.

1ºPREMIO NA MODALIDADE DE ENSAIO

É difícil decatarse do que está pasando. Eu admítoo. Para min, a igualdade é algo normal. Palabras como machismo, racismo, ou incluso homofobia, non existen no meu vocabulario. E teño sorte. Non obstante, a miña privilexiada situación obrígame a intentar pórme na situación dos demais. Que pensarán? Por que farán o que farán?

Parece moi doado loitar polos teus ideais, cando nunca nos atopamos nunha situación perigosa. E non me refiro á violencia ou á morte. Creo certamente que é máis perigoso cando atentan contra a túa integridade, contra a túa ideoloxía. Sen principios, non somos nada. Nin eu, nin o africano que se esconde, nin o agresor que colga o vídeo na rede.

Aínda así, semella que con cada paso que avanza a humanidade, a fraternidade retrocede dez. A base biolóxica é un recurso moi utilizado: todos os seres humanos somos iguais. Pero ten que haber algo máis. Quizais o feito de que todos sexamos distintos, é o que nos fai máis semellantes.

Moitas veces só se alude ás cifras: tantos mortos, tantos suicidios, tantos inmigrantes. Pero, de verdade é iso o máis importante? Houbo un tempo no que a filosofía era a única ciencia posible, a única forma de coñecer a realidade. Agora internet proporciónanos os datos, as fórmulas…pero non nos pode dar a capacidade de comprender. Quen ten que se esforzar es ti, ti es quen ten que facer o imposible para lograr o posible. E como dicía Kant, atrévete, atrévete a saber o que pasa ao teu redor. Só entonces poderemos tentar entender o que ocorre.

Para que mentir, a desigualdade non é algo que me inquiete cada mañá ao espertar. Pero sei que está aí, que existe, e que entorpece a nosa convivencia. Iso non implica que sexa algo que me dea igual; máis ben ao contrario. O meu cerebro pasa por dúas fases: unha de incomprensión, e outra de indignación. Incomprensión, xa que non alcanzo a entender como a discriminación pode parecer, a ollos de alguén, unha práctica correcta. E indignación, porque por moito que me pese, non podo facer nada para remedialo. Nin no presente, nin no futuro.

Metaforicamente falando, un mundo sen desigualdade sería como una función que tende a infinito. Infinito non é un número, así como a igualdade non é unha posible realidade. A función, como o mundo, como nós, achegámonos moi próximos a ese valor, pero nunca chegamos a alcanzalo.

Pouco a pouco decátome de que este mundo me vai convertendo en escéptico. A busca da verdade, da liberdade, da paz, é algo imposible, non existe tal cousa. E demóstranmo cada día as noticias. Pero non só iso, senón que se estás atento, se es capaz de abstraerte do teu propio mundo, podes ver que a desigualdade, en realidade, está en todas partes. Non reside nunha pelexa, ou nun asasinato. Reside nas palabras, nos berros, nos insultos. A medida que medro, dóenme máis as palabras, e menos os actos.

Así é todo, voume construíndo nunha sociedade na que se despreza a educación. Non só a educación impartida nos institutos e universidades, senón máis ben a educación que se transmite de pais a fillos. Desta forma, xérase un bucle infinito no que a educación, como a desigualdade, pasan a un segundo plano.

E se nos quitan a educación, e, por conseguinte a capacidade para reflexionar, xa non nos queda nada. Rien de rien. Por quedar, xa non nos quedan nin palabras. E asegúrovolo, hai moita más violencia e desacougo nun silencio.

lara.JPG

Eva Salvado, segundo curso  da ESO, rezuma ledicia polo seu éxito

1º PREMIO RELATO CURTO, 1º CICLO DA ESO. EVA SALVADO

SAMI

Supoño que desde que viñen son máis feliz. Debo supoñer. As expectativas sobre a miña nova vida eran completamente diferentes da dura realidade. Da realidade de chorar cada mañá, ao espertar, de sentir que estou só, de escoitar as palabras ocas do orientador, de non saber por que as cousas teñen que ser así nesta hipotética nova e mellorada sociedade.

De camiño á escola vou só. Doulles patadas ás pequenas pedras e pregúntome se elas poderán sentir o que eu. Se eu serei o causante dos seus pesadelos. Pero recórdome que as pedras non teñen vida.

As portas da escola semellan unhas grandes maxilas preparadas para devorarme, e síntome pequeno; demasiado pequeno para tanta xente. Para tantas miradas furándome as costas, tantos silenciosos comentarios despectivos, curiosamente sonoros; para eses beizos crispados cara abaixo.

-Sami –escoito. Ladeo a cabeza para ver quen me chama e vexo a Thomas, que se aproxima cun desagradable xesto.

-Creo que che caeron os libros- di, arrastrando as palabras.

-Que…?

Non me dá tempo a reaccionar. Os libros caen con estrondo sobre o chan, e ás miñas costas escóitanse as gargalladas de Thomas e os seus compañeiros.

Nunca entenderei onde lle ven a graza. A min non me divirte pegarlle ás pedras. Cerro as mans con forza para conter a rabia e recollo os libros con coidado. Outro empurrón faime perder o equilibrio e caio sen remedio sobre o cemento. Sinto o cóbado dolorido e un sabor metálico na lingua.

Xa, xa basta. Levántome de novo con orgullo, collo os libros e entro na escola todo o rápido que podo sen correr. Non quero parecer asustado.

É realmente curioso escoitar ao orientador do centro. O seu ton de voz sosegado, os seus xestos lentos, esa mirada tan súa por riba das lentes. Todo iso debería facerme sentir seguro e tranquilo, pero só consegue poñerme nervioso. É coma se el non puidese sentir o que eu, coma se el nuca o pasara mal. Así que nas sesións co orientador limitábame a deixar que as súas palabras se afundisen nalgún lugar do meu cerebro.

-Escóitasme, Sami?

-Eu… Si, isto…

O orientador chascou a lingua con reprobación. Alzou a vista por riba das lentes e dixo, cun ton serio:

-Non sei que podo facer contigo –notábase cansazo na súa voz-, non atendes, e logo non tes a intención de solucionar o teu problema?

Resoplei.

-É só que penso que vostede non pode axudarme, señor.

Levanteime e abandonei a aula, deixando pampo ao home impertérrito.

Ao voltar á escola ao día seguinte, despois de reflexionar sobre a miña sorprendente reacción ante o orientador; cheguei a unha conclusión. Se podía sorprender e impoñerme a un adulto, podería impoñerme a un neno. Ao fin e ao cabo, os nenos só somos o rastro que deixa tras de si un adulto, non si? Se era capaz de derrotar á besta, podería derrotar a súa sombra.

O único problema era que estaba equivocado, pois os nenos non son o rastro dos adultos, senón o seu reflexo. Un reflexo franco, simple, e en ocasións esaxerado.

Pero se o que levaba feito ata aquel momento non funcionaba; debería probar algo novo.

Collín asento na aula. As habituais risas despectivas soaban ao meu redor.

Dixen, en voz bastante alta:

-Non encontro a graza… Por que vos rides?

Thomas sorriu con suficiencia.

-Este rapaz está tonto, ou que? –o comentario fixo aumentar a instensidade das risas.

Respirei fondo.

-Vaia, é que non o comprendo. Cal é o motivo? –insistín.

Thomas quedou descolocado. Non sabía que responder, non esperaba que Sami, o neno calado, o neno novo, o neno negro do colexio británico, o raro; fose capaz de defenderse.

Sempre recordarei a súa expresión, cos beizos separados, os ollos ben abertos e unha cella lixeiramente enarcada.

O profesor de matemáticas irrompeu na aula e non foi necesario que pedise silencio. Toda a clase estaba muda, sorprendida. Eran un grupo débil, e eu un neno forte.

Vencera. O máis bonito de todo, foi coñecer a nova xente, xente que non era como Thomas, amigos.

Debo recoñecer que ás veces os beizos cúrvanseme cara arriba cando recordo o momento en que deixei de ser ‘o neno negro’ e comencei a ser Sami.

carolina-1.JPG

Carolina Vallejo Bay,no centro,arroupada polos colegas, 1º premio relato curto, 2º ciclo da ESO

1º PREMIO NA MODALIDADE DE RELATO CURTO.CAROLINA VALLEJO VAY.3º ESO 

AS CORES 

Algunha vez houbo un lugar. Era grande, magnífico e fermoso. Era azul e branco e marrón e verde. Negro, branco e amarelo. Pero estas últimas non eran as cores deste mundo. Eran as cores dos seus habitantes.

Existían regras respecto a iso. Todos eran o que se lles dixera que foran. Ninguén era nada máis. Existían dictados para os brancos, así como para os negros e os amarelos.

As súas cores definíanos e os nomes das súas cores limitábanos. Pero non, non era un mundo de cores. Un mundo de cores xamais albergaría tanta dor. Torturaran as cores de tal maneira que as obrigaran a confesar significados que non tiñan. Por suposto que, eran cores pero xa ninguén as recoñecía.

E a pregunta é : por que tanta algarabía se despois de todo as cores só son a maneira en que a luz se ve reflectida na superficie?

Se, agora que todo se apagou, agora que non hai esperanza por ningunha parte, agora que a luz non ten superficie na que verse reflectida, xa non existen as cores. Agora que? Agora que importan as cores?

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

O alumnado de 1º da ESO inmerso na natureza e na literatura

Publicado o 15 Marzo, 2015 na sección Lingua e Literatura galegas, Taboleiro Transversal por Xulio Dobarro

 En días pasados, o vinte e cinco de febreiro, a asociación de empresarios da madeira de Galicia, CONFEMADERA-HABITAT, presentoulle ao alumnado de 1º da ESO a importancia dos montes en Galicia e, en particular, na contorna da cidade de Vigo. O motivo desta presentación é poñer en valor os montes como patrimonio material e inmaterial e sensibilizar aos xoves sobre a súa importancia ambiental, social e económica. O programa que leva a cabo dita asociación inclúe charlas informativas nos centros e a difusión dun concurso de temática e soporte variado baixo o eslogan “O MONTE É A NOSA VIDA” , “axúdanos a coidalo”. Dicir tamén que contan con materiais didácticos na súa páxina web para uso e difusión entre o alumnado.

A actividade enmárcase dentro do proxecto, xa habitual, de que este alumnado realice unha inmersión nunha das comunidades de montes veciñais en man común dos montes periurbanos da cidade. En particular, trátase de que o alumnado durante unha xornada se traslade ao monte de Fragoselo e sexa protagonista de varias accións: andaina que inclúe unha reflexión sobre o coñecemento e diversidade de especies autóctonas e alóctonas,flora e fauna,  caducifolias e coníferas, recuperación de espazos protexidos fronte á invasión de eucaliptos, piñeiros, etc; visita a unha planta de biomasa onde se acumulan e transforman os restos de podas e talas que acumulan toneladas de residuos, para finalmente participar nunha plantación de árbores de distintas especies. Todo isto en colaboración coa Comunidade de montes veciñais en man común de San Salvador de Coruxo, que nos facilita o personal de apoio, as plantas e as ferramentas necesarias para levalo a cabo.

confemadera.jpg

O alumnado escoita as virtudes dos montes

Seguindo con máis actividades complementarias; nesta ocasión tocoulle á literatura. O día seis de marzo, o escritor Marcos Calveiro, coa mediación da editorial Xerias, presentoulle ao alumnado de 1º da ESO a obra “Palabras de auga”, lectura recomendada para este nivel. O autor, aínda que nado en Vilagarcía, leva vencellado á cidade de Vigo practicamente toda a súa vida e, como é sabido, leva sendo recoñecida a súa carreira literaria con varios premios (Barco de vapor, Merlín, Lazarillo..).

O que fixo o autor foi explicar a xénese da súa produción literaria e o proceso de creación de Palabras de auga. Neste caso di que a idea partiu dunha foto que nunha reportaxe recollía as mulleres africanas aproveitando os restos dos termiteiros para logo darlles de comer á familia e con tal motivo aproveitar para denunciar a pobreza que sofren parte das persoas do continente africano e, moi especialmente, os “nenos soldados” ou explotados de maneira inhumana para a obtención de materias primas tan importantes para as novas tecnoloxías como o coltán, por iso se di que os móbiles , por exemplo,están  manchados con sangue inocente.

marcos-calveiro.jpg

M. Calveiro ilustra con imaxes de África a presentación

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Para vermos mellor

Publicado o 26 Febreiro, 2015 na sección Taboleiro Transversal, Biblioteca por Xulio Dobarro

O próximo 8 de marzo celébrase “O día da muller traballadora” e, con tal motivo, desde a Biblioteca, queremos contribuír a superar algunhas actitudes que non contribúen precisamente a mellorar a imaxe da muller, en xeral, e da muller traballadora, en particular. Porque a tan codiciada busca da igualdade entre sexos,aínda que se teñen dado pasos de xigante, segue a haber  un amplo sector da sociedade que non acaba de incorporarse á nova situación.

9788498653359.gif

O diario violeta de Carlota. Un día, Carlota recibe da súa avoa a encomenda de observar o mundo cunhas lentes de cor violeta, é dicir, dende unha óptica feminista e igualitaria. Axiña vai entender, e nós con ela, que hai moitísima situacións do noso día a día que tomamos como normais…(Versión en galego da editorial Galaxia)

Tanto é así que, hai poucos días o Ministerio de sanidad facía públicos uns datos que advertían do rebrote de actitudes machistas entre os xoves e que era preciso non  baixar a garda senón que o que ían facer é levar a cabo unha campaña para frear entre os adolescentes esas condutas machistas.Nesta nova situación ten moito que ver a incorporación, cada vez máis temperá dos xoves ás novas tecnoloxías, actuando estas como ferramentas de control e de involución social. As cifras son contundentes: o 95 % dos adolescentes din estar conectados diariamente a internet; o 25 % das rapazas recoñecen ter sufrido control a través do  teléfono móbil,e o 70 % das encuestadas din que perdoarían unha bofetada do seu mozo. Para combater estes comportamentos, algúns centros a través dos clubs de lectura ou como tema transversal teñen abordado a complexidade da igualdade de xéneros.

O noso gran de area a esta liña educativa de coeducación(educar as persoas á marxe de todos os roles que nos impón a sociedade, favorecendo un cambio na cultura do centro e tendo como obxectivo que se trate por igual o alumnado, evitar o sexismo e mostrar a aportación da muller ao desenvolvemento do mundo) vén da man de obras que nos últimos anos serviron de reflexión e de reacción a comportamentos aparentemente inocentes pero que no fondo conteñen unha forte carga discriminatoria, e que pasarían desapercibidos de non ser por voces que coa súa pluma ou a súa actitude son exemplos a seguir.

Hai poucos días o CSIC (Consejo  superior de investigaciones científicas), se xa non era abondo evidente, publica unha investigación na que se quere demostrar que os neandertais, como os sapiens, hai 49000 anos xa dividían o traballo por sexos. Este dato vén a poñer de manifesto que o que temos na actualidade é un proceso longo e complexo e que determinadas sociedades teñen avanzado ou reducido a discriminación e outras seguen a mantela de maneira totalmente indiscriminada.

No ámbito escolar é ben coñecido o cambio experimentado nas últimas décadas en favor dos centros de carácter mixto, pero logo, de portas a dentro, a realidade é que hai comportamentos que non son de todo igualitarios: na aula non hai dúbida, ou ao menos procúranse corrixir, pero, no patio, os xogos están moi condicionados polo xénero;  o acoso escolar maniféstase habitualmente en detrimento da muller e non digamos os casos de homofobia e violencia verbal.

En fin que, a realidade é moi teimosa e, do mesmo xeito que o trobador compostelán do seculo XIII, Airas Nunes, dicía que fora  por moitos lugares onde se supoñía que tiña que reinar a verdade, e que non conseguiu  atopala, tamén parece que a IGUALDADE estase a converter nunha utopía.

De calquera maneira, propoñemos unha serie de lecturas para abrirmos os ollos e contribuír coa nosa pequena aportación a esta tarefa.

GEMMA LIENAS leva moitos anos traballando  a prol da igualdade das mulleres e son varios os títulos nos que aborda temas que teñen como protagonista principal a unha adolescente que a través das súas gafas de cor violeta se plantexa moitos interrogantes que teñen que ver co papel da muller na sociedade española ou de mulleres inmigrantes. Tanto é así que nos seus libros incorpora un vocabulario específico que vai desde o que é a ablación ata a violencia de xénero,os diferentes tipos de drogas, etc..Os libros son os que seguen e estarán a disposición de todas as persoas interesadas na Biblioteca.

descarga.jpgimages.jpeg

Neste novo diario , Carlota plantéase o tema dos dereitos humanos e a inmigración. Así, coa axuda e experiencia dalgúns compañeiros de clase de orixes distintas, decide escribir sobre iso.

descarga-1.jpeg

El diario rojo de Carlota non é xactamente un diario, nin tampouco unha novela. Carlota coñece ao famoso detective Flanagan , intima con el,establece relacións sentimentais , practica o sexo e nos conta paso a paso. O diario convértese así nun auténtico manual de sexualidade. Se es rapaza disfrutarás coa historia e descubrirás aspetos fundamentais sobre a túa propia sexualidade. Se es rapaz, axudarache a antender como é a sexualidade feminina.

descarga-2.jpeg

El diario azul de Carlota.Algunha vez tiveches un noivo que te controle demasiado, que se enfade se saes coas amigas,que  che envíe máis de vinte e cinco mensaxes ao móbil durante o recreo e se poña celoso se falas cos rapaces da túa clase? Tiveches algún amigo, que sen dicirche nada, sufriu algunha forma de violencia, xa sexa física ou psicolóxica, no instituto?Coñeces algún rapaz ou rapaza vítima de violencia na súa casa? Carlota escribe este diario que tamén fala de violencia escolar e violencia infantil.

descarga-5.jpeg

El diario amarillo de Carlota. Carlota adéntrase no complexo mundo das drogas, convencida como sempre, de que só cando dispós de información pode realmente decidir

descarga-4.jpeg

Monstruo de ojos verdes. Novela realista ambienta nos EEUU con toques de misterio, que mostra a ruptura dunha familia  por culpa dos malos tratos.

descarga-3.jpeg

El diario rojo de Flanagan.  É a versión masculina do diario vermello de Carlota. Quen o lea descubrirá as primeiras experiencias sexuais  deste detective e superará algúns tabús realacionados coa sexualidade.

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo