Acto de entrega dos premios Confemadera no Instituto

Publicado o 22 Xuño, 2015 na sección Lingua e Literatura galegas, Taboleiro Transversal por Xulio Dobarro

O día 18 de xuño, véspera do remate das clases, e nun ambiente de certo nerviosismo polo momento en que coincidiu coa celebración dalgunhas probas finais, entregáronse os galardóns que, resultaron gañadores no concurso “O monte é a nosa vida,axúdanos a coidalo” convocados pola asociación Confemadera-hábitat

.premio-confemadera.jpg

Os premiados, entre eles Raquel e Olimpio, cos diplomas e autoridades

Unha das razóns pola cal o centro foi escollido para tal evento foi que un dos traballos presentado a concurso polo Ies do Castro foi premiado na categoría de traballo colectivo na modalidade de fotografía. O resto dos galardóns recolléronos alumnos de diferentes centros de Galicia (Ferrol, Guntín, Coristanco e Vigo), e ditos premios foron entregados polo Xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, o Presidente da comunidade  de montes en man común de San Salvador de Coruxo, Antonio Ocampo,e o Presidente da asociación convocante, Elier Ojea.

andaina.JPG

Unha das andainas por Fragoselo entre coníferas e caducifolias

O traballo premiado, aínda que foi o alumnado de 2º da ESO-A o que dun xeito máis directo participou do acontecemento e se responsabilizou de ordenar todo o material, e foron eles os encargados de recibir o cheque por valor de 300 € do primeiro galardón  e o diploma, en realidade o premio o que vén é a recoñecer o traballo realizado ao longo destes últimos  anos polo profesorado e alumnado  en colaboración coa Comunidade de montes de Coruxo-Fragoselo.

img_5682.JPG

O duro traballo dará os seus froitos

O concurso, que anualmente convoca dita asociación de empresas da madeira e que ten uns materiais didácticos moi interesantes na súa páxina web para traballar co alumnado, xira arredor da importancia que debemos darlle aos montes en Galicia e poñer en valor o patrimonio material e inmaterial que podemos obter da súa promoción.Neste sentido, as actividades realizadas,tanto na contorna do centro, o monte do Castro, como na periferia, Beade (magosto) e, sen dúbida, en Fragoselo, son dous exemplos claros nesta liña de actuación. Por iso participamos no concurso e animamos a facelo en convocatorias posteriores.

img_6394.JPG

Os de 1º da ESO, este curso 2014-15, colleron a testemuña

Related Posts with Thumbnails

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo