As Actividades CAS (Creatividade, Acción e Servizo)

SÍNTESE DA PROGRAMACIÓN
O IB ten como meta a formación integral do alumnado. As actividades CAS conforman unha parte clave neste proceso, complementando o contido académico, abrindo vías positivas para unha cidadanía responsable e solidaria e fomentando o desenvolvemento creativo, físico e social do alumnado a partir das súas experiencias de traballo cooperativo.
As actividades irán dirixidas a potenciar os seguintes aspectos:
(Ler o resto do artigo »)
Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo
Respostando dúbidas sobre o Bacharelato Internacional (BI)

Co obxecto de respostar e clarificar algunhas dúbidas sobre o Programa do Diploma do Bacharelato Internacional que o IES do Castro vai desenrolar a partires do próximo curso 2008-2009 publícase unha páxina FAQ (Frequently Asked Questions) sobre o mesmo:
Clique aquí
Se é vostede usuario rexistrado deste sitio web pode deixar a súa dúbida ou comentario de seguido. Será respostado a maior brevidade posible.
Imprimir este Artigo
Presentación do Programa do Diploma do BI
Coa presencia da Conselleira de Educación, a Conselleira de Pesca, a Directora Xeral de Ordenación, Vicereitor da Universidade de Vigo,o Delegado Provincial de Educación, a Concelleira de Educación de Vigo, Inspección, Directores de Institutos da Cidade, membros do equipo directivo , profesorado e alumnado do Instituto celebrouse o acto de presentación do Programa do Diploma do Bacharelato Internacional.
Tras a visita ás dependencias do centro, as dúas Conselleiras asinaron o Convenio polo que a Consellería de Pesca financiará as obras de mellora do Instituto. O Director do centro agradeceu a colaboración de tódalas institucións, claustro, personal e alumnado do centro. A Conselleira de Pesca salientou que ambalas Consellerias fixeron da necesidade duns estudios axeitados para os fillos dos funcionarios da Axencia de Pesca, unha oportunidade para mellorar a oferta educativo dun centro público. Finalizou o acto a Conselleira de Educación quen sinalou a importancia de contar co segundo centro publico galego donde se vai desenvolver o programa do Diploma.



A noticia na Prensa: Faro de Vigo, La Voz de Galicia
Imprimir este Artigo
Visita da Delegación do Bacharelato Internacional
Os pasados dias 5 e 6 visitaron o noso instituto Nélida Antuña, David Newsam e Jesus Rubal membros da delegación da Organización do Bacharelato Internacional. Mantiveron reunións co profesorado, pais e nais, alumnado e autoridades educativas e locais. Tras estes dous dias de estancia elaboraron un informe que servirá para que a Dirección Rexional do IB resolva autorización para a impartición do Programa do Diploma. A comunicación farase nun prazo de entre tres e seis semáns.

Imprimir este Artigo
Visita da delegación do BI
Temos data para a visita de autorización que vai realizar unha delegación da organización do Bacharelato Internacional. Será os dias 5 e 6 de marzo de 2008.
O obxecto da visita é comprobar se se dan tódalas condicións para impartir o Programa do Diploma a partir de setembro de 2008. Unha vez realizada a Dirección General da organización procederá a decidir sobre a autorización.
Imprimir este Artigo
Bachillerato Internacional: El IES do Castro adquiere el estatus de colegio solicitante
El IES do Castro ha adquirido el estatus de colegio solicitante* para ofrecer el Programa del Diploma. Este centro desea obtener autorización para ser un Colegio del Mundo del Bachillerato Internacional. Estos colegios comparten una filosofía común: un compromiso con una educación internacional rigurosa y de calidad que el IES do Castro considera esencial para sus alumnos.
(*) Solo los colegios autorizados por la Organización del Bachillerato Internacional (IB) como Colegios del Mundo podrán ofrecer cualquiera de sus tres programas académicos: el Programa de la Escuela Primaria (PEP), el Programa de los Años Intermedios (PAI) y el Programa del Diploma. El estatus de solicitante no garantiza la obtención de la autorización.
Para obtener más información sobre IB y sus programas, visiten http://www.ibo.org
Imprimir este Artigo













