O Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) do IES do Castro

Publicado o 3 Maio, 2023 na sección Normalización e Dinamización Lingüística por Alberte Zato

logo-edlg-edited.png

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES do Castro é un organo consultivo e dinamizador e está integrado por profesorado de distintos departamentos, alumnado e persoal non docente do centro educativo.

Dentro do marco lexislativo que regula a utilización da lingua galega no ensino –Decreto 124/2007, do 28 de xuño, polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo, que desenvolve a Lei de normalización lingüística, e Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia-, o seu obxectivo principal é deseñar e levar a cabo propostas dinamizadoras coa finalidade de conseguir un uso normalizado e incrementar o uso da lingua galega no ámbito educativo e, deste xeito, favorecer as actitudes positivas de cara á lingua.

A bitácora Na punta da lingua será o medio de visibilización das actuacións dinamizadoras e tamén o espazo onde se ofrecen recursos e materiais en lingua galega (dicionarios, correctores, vocabularios específicos etc) a disposición de toda a comunidade educativa.

 

Related Posts with Thumbnails

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo