Alumnado con materias pendentes do Departamento de Bioloxía-Xeoloxía
No curso 2017-18 o seguimento do alumnado que teña pendente algunha materia do departamento de Bioloxía-Xeoloxía, realizarase mediante as medidas recollidas no seguinte documento:
Teclee debaixo no campo da lupa o termo a procurares e prema na lupa ou na tecla Intro do seu teclado
Begoña Vila es astrofísica y dirige el equipo de la NASA (agencia espacial de Estados Unidos) para el diseño y construcción del supertelescopio James Webb. Según la experta “este supertelescopio nos permirá ver a través de las nubes de polvo dónde se forman las estrellas y planetas y podrá observar la composición de sus atmósferas, buscando en particular planetas como la Tierra con presencia de agua en otros sistemas solares”.
¡Lo mejor es que esta astrofísica es de Vigo!
Descarga de apuntes
No curso 2017-18 o seguimento do alumnado que teña pendente algunha materia do departamento de Bioloxía-Xeoloxía, realizarase mediante as medidas recollidas no seguinte documento:
As instruccións para recuperar as materias pendentes do departamento de Bioloxia e Xeoloxía aparecen recollidas no seguinte documento pdf:
No segundo trimestre do presente curso escolar o alumnado de 4ºESO A animouse a participar nun proxecto, promovido pola Fundación Barrié, denominado “OlimpiADN”. Foron tres meses de duro traballo nos que os alumn@s, conxuntamente cos de outros vinte centros de toda Galicia, tiveron que superar 4 retos para optar ás tres medallas en xogo: ouro, prata e bronce. Mereceu a pena xa que finalmente foron premiados ca medalla de ouro. O primeiro reto comezou coa construcción por equipos de maquetas que reproducían a estructura do ADN, a dobre hélice, ademais de traballar sobre cuestionarios que lles permitían coñecer as características de dita molécula. Despois de construídas as maquetas todos os equipos tiñan que elaborar un corto de 4 ou 5 minutos resumindo, de maneira orixinal, o aprendido sobre o ADN. Superado o primeiro reto, e sen tempo para descansar, tiveron que afrontar o segundo, elaborar un artigo científico sobre a extracción de ADN a partir de mostras vexetais. Comezaron decidindo que mostras ían empregar e no laboratorio dispuxéronse a realizar as extraccións, tomaron fotografías do material e método empregados e, consultando bibliografía ao respecto, elaboraron o seu artigo . Sen perder o entusiasmo, tocaba organizarse de novo para superar o terceiro reto, realizar un estudo poboacional sobre a frecuencia de tres caracteres monoxénicos humanos no instituto. Fixeron 630 enquisas, informatizaron os datos, elaboraron gráficos cos resultados e sacaron as conclusións do seu estudo. Despois do pequeño descanso das vacacións de Semana Santa, aínda quedaba un último reto por superar, decorar e personalizar a súa molécula de ADN. Construiron a molécula e, xuntándose unha tarde na aula de plástica, dispuxéronse a decorala; o resultado foi fantástico e dende logo moi artístico. O esforzo, interés e o tempo adicado a este proxecto foi enorme e por iso a sua profesora de Bioloxía síntese moi orgullosa de tod@s eles, que por certo contou coa colaboración imprescindible de Elena e Begoña , as súas profesoras de Educación plástica e Informática respectivamente.
O pasado 4 de novembro a ciencia falou galego no centro.Diversos foron os actos que se celebraron ao longo da mañá.
As primeiras horas os carteis que anunciaban a celebración do día, penduraba dende as escaleiras. Ninguén tiña que ser allego a esta celebración, CELEBRABAMOS O DÍA DA CIENCIA EN GALEGO.
O alumnado de 3º da ESO baixou da aula de tecnoloxía os seus traballos , co fin de que todos poidesen disfrutar das súas creacións. Un ascensor, distintos prototipos de coches e outros aparellos animaron a hora do recreo.
Xogos matemáticos encheron o tempo de lecer de alumnos e profesores.Adicaron o descanso a intentar resolver difíciles e divertidos acertixos. Pero había premio, UNHA FERMOSA E APETITOSA MAZÁ.
Os de bacharelato tiveron sendas conferencias. Para os de 2º Bac. a departamento de Física e Química participou nuha video-conferencia xunto con outros centros de ensino . Os de 1º Bac asistiron a conferencia de Xosé Francisco Fernández Teijeiro sobre o político e científico galego Bibiano Fernández Osorio-Tafall.
Unha selección de libros científicos en galego estiveron expostos na entrada do instituto.
O próximo 4 de novembro celébrase o Día da Ciencia en Galego , adicado a Ramón María Aller Ulloa, Alfonso X e James Clerk Maxwell. Diversos son os actos que se celebrarán nesta próxima semana, promovidos por distintas asociacións científicas galegas
No instituto para celebrar ese día están programadas diversa actividades polos distintos departamentos didácticos da área científico- técnica e o departamento de normalización lingüística.
ACTIVIDADES 4 DE NOVEMBRO
RECREO
-XOGOS DE TERMOS CIENTÍFICOS EN BUSCA DE DEFINICIÓN.
-EXPOSICIÓN DE LIBROS CIENTÍFICOS ESCRITOS EN GALEGO.
- XOGOS MATEMÁTICOS.
12: 40 : CONFERENCIA DE XOSÉ FRANCISCO PARDO TEIJEIRO SOBRE O CIENTÍFICO-POLÍTICO GALEGO BIBIANO FERNÁNDEZ OSORIO-TAFALL( 1 º BAC. NA SALA DE CONFERENCIAS).
Para coñecer a figura do científico tema da conferencia podedes entrar neste enlace:
BIBIANO FERNÁNDEZ OSORIO-TAFALL
Os últimos traballos mostran que o ‘Hobbit’ evoluíu en África hai máis de dous millóns de anos e utilizaba ferramentas. JAVIER SAMPEDRO - Madrid - 25/10/2009
Cinco anos despois do seu descubrimento na illa de Flores, en Indonesia, os científicos seguen reexaminando o fósil humano máis desconcertante da historia: LB1, o home de Flores, que en realidade era unha muller. Medía un metro e non tiña máis cerebro que un chimpancé, pero viviu hai só 17.000 anos. Algúns paleontólogos non aceptan que represente unha especie anana, e sostiveron sempre que LB1 é unha muller moderna con algunha enfermidade rara. Segundo os últimos estudos evolutivos, non obstante, a enfermidade tería que ser tan rara como unha máquina do tempo.
O polgar dos seus pés era perpendicular aos demais dedos e tería calzado un 40. A súa clavícula non é de tipo humano, pero o nariz sitúao entre os homínidos
Os novos datos tampouco confirman a interpretación inicial dos descubridores do hobbit: que esta especie era un descendente evolutivo do Homo erectus, o primeiro homínido que saíu de África (hai 1,8 millóns de anos). Como o erectus xa tiña un tamaño similar ao noso, esta interpretación implicaba que o hobbit ou Homo floresiensis, que é o seu nome técnico, se tiña que ter miniaturizado na illa de Flores. O fenómeno é coñecido noutros mamíferos.
Segundo os novos resultados, o hobbit non é un homo erectus que se fixo anano, senón que xa saíu anano de África, porque provén dunha especie aínda máis antiga que o erectus, dunha época en que os homínidos aínda non creceramos de tamaño. Non é que a nova idea sexa moito máis convencional que a anterior. Algúns paleontólogos, en realidade, vena aínda máis chocante. Simplemente, é a que cadra mellor con todos os datos.
(Ler o resto do artigo »)