Andaina do alumnado de 1º da Eso

Publicado o 4 Maio, 2015 na sección Lingua e Literatura galegas por Xulio Dobarro

 Un ano máis, o pasado vinte e nove de abril, e despois de adiar a actividade por causas meteorolóxicas, o alumnado de primeiro da ESO participou dunha xornada excepcional de inmersión na natureza, porque a primavera, cos seus altos e baixos non permitiu que se realizara antes. Este retraso impediu que non se puidera levar a cabo  algunha práctica de campo como se fixera outros anos, por exemplo, a plantación dalgunha árbore ou a colocación de casetas para os paxaros, porque para calquera das dúas actividades teriamos que telo feito antes, pero, como por outro lado se quere mostrar a vitalidade da primavera en toda a súa dimensión de cor, olor e esplendor, pois houbo que escoller entre unha das opcións, e neste caso optamos pola segunda. Tal e como se nos explicou por parte dos coñecedores da realidade do monte, a estas alturas do ano, os paxaros xa están criando e as árbores xa están moi avanzadas para trasplantalas.

img_6381.JPG

No local da Comunidade de montes,Rubén explica de 1ª man algúns detalles

En todo caso,finalmente a xornada cubriu as expectativas porque, despois de que o  alumnado asistise á conferencia da asociación Confemadera sobre o monte, “O monte é a nosa vida” a promesa era que participarían nunha xornada na natureza e así se fixo.

Como? Pois,armándose de calzado e roupa adecuada e desprazándose ata a sede da Comunidade de montes veciñais en man común de San Salvsdor de Coruxo(Fragoselo), onde seriamos recibidos polo persoal de dita asociación e lles dariamos unha información complementaria sobre aspectos como o que é un monte veciñal en man común, que se trata de montes periurbanos que forman como unha especie de ferradura sobre a ría de Vigo, que xeralmente están xestionados por persoas que pertencen a unha determinada parroquia e que teñen unha importancia extraordinaria desde o punto de vista económico, ambiental e social. Pénsese, se non, nos terreos que ocupa o aeroporto, o zoo, os campos de adestramento da Madroa, varios campos de fútbol de clubes do concello(Beade, Coruxo, Santa Mariña, etc.).

Rubén, un dos técnicos que traballa para esta Comunidade foi o responsable de mostrarlles algunhas das especies da fauna que se poden observar neste monte e mesmo algunhas que son endemismos de Galicia, aparte de curiosidades como os diferentes tipos de niños que constrúen algunhas das aves propias desta contorna ou insectos que morreron e recollen para ilustrar os visitantes (vacaloura, xoaniña).

Despois desta  presentación e dalgunha outra chamada de atención sobre a importancia histórica que teñen os montes en Galicia, mesmo remontándonos á cultura de orixe celta co culto ás árbores e a posterior cristianización dalgúns lugares e motivos ancestrais, verase o exemplo coa cercanía do petróglifo de Pedra moura, onde, a pesar do mal estado de conservación se poden ver moitos dos elementos relativos a esta manifestación artística e a lenda que rodea tal rocha. Pois, non hai moito tempo que unha veciña dicía ter visto unha serea que polas mañás e cando se poñía o sol se peiteaba enriba desta rocha.

img_6388.JPG

Observando os detalles do petróglifo de Pedra moura

De seguido pasamos polo punto limpo onde se acumulan toneladas de residuos vexetais que están sendo triturados para logo destinalos a abono ou transformación en enerxía eléctrica cando son trasladados ás centrais de obtención de enerxía.

Moi preto de alí, e despois de salvar un forte desnivel pola aba oriental do monte de Fragoselo, onde se está levando a cabo un proceso de trasformación dun eucaliptal e piñeiral nunha auténtica fraga a base de reintroducir árbores, maiormente caducifolias e de ribeira, como  amieiros, cerdeiras, nogueiras, castiñeiros, sobreiras ou acivros, entre outras, pasamos a rentes dun dos lugares máis interesantes desde o punto de vista vexetal, porque se formaron como  pequenos recunchos a base de castiñeiros, bidueiros e tuliperios de Virxina, que están próximos a mostrar  flores tan chamativas e que sorprenden  no medio dun monte galego. Como curiosidade comentar que nese intre un técnico de montes estaba a tratar os castiñeiros contra a enfermidade do chancro.

Unha vez que chegamos á cota máis alta da andaina, o descenso resulta máis cómodo en dirección á regueira de Laxiade. Como indica o seu nome, e con estes días tan chuviosos, a natureza neste lugar móstrase en todo o seu esplendor.Este é dos puntos que serven para reflexionar sobre o que é unha fraga e a importancia da biodiversidade fronte ao monocultivo de eucalipto e piñeiro. Así, aprovéitase para repoñer forzas e, simultaneamente, para ilustrarnos algo máis en vivo e en directo sobre algúns detalles.Por exemplo, destaca a abundancia de auga que facilita o crecemento de especies propias desta contorna, así vemos como medran  freixos, abelairas, amieiros, onde antes campaban as acacias negras e os eucaliptos ou piñeiros. Cunha consideración, que non se trata de demonizar estas variedades, porque son a fonte de ingresos principal para manter a actividade da comunidade e ao mesmo tempo de poder repoboar algunhas zonas que serían invadidas de non ser controladas. Do que se tratará será de evitar o monocultivo baseado exclusivamente nunha das variedades alóctonas.

img_6394.JPG

Área de descanso,recoñecemento de especies e paisaxismo

Como diciamos, este lugar de descanso serviu tamén como foro para escoitarmos da voz de Carmen a lectura dun clásico de M. Rivas titulado “O toxo is beatifull”, no que reivindica este arbusto e que nestes días presenta a súa faciana máis amable e colorista: O toxo. Entre outras consideracións, M. Rivas sostén o seguinte: “O toxo é unha das creacións estéticas máis enxebres de Galicia.” “Os poetas cantaron o toxo porque teñen o don de mirar con agarimo aquilo que moitos ignoran” , “…. á vista das lombas douradas polas toxeiras .É como se viñera Van Gogh e se puxera a pintar, en vivo, sobre o lenzo o monte”.  E, aproveitando a cercanía da celebración do día das Letras galegas, pois, velaí vai a proposta d´O Rivas:”Pero volvendo ás flores e ás letras, por que non regalar o 17 de maio un libro cunha poliña de toxo florido ? para concluír con humor e ironía “Metamos os toxos nos fogares. Non na cama, pero si ao seu carón, no floreiro da mesa de noite. Levémolo, canda a xesta, aos xardíns galegos…”

img_6399.JPG

Carmen le o relato de M. Rivas en homenaxe ao toxo

En fin, unha pequena homenaxe a este arbusto tan importante na economía tradicional de Galicia e, á vez, tan poético como pode resultar para expresar o amor, ao xuízo do poeta:”a maís fermosa flor enxergada entre espiñas”.

Pois ben, como xa vai sendo horas de voltar á “gaiola”, e deslizándose pola cara oeste de Fragoselo, a presenza da Ría, as Cíes ou o Morrazo non deixan indiferente a ninguén pola grandiosidade da paisaxe que se ofrece desde a aba do monte. Só resta engadir que nesta zona, non só a presenza de árbores é interesante pola abundancia de érbedos, sobreiras ou capudres, senón que tamén as rochas, non como petróglifos, senón como soporte pictórico  sirvan  para que algún “artista” actual se exprese con vivas cores e obteña orixinais figuras a partir dalgunhas laxes.

img_6402.JPG

Foto de familia, coas illas Cíes ao fondo

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Anxo Fariña co alumnado de 2º da ESOA

Publicado o 19 Abril, 2015 na sección Lingua e Literatura galegas por Xulio Dobarro

 Anxo Fariña,(Vigo, 1977) é licenciado en Belas Artes . Escritor, ilustrador e director de Arte. Compaxina o traballo creativo co contacto directo cos seus lectores, tal e como se puxo de manifesto o día quince de abril na súa visita ao Instituto para explicar o proceso creativo da súa obra e , en particular, da colección Os megatoxos, que xa van pola quinta entrega.Aínda que empezou publicando a antedita colección coa extinta A nosa terra, agora é a editorial Xerais a reponsable da publicación da súa obra e á que agradecemos a súa colaboración por ternos brindado a oportunidade de que os escolares poidan descubrir algo máis dos nosos autores e espertar neles maior curiosidade pola lectura, a literatura e a ilustración.

img-anxo-farina2.jpeg

O autor dirixíndose ao auditorio

img-hector2.jpeg

O retrato de Héctor queda como proba da súa habilidade

A sú axilidade gráfica quedou demostrada co retrato que lle realizou ao alumno que se prestou para levalo a cabo. Despois dunha breve exhibición do modelo, para que o artista puidese obter a información necesaria, íase  ver pronto reflectido na cartolina  -cremos que con bastante acerto- e que pasará a formar parte dos fondos da Biblioteca.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

O alumnado de 1º da ESO inmerso na natureza e na literatura

Publicado o 15 Marzo, 2015 na sección Lingua e Literatura galegas, Taboleiro Transversal por Xulio Dobarro

 En días pasados, o vinte e cinco de febreiro, a asociación de empresarios da madeira de Galicia, CONFEMADERA-HABITAT, presentoulle ao alumnado de 1º da ESO a importancia dos montes en Galicia e, en particular, na contorna da cidade de Vigo. O motivo desta presentación é poñer en valor os montes como patrimonio material e inmaterial e sensibilizar aos xoves sobre a súa importancia ambiental, social e económica. O programa que leva a cabo dita asociación inclúe charlas informativas nos centros e a difusión dun concurso de temática e soporte variado baixo o eslogan “O MONTE É A NOSA VIDA” , “axúdanos a coidalo”. Dicir tamén que contan con materiais didácticos na súa páxina web para uso e difusión entre o alumnado.

A actividade enmárcase dentro do proxecto, xa habitual, de que este alumnado realice unha inmersión nunha das comunidades de montes veciñais en man común dos montes periurbanos da cidade. En particular, trátase de que o alumnado durante unha xornada se traslade ao monte de Fragoselo e sexa protagonista de varias accións: andaina que inclúe unha reflexión sobre o coñecemento e diversidade de especies autóctonas e alóctonas,flora e fauna,  caducifolias e coníferas, recuperación de espazos protexidos fronte á invasión de eucaliptos, piñeiros, etc; visita a unha planta de biomasa onde se acumulan e transforman os restos de podas e talas que acumulan toneladas de residuos, para finalmente participar nunha plantación de árbores de distintas especies. Todo isto en colaboración coa Comunidade de montes veciñais en man común de San Salvador de Coruxo, que nos facilita o personal de apoio, as plantas e as ferramentas necesarias para levalo a cabo.

confemadera.jpg

O alumnado escoita as virtudes dos montes

Seguindo con máis actividades complementarias; nesta ocasión tocoulle á literatura. O día seis de marzo, o escritor Marcos Calveiro, coa mediación da editorial Xerias, presentoulle ao alumnado de 1º da ESO a obra “Palabras de auga”, lectura recomendada para este nivel. O autor, aínda que nado en Vilagarcía, leva vencellado á cidade de Vigo practicamente toda a súa vida e, como é sabido, leva sendo recoñecida a súa carreira literaria con varios premios (Barco de vapor, Merlín, Lazarillo..).

O que fixo o autor foi explicar a xénese da súa produción literaria e o proceso de creación de Palabras de auga. Neste caso di que a idea partiu dunha foto que nunha reportaxe recollía as mulleres africanas aproveitando os restos dos termiteiros para logo darlles de comer á familia e con tal motivo aproveitar para denunciar a pobreza que sofren parte das persoas do continente africano e, moi especialmente, os “nenos soldados” ou explotados de maneira inhumana para a obtención de materias primas tan importantes para as novas tecnoloxías como o coltán, por iso se di que os móbiles , por exemplo,están  manchados con sangue inocente.

marcos-calveiro.jpg

M. Calveiro ilustra con imaxes de África a presentación

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

ENTRE “FAROS” EN CHAPELA

Publicado o 1 Decembro, 2014 na sección Lingua e Literatura galegas por Xulio Dobarro

 É ben  coñecido o interese da empresa Prensa española, editora do xornal FARO DE VIGO, en que a xuventude se achegue ata as súas instalacións para coñecer máis de cerca, onde diariamente se elabora o xornal co que se deitan  ou almorzan moitos vigueses e viguesas. Por iso, ao longo do curso, permite que os escolares coñezan in situ a que pode considerarse a maior empresa de comunicación da cidade, non só polo que representa na vida diaria, senón, tamén polo valor histórico que gardan nos seus arquivos fotográficos e documentais.

Pois ben, como de competencia social e cidadá se fala tanto nos novos currículos, ademais de ser materia de estudo obrigado na Lingua o coñecemento dos textos xornalísticos, non podíamos rexeitar a oferta destas visitas como actividade complementaria para dar cumprimento  a esas competencias e ao currículo. Deste xeito, o Departamento de Lingua galega organizou para o alumnado de 3º da ESO unha saída ás instalacións do Faro, que, dito sexa de paso, na cidade vén sendo  sinónimo de xornal.

O percorrido iníciase na sala onde traballan os xornalistas das diferentes seccións, que no momento da visita está baleira, para dar paso a continuación a outra sala onde se conta parte da historia do xornal, nacemento (1853), por que é no momento actual “decano da prensa nacional”, como existe unha hemeroteca que reflicte parte da nosa historia e da historia do mundo (guerras mundiais, República española, Guerra civil, Citroen, Barco cabo Estay, O Celta,..) e un arquivo fotográfico  dun valor supremo.  Así, ata chegar ao século XXI, no que se presenta a prensa dixital, á que non se pode substraer ningún medio que queira sobrevivir, polo momento compartindo espazo co formato papel.

img_20141126_114945.jpg

O auditorio parece mostrar certo interese

O percorrido continúa polos talleres, a onde chegan xa as noticias preparadas  para a súa impresión nunha espectacular rotativa que vai cuspindo xornais como churros. Aquí explícanse os cambios extraordinarios que se teñen experimentado nos últimos anos, de acordo coas novas tecnoloxías, para acabar pasando polo almacén de onde xa sae o periódico preparado para a súa distribución. Neste tramo final é cando se aproveita para reflexionar sobre o consumo responsable dalgúns recursos como é a enorme cantidade de papel que diariamente se usa e que ten unha repercusión moi forte nos bosques, a auga, etc., así como outros materias: aluminio ou tintas,por exemplo.

img_20141126_123842.jpg

Entre as bobinas de papel que van converterse en xornais

Ata aquí, o que poderíamos considerar a noticia en estado puro, obxectiva, noticia breve, ou o que na técnica da pirámide invertida responde a eses seis W do inglés, segundo algúns sabían e a outros se lles refrescou ese día. No que queda, vou ser maís subxectivo para reflexionar sobre algo que ten máis que ver co que, como, cando ou con quen destas actividades.Explicareime.

O que subscribe, sempre entendeu que o proceso de ensinanza debía realizarse en base a un principio, máis ou menos admitido, de “ensinar e aprender deleitando” e procurando que, sen renunciar ao universal, se partise do inmediato, da contorna, do coñecido, que  como é ben sabido, no caso de Galicia, desde o Padre Sarmiento, é un criterio abondo aceptado.

Pois ben, o anterior, non exclúe nin o rigor, nin o esforzo, nin a memorización, senón que se complementan; por iso, parece lamentable, que nun momento de recortes sociais, cando se ofrecen estas actividades, de xeito gratuíto, é dicir, con cargo ao ensino público, non se lles conceda o valor que merecen por parte do alumnado e que as familias -non todos, nin todas- se debían involucrar máis na parte que lles corresponde.Que quero dicir con isto? Que a tarefa de acompañantes por parte do profesorado, con grupos de 60, 70, 100 persoas, debería limitarse a iso, e non ter que preocuparse polo “saber estar” , aínda que, tamén, porque, en caso contrario, corremos o risco de que as actividades extraescolares pasen a mellor vida. Onde mellor, senón, se poden adquirir as tan traídas e levadas competencias social, cidadá, coñecemento do medio físico, etc. pregoados na Lei, que no propio medio, no museo, no teatro, no parque forestal, na fábrica, etc.Quede aquí esta reflexión agridoce, sen ira,  a raíz da visita.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

EN OUTONO LEMOS MÁIS.NOVIDADES

Publicado o 19 Novembro, 2014 na sección Lingua e Literatura galegas, Biblioteca por Xulio Dobarro

O outono invita á lectura e, por iso, a Biblioteca quere facervos chegar algunhas novidades que se foron  incorporando ao longo do trimestre. Por un lado, procurouse ampliar o número de exemplares daquelas lecturas consideradas obrigatorias por algúns departamentos, e a proba diso é que se estiveron adquirindo máis exemplares dos clásicos de lectura como por exemplo Que me queres amor, O lapis do carpintiro, O tapiz de Bayeux, etc., e, por outro, aqueles títulos que, por ser novidade ou cambiar o seu formato a “peto”,  resulta máis asequible a incorporación ao fondo da biblioteca. Ademais, a través do club de lectura, que conta co seu propio orzamento, tamén se amplían os fondos de aquela.

En canto á lingua empregada, destacaremos en primeiro lugar as novidades da editorial Xerais, polos premios Jules Verne e Merlín. Neste caso, a gañadora xa é unha vella coñecida do Instituto, porque ao longo destes dous últimos cursos ten presentado persoalmente as súas obras. Estamos a falar de LEDICIA COSTAS, gañadora do último premio Merlín con “Escarlatina, a cociñeira defunta” e “O gran reino” de Eduardo Santiago

escarlatina.jpg o-gran-reino.jpg

“Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. E nese día tan especial recibiu un megasusto, un agasallo moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre negro onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX que nunca se separa de Lady Horreur, un arrepiante arañón con acento francés.” (Escarlatina….)

O narcisismo e a marcada competitividade de Gala, unha rapaza de catorce anos brillante nos estudos e cunha imaxinación portentosa, acaban por condenala ao abandono por parte das súas amigas. Ante esta situación, mergúllase na lectura de forma compulsiva e vai diminuíndo a súa necesidade de inxerir alimentos; dous factores que, unidos, provocan en Gala un afastamento da razón e a convicción de que o reino de Margonia está agardando por ela. Despois de sufrir un episodio grave de saúde, os pais ingrésana nunha unidade somática onde establecerá unha relación moi especial coa psiquiatra Lourdes Regueiro, quen se converterá na súa confidente, na única persoa que terá acceso ao Caderno Vermello de Gala. A doutora deberá descifrar, entón, o enigma da pedra fractal, descrito neste caderno onde aparecen as características dos catro reinos que conforman Margonia. Unha novela de engaiolante lectura dende a primeira páxina até o seu sorprendente desenlace. Unha intensa narración dunha vida adolescente marcada pola anorexia, a loucura e a falta de cariño dos pais.(O gran reino) 

En lingua castelá, por estas datas, xa é todo un acontecemento a publicación do premio e o finalista da editorial Planeta. Pero, non esqueceremos a aparición doutros  títulos menos comerciáis, e, non por iso, tanto ou máis interesantes, como:

bibliotecaria.jpg

la-libreria.jpg

mafalda.jpg

detective.jpg

La bibliotecaria de Auschwitz de Antonio G. Iturbe está inspirada en la historia real de Dita Dorachova, una joven checa de 14 años que es llevada junto con su padre y su madre al campo de concentración Auschwitz. Allí, en el lugar donde la muerte se pasea a sus anchas, hay un rayo de esperanza que se concentra en el barracón 31. Fredy Hirsch es el “director” de una escuela clandestina donde los niños del llamado campo familiar reciben clases de geografía o literatura. Con ese pequeño gesto, pero gran trabajo, Fredy intenta que los pequeños tengan una rutina y que vivan, no al margen, pero sí algo separados del horror que se vive cada día, cada hora y cada minuto en un lugar como Auschwitz.

La librería de los finales felices:Tras dos años intercambiando cartas y pasión por los libros, Sara decide viajar a un pueblecito de Iowa para conocer a su anciana amiga Amy, pero cuando llega ésta ha muerto, dejando una vieja casona y miles de libros.Sola en este alejado rincón se da cuenta de que gracias a las cartas de Amy conoce bien a los habitantes del pueblo. Así, cuando se embarca en la locura de montar una original librería con los ejemplares de Amy se da cuenta de que hay un libro destinado a cambiar la vida de cada uno de ellos. Pero al hacerlo también cambiará la suya.

O que se di nunha das cartas :“Con la vida que he tenido, no puedo explicar por qué tengo el mal gusto de preferir a las personas.Si hablamos de números, los libros salen ganando de forma abrumadora,: puedo contar con los dedos de una mano las personas a las que he querido en mi vida, frente a decenas o cientos de libros…”

Mafalda es el nombre de una historieta argentina creada por Quino en 1964, cuyo personaje principal es una niña de clase media argentina con una actitud comprometida ante el mundo. Mafalda es una pequeña niña preocupada por la humanidad y la paz mundial, que se rebela contra la manera en que es el mundo, apareció en tiras cómicas en diarios argentinos de 1964 a 1973, y fue también muy popular en Latinoamérica en general, España, Italia, Francia y otros países europeos. Mafalda ha sido traducida a más de treinta idiomas. O seu autor vén de recibir o premio Príncipe de Asturias na edición 2014.

 Detective esqueleto:La colección trata sobre un esqueleto llamado Skulduggery Pleasant, que lucha contra grandes enemigos, por medio de la magia. Stephanie era una chica normal, hasta que muere su tío, y descubre que Dublín está infestado de magos, y de hombres que quieren destruir el mundo y desatar a los Sin Rostro, unos monstruos gigantes que derruirán todo lo que vaya por delante. Stephanie se une a Skulduggery en una aventura llena de magia, de humor y de intriga. Una historia imprescindible!!

Para aqueles que busquen mergullarse na historia de Roma o das lendas artúricas tamén é posible da man de Santiago Posteguillo con Circo máximo ou Arturo de M.K.Hume.Deixamos para o final os de máis colorido: Os Planeta e o libro de Malala, a persoa máis xove en recibir o premio nóbel da Paz.

Ganador Planeta 2014

  • Milena o el fémur más bello del mundo

    La belleza de Milena también fue su perdición. Convertida en esclava sexual desde la adolescencia, intenta huir cuando muere su protector, un magnate de la comunicación que sufre un fallo cardiaco mientras hace el amor con ella. En su angustiosa fuga, se cruza con los Azules, un trío de justicieros formado por el periodista Tomás Arizmendi, la política Amelia Navarro y el especialista en alta seguridad, Jaime Lemus. Ellos desean liberarla, pero Milena guarda con recelo un espinoso misterio que atesora en su libreta negra y que supone su salvación y, sobre todo, su venganza.

    Una vigorosa novela de acción y amor que denuncia los abusos de poder y la corrupción, pero que sobre todo, nos muestra el alma abierta de una mujer vejada, como tantas otras, en un mundo cada vez más globalizado.

  • Mi color favorito es verte

  • Pilar Eyre, una periodista madura y aún presa de una gran pasión por la vida, conoce, durante un verano en la Costa Brava, a Sébastien, un corresponsal de guerra francés de gran atractivo. Entre ellos surge un amor inesperado que los lleva a vivir tres días de intensa relación erótica y sentimental. Cuando Sébastien desaparece repentinamente, Pilar lo busca con desesperación siguiendo las pistas ambiguas que el periodista ha ido dejando a su paso, pero los resultados son cada vez más sorprendentes y misteriosos. Esta no es una bella historia de amor crepuscular, esta es una bella historia de amor entre una mujer que se atreve a llegar hasta el límite y un hombre secuestrado por unos sentimientos imprevistos.                                               

    malala.JPG

Cuando los talibanes tomaron el control del valle de Swat en Pakistán, una niña alzó su voz. Malala Yousafzai se negó a ser silenciada y luchó por su derecho a la educación.

El martes 9 de octubre de 2012, con quince años de edad, estuvo a punto de pagar el gesto con su vida. Le dispararon en la cabeza a quemarropa mientras volvía a casa de la escuela en autobús, y pocos pensaron que fuera a sobrevivir.

Sin embargo, la milagrosa recuperación de Malala la ha llevado en un extraordinario periplo desde un remoto valle en el norte de Pakistán hasta las Naciones Unidas en Nueva York. A los dieciséis años se ha convertido en un símbolo global de la protesta pacífica, y es la nominada más joven de la historia para el Premio Nobel de la Paz.

“Yo soy Malala” es el excepcional relato de una familia desterrada por el terrorismo global, de la lucha por la educación de las niñas, de un padre que, él mismo propietario de una escuela, apoyó a su hija y la alentó a escribir y a ir al colegio, y de unos padres valientes que quieren a su hija por encima de todo en una sociedad que privilegia a los hijos varones.

“Yo soy Malala” nos hace creer en el poder de la voz de una persona para cambiar el mundo.

  • PREMIO NOBEL DE LA PAZ 2014. Malala Yousafzai sólo tenía diez años cuando los talibanes se apoderaron de su región. Decían que la música era pecado. Decían que las mujeres no debían ir al mercado. Decían que las niñas no debían ir al colegio.Malala creció en una pacífica región de Pakistán transformada por el terrorismo. Aprendió a defender sus convicciones y luchó por su derecho a la educación.

Todos estes, e moitos máis, ata 18.780 libros e películas, podes a topar nos andeis desta modesta biblioteca que procura o mellor servizo, sempre e cando contemos coa colaboración de todos os sectores implicados da comunidade educativa para que non se perdan os que hai e, na medida do posible, poder amplialos.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Letras galegas solidarias

Publicado o 4 Xuño, 2014 na sección Celebracións, Lingua e Literatura galegas por Xulio Dobarro

O pasado xoves, 29 de maio, fomos convocados por Antón Bouzas, abondo coñecido na cidade de Vigo, especialmente polos menos favorecidos, e polo seu labor como educador social e terapeuta de Cedro, a un acto que estaba previsto se celebrase ao aire libre na praza da Independencia, pero que logo se trasladou ao interior do centro CEDRO na rúa Pintor Colmeiro.

tino-baz.jpg

Tino Baz, Antón/s e rapaces do Ies do Castro

Pois ben, nun espazo reducido pero cheo de ilusións e boa vontade reuníronse alí, como diciamos, por iniciativa do que tamen foi nalgunha ocasión “afrancesado” e desempeñou o papel de  xefe  do exército francés, Chalot,  cando  a invasión do estado veciño aló polo 1809, un grupo de persoas que rezumaba solidariedade, esperanza e moita ilusión por ter acadado algúns pequenos éxitos, e, á vez moi grandes, nestes tempos de contradicións permanentes: fraude na vida pública-austeridade na privada; máis ricos-máis pobres, menos solidariedade- máis xenofobia, máis acoso escolar-menos compañeirismo, etc, etc.

Neste contexto, o colectivo IMÁN-CEDRO reuniu, co gallo  da celebración das Letras Galegas e do XVIII aniversario do pasamento de Lois Pereiro, a un nutrido grupo de músicos, escritores e rapsodas que fixeron vibrar os alicerces do recinto, onde as persoas en rehabilitación por enfermidades relativas a drogodependencias ou sida tratan de voltar á cotidianeidade, no ximnasio co que contan alí.

O primeiro en romper o xeo foi o cantautor Tino Baz que, cunha voz grave e dóce á vez, nos trouxo á memoria algúns dos temas máis coñecidos de Emilio  Batallán e de diversos poetas galegos. De seguido foi Francisco Castro, narrador e poeta, quen compuxo un sentido poema para a ocasión e no que se poñía en entredito a honestidade da igrexa con respecto a algunhas prácticas hoxe recomendadas pola OMS, especialmente nos países subdesenvoltos.

A parte musical e festiva, con bailes incluídos, completouse coa colaboración do gaiteiro vigués, Antón Sánchez, e, neste caso acompañado  polo mesmo Tino Baz,  artistas  consumados e polifacéticos.

Finalmente, da man de Manuel Veiga,e de An Alfaya,escritores,  foi o propio irmán de Lois Pereiro, X. Manuel Pereiro, periodista,  o que agradeceu ao colectivo e ás persoas presentes, esta lembranza do seu irmán e  adicou unhas sentidas palabras de cariño e apoio a todos os desherdados e “senteito” que, nesta sociedade tan moderna, mantén situacións de extrema pobreza.

grupo-cedro.jpg

Clausura do acto con varias caras coñecidas

Non podemos deixar de destacar no acto, a colaboración dun grupo de alumnos e alumnas do Instituto, 3º da ESO-A, que como rapsodas voluntarios, aínda que moi profesionais, contribuíron coa recitación de varios poemas, tanto de Lois Pereiro, como de Celso Emilio, Ramiro Fonte, ou Curros Enríquez, a que todo aquilo se impregnase de xuventude e esperanza. E non podía faltar a recitación do poema, por excelencia,Penélope,  de X. Mª. Díaz Castro, na voz dos protagonistas do acto.

NARCISISMO (LOIS PEREIRO)

Sigo os pasos do sangue no meu corpo

e coa unlla do meu dedo máis firme

abro un sulco vermello en media lúa

na vea que me acolle tan azul

Quizais dúas palabras poden resumir encontro tan emotivo, que, na opinión do  poeta E. Pondal, vén sendo a bondade e a  xenerosidade. Apertas, e ata a próxima.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Ledicia Costas co alumnado de 1º e 3º da ESO

Publicado o 28 Maio, 2014 na sección Lingua e Literatura galegas por Xulio Dobarro

 conferencia-xeral.jpg

Alumnado de 1º da eso coa autora

Edicións Xerais de Galicia, editora das obras de Ledicia Costas, na súa angueira de difusión da Lingua e a literatura galegas, vén de facilitarnos, coa colaboración da súa autora, o coñecemento de dúas das obras publicadas nese selo editorial.

Por un lado, foi o alumnado de terceiro da ESO o que tivo a oportunidade de escoitar da propia escritora viguesa o proceso de creación  que inspirou o título “ O corazón de Xúpiter”  e, de paso, tratar algúns temas de  máxima  actualidade entre o alumnado, como son  o ciberacoso/sexting, acoso escolar e a  homosexualidade. Temas todos eles que subxacen na narración e, que foron obxecto de reflexión na posta en común sobre a obra.

A atención inicial xirou arredor do vídeo proxectado, que recolle o tráxico desenlace dunha adolescente que, víctima de acoso, deixa gravado denantes do seu suicidio a terrorífica experiencia contada pola protagonista de tan cruel desenlace.

sinaturas-ledicia.jpg

Sinaturas de “Recinto gris”

En conclusión, a mensaxe semella concluínte: hai persoas que o pasan moi mal por ser obxecto de acoso   escolar, de discriminación por razóns de raza, sexo ou relixión e que debemos ser máis sensibles e solidarios con aqueles máis susceptibles de padecelos. E, o que está resultando máis grave no día de hoxe: o ciberacoso, que, en certa medida, aproveita o vacío legal, e, ademais, conta coa  facilidade de acceso ás redes sociais. Por iso, quizais a solución non pase por prohibilas,porque para os nativos dixitais parecen inherentes á súa condición humana, senón por ensinarlles a usalas.

ledicia-soa.jpg

Ledicia asina exemplares de “Corazón de Xúpiter”

Nunha segunda volta, foi o alumnado de 1º da ESO o que contou coa versión da interpretación da obra pola mesma autora, sendo neste caso sobre o título “Recinto gris”.   Nesta ocasión, segundo a propia autora, é a ausencia de información histórica sobre determinados acontementos moi graves  para a humanidade o que a animou a construír este relato, destinado a un público xuvenil, e no que a verosimilitude e a fantasía se conxugan de xeito máis ou menos acertado para denunciar prácticas de exterminio daquelas persoas que por algunha razón resultan diferentes á maioría. Así, “o recinto gris” viría a ser unha especie de guetto, controlado por uns seres estraños disfrazados de lobos, e onde son recluídos todos aqueles que se aparten do modelo estándar e que grazas á habilidade de pequenos e maiores e a fantasía da autora conseguen burlar o cerco.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

I Quedada Literaria de Vigo e Bisbarra

Publicado o 18 Maio, 2014 na sección Actividades, Lingua e Literatura galegas, Biblioteca por Carmen Vilariño Agras

O pasado día 15 de maio celebrouse a I Quedada Literaria de Vigo e bisbarra. Os alumnos e alumnas de 2º da ESO C, 3º da ESO A e PDC, asistiron a esta xuntanza acompañados polos profesores Almudena, Xoán Xosé Sande e Carmen Vilariño. A iniciativa desta reunión de lectura partiu de Antonio Fernández, coordinador da biblioteca do CEIPF Manuel Antonio e foi secundada polo Concello de Vigo . Nesta primeira quedada participaron oito centros de Vigo e a súa bisbarra: CEIP O Chouzo, CEIP Frián-Teis, CEIP Ría de Vigo, CEIP O Pombal, CEIP Carrasqueira CEIP Santa Mariña de Redondela, O IES  pino Manso de Porriño, O IES do Castro. Foi un día festivo para a lectura que se convertiu nun preámbulo do Día das Letras Galegas.

quedada-06.JPG

A xornada comenzou coa chegada ao Parque de Castrelos as dez da mañán, e a reunión dos case 500 alumnos e alumnas no punto de encontro. Distribuidos por zonas celebráronse as actividaes da xornada:

Lectura individual

dsc01908.JPG

dsc01905.JPG

dsc01903.JPG

dsc01907.JPG

As lecturas  compartidas cos rapaces e rapazas do IES Pino Manso do Porriño, intercambio de marcapáxinas e recomendacións de lecturas  seguiron  as lecturas individuais.

Alumnos e  alumnas de 2º e 3º da ESO contaron contos aos máis pequenos da quedada, os alumnos e alumnas do CEIP Ría de Vigo, de 4 de infantil e 5 de infantil,  que disfrutaron cos contos , A que sabe a lúa? e A galiña roxa.

dsc01920.JPG

dscn6278.JPG

dsc01921.JPG

E mesmo fixeron intercambio de marcapáxinas

dsc01919.JPG 

Os alumnos e alumnas do PDC fixeron de padriños lectores dos máis pequenos lendo o conto de Irene Pérez Pintos, Ire.

dsc01928.JPG

dsc01929.JPG

dsc01937.JPG 

Tras un descanso merecido , tod@s xuntámonos no Pazo para celebrar o acto de clausura da quedada presentado pola actriz Uxía Blanco. Cada centro participante preparou algo especial, lecturas , poemas, cancións…..

Día grande para os nen@s e día grande para a lectura.

A  galiña roxa

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo