información de AxudasLe sobre a publicación das listaxes definitivas de admitidos de 1º BAC e 2ºBAC e documentación a achegar

NOTA INFORMATIVA DO 3 DE XUÑO DE 2024
Publícanse as listaxes definitivas de alumnado seleccionado e suplente, segundo o establecido no artigo 17 da Orde do 29 de xaneiro de 2024 pola que se convocan axudas para a realización de actividades formativas en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (DOG do 12/02/24). 
-        Listaxe definitiva de alumnado seleccionado e suplente 1º bacharelato.
-        Listaxe definitiva de alumnado seleccionado e suplente 2º bacharelato.
O alumnado seleccionado recibirá un correo electrónico no enderezo facilitado na solicitude, onde figuran os datos da conta bancaria para realizar o pago correspondente á achega familiar. Se vostede non facilitou un enderezo electrónico ou non recibiu dita mensaxe, deberá poñerse en contacto con esta Dirección Xeral a través de axudasle@edu.xunta.gal.
Ábrese un prazo de 5 días naturais para que o alumnado seleccionado faga a remisión da seguinte documentación:
-        Anexo III
-        Copia do pasaporte, cunha validez mínima de 6 meses desde a data da viaxe (só para Canadá e Reino Unido). Pode obter máis info neste enlace: Recomendacións de viaxe (exteriores.gob.es)
-        Visado en vigor (só para alumnado con nacionalidade non española que viaxe a Canadá)
-        Xustificante bancario do pagamento.
FIN DE PRAZO: 8 DE XUÑO (incluído)
Toda a información en https://www.edu.xunta.gal/axudasle/

















