Lista de libros de texto e material para Inglés no curso 2009-2010

Publicado o 2 Xullo, 2009 na sección Zona Alumnado, Zona ANPAs, Lingua Inglesa, Departamentos por Alberte Zato

Preséntase a lista de libros de texto e material didáctico curricular de uso obrigatorio polo alumnado para o curso 2009-2010

 ESO e Bacharelato LOE

 

 

             
             

 

Bacharelato Internacional

 

PRIMEIRO

   

SEGUNDO

STAND UP 1

  • Student’s Book

ISBN 9788498371598

  • Workbook

ISBN 9788498371628

    STAND UP 2

  • Student’s Book

ISBN 9788498371697

  • Workbook

ISBN 9788498371727

standup2.jpg standup1.jpg

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Remitido: Posición de organizaciones sobre a consulta familiar sobre o Galego

Publicado o 11 Xuño, 2009 na sección Remitido, Zona Alumnado, Zona ANPAs, Normalización e Dinamización Lingüística, Taboleiro Transversal por Alberte Zato

As organizacións con presenza no ámbito da educación abaixo asinantes, ante o anuncio da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria de realizar unha consulta nos centros educativos en relación co uso do galego, queren transmitir á comunidade educativa e á sociedade galega no seu conxunto as seguintes cuestións:

1. Esta é unha consulta, deseñada á marxe da comunidade educativa, carente de rigor na metodoloxía de distribución e no procesamento de datos, e sen garantías para a intimidade das persoas e a protección de datos de carácter persoal.

2. O Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado por unanimidade de todas as forzas políticas con representación no Parlamento Galego en 2004 (PP, PSOE e BNG), é un punto de encontro na definición dos obxectivos para o ámbito educativo. O Decreto 124/2007, de 28 de xuño, recolle este acordo do Parlamento Galego dándolle carácter normativo e a súa legalidade foi avalada por varias sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Esta norma pretende garantir unha competencia similar en galego e en castelán.

3. O obxectivo de que ao remate do ensino obrigatorio os nenos e as nenas sexan plenamente competentes nas dúas linguas oficiais non pode conseguirse con menos do 50% das materias impartidas en galego. Coa enquisa que se envía aos centros o mantemento deste equilibrio tan só se garantiría marcando a resposta “en galego” ou “todo en galego”.  Esta opción non se refire á totalidade do ensino, senón ás materias que habería que impartir hoxe en galego –o 50%- xa que a enquisa non recolle a opción de que todas as materias, agás as linguas, poidan ser impartidas en galego.

 

CIG · CCOO · CSI-CSIF · FETE-UGT · STEG · CAE · ASPG · Nova Escola Galega · Asociación de Directores e Directivos de IES de Galicia · Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra · Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística · A Mesa pola Normalización Lingüística

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Concurso de felicitacións de Nadal ‘08

Publicado o 3 Decembro, 2008 na sección Zona ANPAs, Convocatorias por Alberte Zato

Concurso

A Asociación de Nais e Pais do IES O Castro de Vigo convoca un CONCURSO DE FELICITACIÓNS DE NADAL en 2 modalidades:

  1. Felicitacións informatizadas (en powerpoint, flash, …)

  2. Felicitacións tradicionais (formato papel)

    (Ler o resto do artigo »)

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Felicitación dixital do IES do Castro para Nadal 2007

Publicado o 21 Decembro, 2007 na sección Zona ANPAs, Taboleiro Transversal por Alberte Zato

 

Presentamos (en versión flash) a presentación en Power Point que os alumnos Arturo Irisarri e Miguel Caramés de 1º C da ESO fixeron para o concurso de Felicitacións de Nadal convocado polo Instituto e a ANPA.

 

A versión orixinal para Power Point pódese descargar dende aquí

Power Point

Versión flash de Alberte Zato
Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo