Concurso de felicitacións de Nadal ‘08

A Asociación de Nais e Pais do IES O Castro de Vigo convoca un CONCURSO DE FELICITACIÓNS DE NADAL en 2 modalidades:
-
Felicitacións informatizadas (en powerpoint, flash, …)
-
Felicitacións tradicionais (formato papel)
Haberá un premio para cada modalidade e categoría consistente nun premio en metálico de 50 € .
Establécense as seguintes categorías:
-
1º e 2º da ESO
-
3º e 4º da ESO
-
1º e 2º de bacharelato
Poderá participar todo o alumnado do instituto sempre que cumpra coas seguintes BASES:
-
poderanse presentar traballos individual e/ou colectivamente
-
deberán ser traballos orixinais, e en galego
-
nalgún lugar deberá aparecer o nome “IES O Castro de Vigo” (encabezado, pé de páxina, no contido da felicitación, etc.)
-
as felicitacións tradicionais faranse nun formato non superior a 21×14 cm
-
o xurado poderá declarar deserto calquera premio se estima que non se acada un nivel mínimo de calidade ou orixinalidade.
-
os traballos presentados serán expostos nas instalacións do centro e na web do instituto
-
o prazo de presentación dos traballos rematará o 15 de decembro ás 17:00 horas, e o fallo do xurado producirase dous dias despois.
-
os traballos serán entregados no buzón da ANPA (modalidade B ou disco en modalidade A) e no correo electrónico anpaiesocastro@hotmail.com (so modalidade A), indicando os seguintes datos: nome(s) e apelidos, e curso.
Constituirase un xurado composto por membros da ANPA e do profesorado do Instituto que serán os que decidirán os traballos premiados.
Imprimir este Artigo









