X CONCURSO de Felicitacións do Nadal * 2016

Publicado o 10 Decembro, 2016 na sección Zona Alumnado, Zona ANPAs por Alberte Zato

cartel525.jpg

A Asociación de Nais e Pais do Alumnado (ANPA)  e o IES do CASTRO convocan o:

X CONCURSO de Felicitacións do Nadal * 2016

MODALIDADES:

A) FELICITACIÓNS DIXITÁIS (powerpoint, flash, AVI, mpg, …).
B) FELICITACIÓNS TRADICIONAIS (formato papel).
CATEGORÍAS: I.- 1º, 2º e 3º da ESO.
II.- 4º da ESO, 1º e 2º BACHARELATO.

PREMIOS: ata 50 € en metálico por modalidade e categoría, segundo defina o Xurado.

BASES:

1.  poderanse presentar traballos individual e/ou colectivamente.
2.  deberán ser traballos orixinais, e en galego.
3.  nalgún lugar da postal ou presentación deberá aparecer o nome e/ou logotipo do IES do Castro.
4.  as felicitacións tradicionais faranse nun formato non superior a DIN A4 (210×297 mm.).
5.  as felicitacións dixitais non terán unha duración maior de 3 minutos.
6.  o xurado poderá declarar deserto calquera premio se estima que non se acada un nivel mínimo de calidade ou orixinalidade.
7.  os traballos premiados serán expostos nas instalacións do centro ou na web do instituto.
8.  o prazo de presentación dos traballos rematará o 19 de decembro ás 18:30, e o fallo do xurado farase público o día 22 dese mes.
9. os traballos impresos, de ser posible, non deberán levar visible á identificación do autor/a na cualificación polo xurado, figurando o nome do autor/a nunha parte non visible do mesmo.
10.  os traballos non regrados na programación académica do Centro serán entregados no buzón da ANPA (modalidade B, ou disco en modalidade A) ou no correo electrónico anpaiesocastro@hotmail.com (so modalidade A e tamaño non maior de 5 MB), indicando os seguintes datos: nome(s) e apelidos, e curso.
11.  o xurado é composto por 2 membros da ANPA, 2 alumnos da Xunta de Delegados do centro, e 2 profesores do Instituto que serán os que decidirán os traballos premiados e o reparto da asignación económica.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Calendario escolar 2016-17

Publicado o 18 Outubro, 2016 na sección Calendario escolar, Zona ANPAs, Xefatura de Estudos por Xefatura de Estudos

Para acceder ó calendario escolar é necesario premer no seguinte documento.

calendario-2016-17ods.pdf

Día non lectivo de libre elección polo instituto

Por aprobación do Consello Escolar será día non lectivo de libre elección, para o presente curso académico 2016-17, o seguinte:

.27 de Marzo de 2017

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

A.N.P.A. IES DO CASTRO - Convocatoria de Xuntanza Xeral Extraordinaria

Publicado o 23 Setembro, 2016 na sección Zona Alumnado, Zona ANPAs por Alberte Zato

Mércores 28 de setembro ás 18:00 horas
Sala de Usos Múltiples do IES O Castro.

Orde do día:

1.- Lectura e aprobación, se procede, do acta anterior.

2.- Informe do presidente e da Xunta Directiva da ANPA.

3.- Actividades extraescolares da ANPA e viaxe do fin de curso de 4º da ESO.

4.- Proposta de novas incorporacións e cambios na Xunta Directiva da ANPA.

5.- Proposta de data e orde do día da asemblea xeral ordinaria da asociación.

6.- Rogos e preguntas.

 

 

Máis información e ficha de inscrición na ANPA

.pdf

ficha_e_convocatoria_2016_17.pdf

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Plan de actividades da ANPA IES do Castro 2016-2017

Publicado o 23 Setembro, 2016 na sección Zona Alumnado, Zona ANPAs por Alberte Zato

Para o curso 2016 / 2017 na ANPA do IES do Castro temos programado propor ao CE e realizar de xeito continuado soamente dúas actividades, por mor do pouco interese amosado polas familias en promover outras da oferta do IMD ou semellantes:

  

Máis información e ficha de preinscrición

.pdf

plan_de_actividades_anpa_2016_17.pdf

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Calendario de setembro 2016 do TROCALIBROS

Publicado o 5 Setembro, 2016 na sección Avisos urxentes, Zona Alumnado, Zona ANPAs por Alberte Zato

Clique na imaxe debaixo para vela a maior tamaño

set2016program.jpg

trocalibros.jpg

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Corrección de erros no calendario de reclamacións de 2º de bacharelato

Publicado o 31 Agosto, 2016 na sección Zona Alumnado, Zona ANPAs, Xefatura de Estudos por Xefatura de Estudos

Apartado reclamación de cualificacións 2º bacharelato: onde di luns,6 e martes,día 7  debe dicir luns ,día 5 e martes, día 6,respectivamente.

 Apartado RECLAMACIÓNS,2ª instancia ,2º bacharelato: onde di luns,6 e martes ,7 debe dicir luns,5 e martes ,6 respectivamente.

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo