X CONCURSO de Felicitacións do Nadal * 2016

Publicado o 10 Decembro, 2016 na sección Zona Alumnado, Zona ANPAs por Alberte Zato

cartel525.jpg

A Asociación de Nais e Pais do Alumnado (ANPA)  e o IES do CASTRO convocan o:

X CONCURSO de Felicitacións do Nadal * 2016

MODALIDADES:

A) FELICITACIÓNS DIXITÁIS (powerpoint, flash, AVI, mpg, …).
B) FELICITACIÓNS TRADICIONAIS (formato papel).
CATEGORÍAS: I.- 1º, 2º e 3º da ESO.
II.- 4º da ESO, 1º e 2º BACHARELATO.

PREMIOS: ata 50 € en metálico por modalidade e categoría, segundo defina o Xurado.

BASES:

1.  poderanse presentar traballos individual e/ou colectivamente.
2.  deberán ser traballos orixinais, e en galego.
3.  nalgún lugar da postal ou presentación deberá aparecer o nome e/ou logotipo do IES do Castro.
4.  as felicitacións tradicionais faranse nun formato non superior a DIN A4 (210×297 mm.).
5.  as felicitacións dixitais non terán unha duración maior de 3 minutos.
6.  o xurado poderá declarar deserto calquera premio se estima que non se acada un nivel mínimo de calidade ou orixinalidade.
7.  os traballos premiados serán expostos nas instalacións do centro ou na web do instituto.
8.  o prazo de presentación dos traballos rematará o 19 de decembro ás 18:30, e o fallo do xurado farase público o día 22 dese mes.
9. os traballos impresos, de ser posible, non deberán levar visible á identificación do autor/a na cualificación polo xurado, figurando o nome do autor/a nunha parte non visible do mesmo.
10.  os traballos non regrados na programación académica do Centro serán entregados no buzón da ANPA (modalidade B, ou disco en modalidade A) ou no correo electrónico anpaiesocastro@hotmail.com (so modalidade A e tamaño non maior de 5 MB), indicando os seguintes datos: nome(s) e apelidos, e curso.
11.  o xurado é composto por 2 membros da ANPA, 2 alumnos da Xunta de Delegados do centro, e 2 profesores do Instituto que serán os que decidirán os traballos premiados e o reparto da asignación económica.

Related Posts with Thumbnails

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo