Alumnado de grego 2º de Bacharelato

Publicado o 12 Febreiro, 2010 na sección Grego por Carmen Vilariño Agras

Alumnos/as de grego 2ºBacharelato

Aquí tedes a circular da materia de grego II e un exemplo de exame de selectividade.

grego-ii.doc

Selectividade grego proba ( pdf )

Recordade que a parte literaria consiste  na lectura das seguintes obras:

Obras de lectura obrigatoria

Ilíada de Homero Cantos I, VI, XVI e XXII

Poetas líricos gregos: Alceo, Safo e Arquíloco.

O Edipo Rey de Sófocles

Asamblea das mulleres ( Asamblearias ) de Aristófanes. 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Grecia, berce da civilización

Publicado o 23 Novembro, 2009 na sección Grego por XiaoRoel
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

A Orixe da arquitectura

Publicado o 23 Novembro, 2009 na sección Grego por XiaoRoel
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

O que sabemos de Hipatía

Publicado o 23 Novembro, 2009 na sección Grego por XiaoRoel
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Sobre “As Nubes” de Aristófanes

Publicado o 22 Xaneiro, 2009 na sección Grego por XiaoRoel

Para facilitar aos alumnos de Grego a lectura e análise de “As nubes”, damos a continuación algunha ligazón e unha breve introdución.

SOBRE A OBRA:

As Nubes (en grego clásico: Νεφέλαι) é unha comedia temperán dentro da obra do comediógrafo ateniense Aristófanes, que fai unha forte crítica aos sofistas e ás sçuas ensinanzas con humor, onde non faltan os temas e personaxes de moda da Atenas de finais do século -V.

Esta obra foi presentada pola primeira vez no ano -423 nas Dionisias, pero Aristófanes non deu gañado o primeiro lugar, quedando en terceiro posto. Aristófanes nunca se resignou a ter perdido e realizou unha reedición da súa obra reescribíndoa e esa é a versión que se conserva na actualidade. Isto sabémolo porque na mesma comedia o coro exhorta os espectadores reprochándolles o ter perdido. Aristófanes considerábaa a súa obra máis fina de entre as súas comedias. En As Nubes aparece a primeira referencia histórica sobre Sócrates.

ARGUMENTO:

A obra trata dun pai, Estrepsiades (Στρεψιάδης), e do seu fillo Fidipides (Φειδιππίδης). Fidipides é un mozo fanático da hípica e dos cabalos, diversión que lle sae abondo cara ao seu pai, que ten contraído unha serie de débedas polo amor do seu fillo polos cabalos. O pai vai directo á ruina e non ten interés en lles pagar aos acreedores e para iso idea un plano que o tirará de problemas: mandará o seu fillo a estudar ao Pensadeiro (φροντιστήριον, palabra inventada por Aristófanes), tamén traducido como Pensatoiro, de Sócrates, que é unha especie de escola onde ensinan, por diñeiro ou cousas de valor, os sofistas Sócrates e máis o seu amigo Querefonte (Χαιρεφῶν) as diversas disciplinas sofísticas e especialmente o argumento xusto e o argumento inxusto que o tirarán de todas as débedas ao poder gañar os xuizos na súa contra. Pero Fidípides négase a ir e acaba indo Estrepsiades que, cando se atopa cos discípulos de Sócrates e Querefonte, pregunta que é o que fan e mantén despois un diálogo con un deles, durante o que é presentado a Sócrates que é chamado “el mesmo” (αὐτός), que está pendurado nun cesto a observar o ceo. Tras dese episodio cómico Sócrates fálalle do ceo e demóstralle que Zeus non existe e que as nubes tamén son deusas e moi importantes, e quen xunta as nubes non é Zeus senón o “Remuíño” (Δῖνος). Despois comeza un diálogo no que proba a Estrepsiades até que aparecen as Nubes. Logo comeza un diálogo entre as Nubes e Estrepsiades e máis tarde reaparece Sócrates que lle ensina novas cousas, pero Estrepsíades é un home vello e ademais rústico, así que esquence todo o que aprende. As Nubes dinlle que vaia buscar o seu fillo por ser máis novo e así Estrepsiades convénceo para que aprenda os dous argumentos nun diálogo no que o fillo sostén opinións antiga e o pai as opinións novas. Despois Sócrates dille que o mesmo será ensinado por ambos argumentos, gañando o argumento inxusto. Así Fidípides aprende o argumento inxusto e o seu pai lévao para casa. Logo chegan os prestamistas e Estrepsides non os teme e di que non pagará confiando no seu fillo que gañará grazas ao argumento inxusto. Logo o seu fillo que foi corrompido sae perseguindo o padre para zoscarlle, así Estrepsiadesxunto cun escravo toma vinganza de Sócrates que fuxe do pensadeiro que está a ser queimado por Estrepsiades e máis o seu escravo Xantias.

A VISIÓN DE SÓCRATES E OS SOFISTAS:

Aristófanes como ateniense conservador vía na sofística un perigo, xa que segundo a súa opinión corrompía a xuventude, así este situou Sócrates dentro dos sofistas como un dos representantes facendo converxer nele non só o socratismo (Aristófanes na obra fala da aporía e dunha serie de referencias máis acerca do venerábel filósofo ateniense), senón tamén todas as artes sofísticas (retórica, astronomía, música, etcétera). Así preséntanos un Sócrates moi distinto do vello xusto e sabio da Apoloxía de Platón e da de Xenofonte, e moi alonxado da crítica aos sofistas de outros diálogos de Platón como Protágoras, ou das Memorabilia de Xenofonte. Se ben a historia da filosofía e a tradición sempre rexeitaron a imaxe do Sócrates de Aristófanes, na actualidade esa imaxe do astrónomo-sofista, aínda que non é aceptada completamente, recoñécese que hai algo de certo. No Banquete de Platón áchanse Sócrates e Aristófanes, e non teñen problemas para relacionarse o un co outro, e así transcurren sen conflito. A obra cumple o seu propósito de amosar como a xuventude é corrompida por eses extranxeiros que son os sofistas, aínda que a víctima foi Sócrates, que foi ridiculizado polo comediógrafo e a súa imaxe deformada para parecer un sofista normal para a súa época.

ARISTÓFANES

Aristófanes (en grego Ἀριστοφάνης) foi un dramaturgo grego que naceu e morreu en Atenas sobre o -444 e o -385 respectivamente.

Viviu durante a Guerra do Peloponeso, época que coincide co esplendor do imperio ateniense e a súa consecuente derrota a mans de Esparta. Non obstante, tamén foi contemporáneo do rexurdimento da hexemonía ateniense a comezos do século -IV.

Lendo Aristófanes é posíbel facerse unha idea das intensas discusións ideolóxicas (políticas, filosóficas, económicas e literarias) na Atenas daquela época.

A súa postura conservadora levouno a defender a validez dos tradicionais mitos relixiosos e mostrouse reacio perante calquera nova doctrina filosófica. Especialmente coñecida é a súa animadversión cara a Sócrates, a quen na súa comedia As nubes presenta como un demagogo dedicado a inculcar todo tipo de insensateces nas mentes dos mozos. No terreo artístico tamén non se caracterizou por unha actitude innovadora: mesmo consideraba o teatro de Eurípides como unha degradación do teatro clásico.
(Tomado de taringa.net)Ligazón para descargar a obra completa (en castelán): http://rapidshare.com/files/149196567/Aristofanes_-_Las_nubes.pdf.html

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

As oclusivas nalgunhas linguas ides.

Publicado o 2 Outubro, 2008 na sección Grego, Latín por XiaoRoel

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Palabras amplamente compartidas polas linguas ides.

Publicado o 2 Outubro, 2008 na sección Grego, Latín por XiaoRoel

Tamén de Proel esta ilustrativa lista de vocabulario común ide.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Esquema das linguas ides (de Proel)

Publicado o 2 Outubro, 2008 na sección Grego, Latín por XiaoRoel

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo