Publicación da Listaxe Provisional de persoas admitidas e non admitidas para o curso 2024-2025

PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DE PERSOAS ADMITIDAS E NON ADMITIDAS PARA O CURSO 2024-2025
1. No taboleiro do IES do Castro están publicadas, DENDE HOXE 25 DE ABRIL DE 2024, as listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido na ESO e no BACHARELATO por curso e pola orde da puntuación provisional total obtida.
Lembrade que está prohibido facer fotos (Lei de protección de datos)
2. Así mesmo, están dispoñibles a través da aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado):
a) A relación do alumnado de cada curso co número da solicitude de admisión asignado pola aplicación admisionalumnado no momento da súa gravación.
b) O estado de tramitación das solicitudes, utilizando o número de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.
c) A listaxe do alumnado con posto reservado e a listaxe provisional e definitiva do alumnado admitido coa puntuación total e do alumnado non admitido, utilizando calquera dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o certificado dixital e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
SEGUINTES PROCEDEMENTOS DE ADMISIÓN E MATRÍCULA DO ALUMNADO PREVISTOS NA ORDE DO 21/10/2022.
- Prazo de reclamación ás listaxes provisionais: 5 días hábiles contados a partir do 26 de abril.
- Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: 15 de maio.
- Formalización da matrícula na ESO e BACHARELATO: do 23 de xuño ao 7 de xullo.
Segundo a Normativa vixente o alumnado que non se matricule no prazo sinalado perde o dereito á praza no centro.
Imprimir este Artigo









