Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo
Protocolo de adquisición, características e uso das máscaras para o alumnado beneficiario das mesmas

Estimadas familias :
Segundo a orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación secundaria obrigatoria no curso 2020/21 será beneficiario das máscaras , directamente, o alumnado que resultou beneficiario das axudas de material escolar.
A Dirección Xeral de Centros e RRHH mandou unha serie de instrucións para a compra destas máscaras por parte dos centros : Tipoloxía das máscaras – Máscaras hixiénicas reutilizables segundo especificacións UNE 0065 para uso do alumnado. Empregadas para minimizar o risco de propagación da COVID-19 entre as persoas. Non poderán levar ningún tipo de inscrición ou serigrafía.
Adquiriranse 3 ou 4 por alumno/a en función da súa durabilidade ( número de lavados ) , e dos días lectivos que resten de curso.
O noso centro mercou 3 por estudante polas características das máscaras . Teñen 70 lavados e poden ser usadas durante 210 días de clase . Recomendamos non usar estas máscaras durante as vacacións e fins de semana.
Un saúdo da dirección do IES DO CASTRO
Imprimir este Artigo
Club de Lectura
Se che gusta ler, pasar un bo rato comentando as lecturas, coñecer a novas e novos compañeiros, esta é a túa oportunidade.
APÚNTATE AO CLUB DE LECTURA
No primeiro andar tedes dúas caixas onde poder inscribiros depositando en calquera delas un papel onde fagades constar o voso nome, curso e nivel educativo e en que club queredes participar.
A próxima semana convocaremos unha reunión con todos os inscritos, para falar sobre os libros a ler
Imprimir este Artigo
Horarios de titorías -telefónicas nun principio- no curso 2020-2021

Lémbrase que as citas e comunicacións serán preferentemente vía telefónica (en casos de presencialidade comunicarase debidamente e razoadamente)

Imprimir este Artigo
ORDE de regulación dos criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado de ESO (Bacharelato excluído)

ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E).
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade realizará unha achega complementaria procedente do Fondo de Reserva de Garantía Educativa, para que os centros docentes públicos dependentes da consellería e os centros privados concertados afronten no curso 2020/21 a cobertura das novas necesidades sanitarias derivadas da COVID-19, entre outras, a adquisición de máscaras para o alumnado matriculado nos niveis de ensino obrigatorio e educación especial.
As máscaras distribuiranse entre o alumnado incluído no ámbito desta orde pertencente a familias cunha renda per cápita igual ou inferior ao limiar de 6.000 €, que foi o limiar de referencia no curso 2020/21 para ter dereito á axuda para adquirir material escolar (Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial (DOG núm. 96, do 9 de maio).
Polo tanto, será beneficiario das máscaras, directamente, o alumnado que resultou beneficiario das axudas de material escolar e, logo de solicitude e comprobación da renda per cápita da unidade familiar, o resto do alumnado que non foi beneficiario por diferentes circunstancias, sempre que reúna o requisito.
INFORMACIÓN MÁIS DETALLADA

orde-distribucion-mascaras-alumnado.pdf

dog-venres-13-novembro-2020.pdf
Imprimir este Artigo
Hora de Ler
O luns 16 de novembro imos comenzar coa Hora de Ler, Esta actividade está destinada as alumnas e alumnos de 1º e 2º ESO. Enmárcase dentro do Plan Anual da Biblioteca,e o fin primordial é o fomento , a animación á lectura e o aumento da comprensión lectora do noso alumnado.
A primeira hora de lectura comenzará, como ven especificado nos horarios de cada curso , na segunda hora.
Debido aos novos aforamientos das aulas , os armarios son as novas bibliotecas de aula. Se algunha alumna ou alumno non trae o seu libro, poderá utilizar os libros preparados no armario para a hora de Ler.
CLIC NA IMAXE
DESCARGAR HORARIOS
Imprimir este Artigo
Entrega de premios Concurso de Microrrelatos
O venres entregáronse os premios do I Concurso de Microrrelatos Xoán Xosé Sande.
Tres dos alumnos premiados
O concurso convocouse para escribir un microrrelato que tivera como comenzo:
“As cousas podían suceder de calquera outra maneira e, con todo, sucederon así…”
Tres dos alumn@s premiados: Niobe Alonso , primeiro premio Bacharelato, Andrea Costas , primeiro premio ESO e Miguel Cruz segundo premio ESO
O terceiro premio de Bacharelato recaeu en Martima Migliarini , pero foi recollido polo seu irmán
As profesoras e as alumnas e alumno premiados
PARABÉNS A TODAS E TODOS AS PREMIADAS E OS PREMIADOS
Imprimir este Artigo




















