Convocatoria de axudas para actividades de formación en linguas estranxeiras

Informamos da apertura do prazo para solicitar axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017.
Dirixidas a alumnado de ESO e Bacharelato
Prazo de presentación: ata o 28 de marzo de 2017 na secretaría do centro
Pódese consultar a Orde publicada no DOG no seguinte arquivo:

orde-axudas-formacion-alumnado-en-linguas-estranxeiras-anunciog0164-150217-0001_gl.pdf
Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo
Espléndida Actividade Didáctica
O alumnado de Xeoloxía visita a illa de Terceira nas Azores !!!
Por fin as Redes Sociais serven para algo POSITIVO !!!
Imprimir este Artigo
Noraboa Campión!
Glosa en FARO de Vigo:
Martín De la Puente
@tindelapuente Congrats, Martín! A real world champ! Enjoy it !
pic.twitter.com/KtkJLzW6kQ
— Alberte Zato (@alberte_zato) 31 xaneiro 2017
Imprimir este Artigo
Convocatoria de Becas Europa

O alumnado do IES do Castro de 1º Bacharelato ten a oportunidade de participar na convocatoria das Becas Europa.
O centro ten a posibilidade de presentar a 3 candidatos/as para optar a estas becas (información no folleto adxunto).
Os interesados/as poden presentar a súa solicitude en Secretaría ata o día 24 de febreiro de 2017: escrito no que manifestan o seu desexo de participar, nome, apelidos e grupo ó que pertencen. O Instituto seleccionará os tres mellores expedientes (notas de 4º ESO + 1º avaliación 1º Bach) entre os que presenten a solicitude e estes poderán optar ás becas mediante os códigos que lles serán entregados.
folleto-convocatoria-becas-europa-xiii.PDF
Imprimir este Artigo
X CONCURSO de Felicitacións do Nadal * 2016
A Asociación de Nais e Pais do Alumnado (ANPA) e o IES do CASTRO convocan o:
X CONCURSO de Felicitacións do Nadal * 2016
MODALIDADES:
A) FELICITACIÓNS DIXITÁIS (powerpoint, flash, AVI, mpg, …).
B) FELICITACIÓNS TRADICIONAIS (formato papel).
CATEGORÍAS: I.- 1º, 2º e 3º da ESO.
II.- 4º da ESO, 1º e 2º BACHARELATO.
PREMIOS: ata 50 € en metálico por modalidade e categoría, segundo defina o Xurado.
BASES:
1. poderanse presentar traballos individual e/ou colectivamente.
2. deberán ser traballos orixinais, e en galego.
3. nalgún lugar da postal ou presentación deberá aparecer o nome e/ou logotipo do IES do Castro.
4. as felicitacións tradicionais faranse nun formato non superior a DIN A4 (210×297 mm.).
5. as felicitacións dixitais non terán unha duración maior de 3 minutos.
6. o xurado poderá declarar deserto calquera premio se estima que non se acada un nivel mínimo de calidade ou orixinalidade.
7. os traballos premiados serán expostos nas instalacións do centro ou na web do instituto.
8. o prazo de presentación dos traballos rematará o 19 de decembro ás 18:30, e o fallo do xurado farase público o día 22 dese mes.
9. os traballos impresos, de ser posible, non deberán levar visible á identificación do autor/a na cualificación polo xurado, figurando o nome do autor/a nunha parte non visible do mesmo.
10. os traballos non regrados na programación académica do Centro serán entregados no buzón da ANPA (modalidade B, ou disco en modalidade A) ou no correo electrónico anpaiesocastro@hotmail.com (so modalidade A e tamaño non maior de 5 MB), indicando os seguintes datos: nome(s) e apelidos, e curso.
11. o xurado é composto por 2 membros da ANPA, 2 alumnos da Xunta de Delegados do centro, e 2 profesores do Instituto que serán os que decidirán os traballos premiados e o reparto da asignación económica.
Imprimir este Artigo
Departamento de Bioloxía e Xeoloxía: Alumnado con materias pendentes.
As instruccións para recuperar as materias pendentes do departamento de Bioloxia e Xeoloxía aparecen recollidas no seguinte documento pdf:
Imprimir este Artigo
A.N.P.A. IES DO CASTRO - Convocatoria de Xuntanza Xeral Extraordinaria
Mércores 28 de setembro ás 18:00 horas
Sala de Usos Múltiples do IES O Castro.
Orde do día:
1.- Lectura e aprobación, se procede, do acta anterior.
2.- Informe do presidente e da Xunta Directiva da ANPA.
3.- Actividades extraescolares da ANPA e viaxe do fin de curso de 4º da ESO.
4.- Proposta de novas incorporacións e cambios na Xunta Directiva da ANPA.
5.- Proposta de data e orde do día da asemblea xeral ordinaria da asociación.
6.- Rogos e preguntas.
Máis información e ficha de inscrición na ANPA

ficha_e_convocatoria_2016_17.pdf
Imprimir este Artigo














