Convocatoria pública de prazas de Bacharelato Internacional no IES do Castro
O IES DO CASTRO anuncia a convocatoria de prazas para cursar o próximo ano o primeiro curso do Bacharelato Internacional no seu Centro nas modalidades de Ciencias Sociais e de Ciencias e Tecnoloxía.
O número de prazas ofertadas é de 26 e poderán optar a elas todos os alumnos e alumnas que o desexen sen máis requisito que ter aprobado en xuño o 4º curso do Ensino Secundario Obrigatorio (ESO).
A adxudicación de prazas, competencia do Consello Escolar do Centro, terá en conta so o expediente dos alumnos nos catro cursos da ESO, por tratarse dunha modalidade de Bacharelato única na Provincia.
O prazo para solicitar praza estará aberto a partir do 14 de marzo ata o 15 de xuño e se fará mediante a folla de inscrición que se acompaña abaixo ou se poderá recoller no Centro a partir da primeira data sinalada. A entrega da documentación será na Secretaría do Centro ou ben por correo electrónico na dirección castroibo@gmail.com, esta última con plena validez legal.
A primeiros do mes de xuño convocarase unha reunión informativa con todos os interesados para dar conta das características máis importantes desta modalidade de Bacharelato.
A resolución da convocatoria será publicada nesta páxina e no taboleiro oficial do Centro na derradeira semana do mes de xuño.
En todo caso, para ampliar a información, pódese consultar o tríptico publicado máis abaixo ou a páxina oficial da Organización do Bacharelato Internacional: http://www.ibo.org/es/. Ademáis, é conveniente que os interesados pidan unha entrevista co coordinador do Bacharelato Internacional (na conserxería do Centro ou vía correo electrónico: castroibo@gmail.com)
Vigo, 13 de marzo de 2014.
Tríptico
Formulario de solicitude de praza


solicitude_praza_2014_2015_bacharelato_internacional.pdf
Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo
Actividades do venres 20 de decembro

Estimados pais/titores:
O próximo venres, dia 20 de decembro de 2013, o IES do Castro suspenderá as clases ordinarias e alterará o horario habitual tal e como se indica a continuación:
1- A hora de entrada será ás 10:30h e os titores dos diferentes grupos entregarán as cualificacións da primeira avaliación nas aulas correspondentes de cada grupo (para 1º e 2º da ESO) ou na aula de materia do profesor titor (no caso do resto dos cursos).
2- Ás 11,00h dará comezo o Festival de Nadal, con diversas actuacións musicais tanto por parte do alumnado coma do profesorado. A hora prevista para o remate do festival será ás 13:00h.
3- O alumnado deberá permanecer no centro ata as 13,00h, coa excepción dos/as alumnos/as de 4º da ESO e Bacharelato que teñan autorización paterna por escrito para saír antes (en ningún caso poderán saír antes os alumnos/as de 1º, 2º e 3º da ESO). A este respecto recórdase que están a disposición do alumnado, tanto en conserxería como na web do IES do Castro, as follas oficiais de xustificación de faltas que serán as esixidas como autorización.
Bo Nadal e Aninovo
A Dirección
Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo
Alumnado: Recoñecedes estas prendas de roupa?
Estas prendas de roupa abandonadas están tristes e con bágoas nas suas fibras porque os seus donos/as non as reclaman…
Se recoñecedes algunha(s) delas, contactade coa vicedirección para que o agarimo torne ás súas vidas e recuperala(s).
Pasado un breve período de tempo, se non son reclamadas, pasarán ao hospicio roupeiro onde seguramente daranlle mellor uso que os seus desapegados donos/as.
Clíquese nas imaxes para agrandalas
Imprimir este Artigo
Normas de actuación nas folgas de estudantes

No seguinte documento pdf aparecen as instruccións de actuación nas xornadas de folga que poideran ser convocadas no presente curso acedémico:
Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo































