Convocatoria pública de prazas de Bacharelato Internacional no IES do Castro

Publicado o 12 Marzo, 2014 na sección Zona Alumnado, Noticias do Programa do Diploma do BI, Convocatorias por Alberte Zato

IB 100O IES DO CASTRO anuncia a convocatoria de prazas para cursar o próximo ano o primeiro curso do Bacharelato Internacional no seu Centro nas modalidades de Ciencias Sociais e de Ciencias e Tecnoloxía.

O número de prazas ofertadas é de 26 e poderán optar a elas todos os alumnos e alumnas que o desexen sen máis requisito que ter aprobado en xuño o 4º curso do Ensino Secundario Obrigatorio (ESO).

A adxudicación de prazas, competencia do Consello Escolar do Centro, terá en conta so o expediente dos alumnos nos catro cursos da ESO, por tratarse dunha modalidade de Bacharelato única na Provincia.

O prazo para solicitar praza estará aberto a partir do 14 de marzo ata o 15 de xuño e se fará mediante a folla de inscrición que se acompaña abaixo ou se poderá recoller no Centro a partir da primeira data sinalada. A entrega da documentación será na Secretaría do Centro ou ben por correo electrónico na dirección castroibo@gmail.com, esta última con plena validez legal.

A primeiros do mes de xuño convocarase unha reunión informativa con todos os interesados para dar conta das características máis importantes desta modalidade de Bacharelato.

A resolución da convocatoria será publicada nesta páxina e no taboleiro oficial do Centro na derradeira semana do mes de xuño.

En todo caso, para ampliar a información, pódese consultar o tríptico publicado máis abaixo ou a páxina oficial da Organización do Bacharelato Internacional:  http://www.ibo.org/es/. Ademáis, é conveniente que os interesados pidan unha entrevista co coordinador do Bacharelato Internacional (na conserxería do Centro ou vía correo electrónico: castroibo@gmail.com)

Vigo, 13 de marzo de 2014.

 

Tríptico

 triptico_ib.jpg

 

Formulario de solicitude de  praza

 praza_ib.jpg

.pdf

solicitude_praza_2014_2015_bacharelato_internacional.pdf 

 

 

Related Posts with Thumbnails

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo