Aviso sobre as listas definitivas de admitidos/as no IES do Castro 2019-2020

Publicado o 9 Maio, 2019 na sección Avisos urxentes por Alberte Zato

reserva_praza.png

As listas definitivas de alumnado admitido no instituto non se publicarán ata o día 14 de maio.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Corrixido erro no calendario escolar publicado neste sitio web: O día 19 de marzo non é lectivo

Publicado o 11 Marzo, 2019 na sección Avisos urxentes, Zona Alumnado, Xefatura de Estudos, Dirección por Alberte Zato

Advertido un erro no calendario escolar 2018-2019 que aparecía neste sitio web no que o día 19 de marzo 2019 figuraba como lectivo, corríxese o mesmo xa que dito día será non lectivo por ser día feirado en Galicia.

Si serán lectivos os días 18 e 29 de marzo.

calendario-escolar-2018-2019.jpg

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Programa municipal de inmersión en lingua inglesa - Vigo en Inglés 2019

Publicado o 20 Xaneiro, 2019 na sección Viaxes, Avisos urxentes, Zona Alumnado, Convocatorias por Alberte Zato

[Clique nas imaxes para velo tríptico a escala 1:1]

 tripticovigoeningles2019_page_1.jpg

tripticovigoeningles2019_page_2.jpg

1º COMO SOLICITAR A AXUDA

Entra na web www.vigoeningles.org , descarga os anexos correspondentes e entregaos xunto coa documentación necesaria no Rexistro Xeral do Concello de Vigo de luns a venres en horario de 9,00 a 13,30 horas , dentro do prazo de presentación de solicitudes

2º REQUISITOS

a)Estar a cursar 3.º da ESO nun centro educativo do Concello de Vigo sostido con fondos públicos durante o curso académico 2018/2019 

b)Ter aprobadas todas as materias de 2.º de ESO.

c)Ter obtido como mínimo unha nota de 7 na materia de Lingua inglesa nas cualificacións finais de 2.º de ESO.

d)Estar empadroado no Concello de Vigo ( vixencia mínima 01/01/2018 )

e)Non ter concedida, no ano 2019, outra axuda coa mesma finalidade.

f)DNI/NIE ou pasaporte en vigor (vixencia mínima de 6 meses).

3º DOCUMENTACION QUE TES QUE PRESENTAR

a)Solicitude da praza debidamente cuberta e asinada polos solicitantes, segundo modelo que figura no Anexo I.

b)Fotocopia simple do DNI/NIE ou pasaporte en vigor (mínimo por 6 meses) do/a alumno/a solicitante

c)Fotocopia simple do DNI/NIE dos solicitantes (pai e nai ou titor legal) que asinan a solicitude de participación do Anexo I

d) Autorización para solicitude de información fiscal cuberta e asinada, segundo o modelo que figura no Anexo II

e) Certificación académica orixinal emitida e selada polo centro educativo.

f)Xustificación de ingresos: Aquelas familias que non autoricen ao Concello de Vigo a solicitude de información fiscal á Axencia Tributaria, deberán presentar fotocopia de última declaración da renda de todos os membros da unidade familiar ou certificado de estar exento/a emitido pola Axencia Tributaria.

g)Autorización asinada polo pai/nai ou titor legal, segundo o modelo que figura no Anexo III.

h)Fotocopia simple do libro de familia na que figuren todos os membros de unidade familiar ou documentación acreditativa da titoría legal e, de ser o caso, acreditar documentalmente outras circunstancias familiares (familia numerosa, pai/nai solteiro/a, divorcio ou separación, viúvo/a ,discapacidade……)

i)Declaración de non ter concedida, no ano 2019, outra axuda coa mesma finalidade, segundo o modelo que figura no Anexo IV.

j)No caso de que o participante precise de atencións médicas especiais (por mor de alerxias, discapacidades, intolerancias, etc.), deberá presentar un certificado médico orixinal que así o acredite.

4º PRAZO DE PRESENTACIÓN E RESOLUCIÓN PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte da data de publicación das bases da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

A partir da data de publicación da concesión das prazas definitivas na páxina web haberá un prazo de 5 días hábiles para presentar por escrito a aceptación ou a renuncia da praza concedida segundo o modelo do Anexo V e, de ser o caso o xustificante de ingreso bancario da achega correspondente.

CONSULTAS

Na web www.vigoeningles.org ou dirixirse ao Servizo Municipal de Educación.

Concello de Vigo , Praza do Rei s/n, Planta 11ª

E-mail: vigoeningles@vigo.org

Tfno: 986-810181

Máis información en http://www.vigoeningles.org/

 

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Trámites administrativos nas vacacións de Nadal 2018

Publicado o 19 Decembro, 2018 na sección Avisos urxentes por Alberte Zato

horario-nadal.jpg

iesdocastroblogblue1_xmas.jpg

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Alerta dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por refachos de vento superiores a 100km/h

Publicado o 6 Novembro, 2018 na sección Avisos urxentes por Alberte Zato

Alerta dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por refachos de vento superiores a 100km/h

Mar, 06/11/2018 - 11:13

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e MeteoGalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por refachos de vento superiores a 100km/h, que comezará as 12:00/15:00 horas do martes día 6.11.2018 e prolongaráse ata as 00:00 horas do día 7.11.2018.

Este adverso afectará ás zonas de predición meteorolóxica de suroeste da Coruña, oeste da Coruña, noroeste da Coruña, litoral Pontevedra e a Mariña

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:

1. A SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES NO EXTERIOR nos centros educativos situados nas zonas de predición meteorolóxica afectadas.
2. A autoridade educativa comunicará esta incidencia ás direccións dos centros escolares afectados, solicitando que leven a cabo esta medida e fagan un seguimento dos partes meteorolóxicos durante a xornada na que se desenvolverá este adverso.
3. Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro, supuxesen un risco superior ao declarado e pasase a unha declaración de nivel superior, as direccións poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión das actividades extraescolares.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

O vernes, día 2 de novembro deste 2018, DÍA NON LECTIVO

Publicado o 30 Outubro, 2018 na sección Avisos urxentes, Zona Alumnado, Xefatura de Estudos, Dirección por Alberte Zato

iesdocastrocover_dianonlectivo.jpg

Segundo o aprobado polo Consello Escolar e autorizado pola Inspección Educativa, o venres, día 2 de novembro deste 2018, será día non lectivo correspondendo ao cupo de non lectivos propios do instituto.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Servizo de cafetería do centro: Aviso importante

Publicado o 18 Setembro, 2018 na sección Avisos urxentes, Dirección por Alberte Zato

POR RAZÓNS ALLEAS AO IES do CASTRO, E RELACIONADAS COA NOVA MODALIDADE CONTRACTUAL DE SERVIZOS PÚBLICOS,
A CAFETERÍA DO IES do CASTRO  PERMANECERÁ PECHADA DURANTE A PRIMEIRA SEMANA DE CURSO.
 
Nova da problemática en Faro de Vigo

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo