Alerta dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por refachos de vento superiores a 100km/h

Publicado o 6 Novembro, 2018 na sección Avisos urxentes por Alberte Zato

Alerta dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por refachos de vento superiores a 100km/h

Mar, 06/11/2018 - 11:13

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e MeteoGalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por refachos de vento superiores a 100km/h, que comezará as 12:00/15:00 horas do martes día 6.11.2018 e prolongaráse ata as 00:00 horas do día 7.11.2018.

Este adverso afectará ás zonas de predición meteorolóxica de suroeste da Coruña, oeste da Coruña, noroeste da Coruña, litoral Pontevedra e a Mariña

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:

1. A SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES NO EXTERIOR nos centros educativos situados nas zonas de predición meteorolóxica afectadas.
2. A autoridade educativa comunicará esta incidencia ás direccións dos centros escolares afectados, solicitando que leven a cabo esta medida e fagan un seguimento dos partes meteorolóxicos durante a xornada na que se desenvolverá este adverso.
3. Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro, supuxesen un risco superior ao declarado e pasase a unha declaración de nivel superior, as direccións poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión das actividades extraescolares.

Related Posts with Thumbnails

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo