
 
- Como queira que o número de prazas concedido, segundo a resolución provisional da Consellería de Educación, é de 14 e soamente para 2º de Bacharelato, infórmase que 2 delas serán para Francés e 12 para Inglés. Non hai praza algunha para 1º de Bacharelato nin para 4º da ESO.
- Como queira tamén que hai máis solicitudes de Inglés que prazas concedidas, procederase a aplicar o baremo de selección publicado anteriormente neste sitio web - http://centros.edu.xunta.es/iesdocastro/?p=6065 -
- A resolución de selección despois da baremación será publicada no taboleiro de anuncios do instituto coa limitación que precisa a Lei de Protección de datos.
 
