PAAU: SELECTIVIDADE setembro 2010 Consellos

Publicado o 13 Setembro, 2010 na sección Departamentos por Alberte Zato

DATAS máis IMPORTANTES QUE DEBES TER EN CONTA

15, 16, 17 de setembro Realización das probas. O lugar para os alumnos do IES do Castro será na Facultade de Filoloxía e Traducción no campus universitario “As Lagoas S/N – Marcosende de Vigo. Os horarios das probas veñen na páxina 20 da “Guía 2010 de acceso ao sistema universitario de Galicia” incluído co sobre informativo e que podes consultar na seguinte dirección web: http://ciug.cesga.es/calendario.html

23 de setembro Cualificacións provisionais das PAAU: difusión a través de Internet e exposición na CIUG das actas provisionais das PAAU (a partir das 20,00 horas)

24 a 28 de setembro Solicitude de reclamación para a revisión das cualificacións das PAAU: farase exclusivamente nos LERDs (lugares de envío e recollida de datos) empregando soamente o modelo de solicitude contido no sobre de matrícula e que se recolle coa tarxeta de identificación.Solicitude de dobre corrección das cualificacións das PAAU: farase exclusivamente nos LERDs empregando soamente o modelo de solicitude contido no sobre de matrícula e que se recolle coa tarxeta de identificación.

(A explicación pormenorizada destes dous procedementos de revisión das cualificacións está na “Guía 2010 das PAAU” que se vos entregará cando formalicedes a matrícula na proba)

RECOMENDACIÓNS E INFORMACIÓNS DE INTERESE SOBRE PROBLEMÁS OU DÚBIDAS NAS PAUU

¿Qué pasa se chegas tarde?: Coa finalidade de evitar os nervios, que non axudan á realización dos exercicios, non esquezas que o primeiro día a presentación é ás 9 e debes ser puntual. Pero o primeiro exame comenza ás 10.Chegas tarde a un exame: Hai tamén unha marxe de media hora para incorporarse a cada exame, polo que, en caso de indisposición leve, non debes alterarte, só perdes uns minutos de exame, pero podes entrar a realizalo.Esqueces ou perdes o DNI: comunica o teu problema ao profesor que te acompaña ou ao vixiante do tribunal e eles resolverano. Etiquetas identificativas: O tribunal entregará unhas pegatinas nominais a cada alumno con códigos de barras identificativos para pegar nos exames. Un exame sen etiqueta é un exame nulo..- Se perdes as pegatinas dos códigos de barras: comunícao inmediatamente ao tribunal para que che proporcionen unhas novas (que se chaman de incidencias) e que deberás usar a partir dese momento aínda que aparezan as perdidas (que quedan anuladas)..- Comprobas que tes unha pegatina de máis (é dicir, que non a pegaches nalgún exame): avisa inmediatamente a un membro do tribunal para que busquen o teu exame sen etiqueta (para que o identifiques se é necesario) e sexa pegada no seu lugar.

DOCUMENTACIÓN E MATERIAL QUE DEBES LEVAR Á PROBA

XERAL.- DNI (Documento Nacional de Identidade), pasaporte ou carné de conducir..- Bolígrafos, negro ou azul.

ESPECÍFICA DALGUNHAS MATERIAS Os alumnos de Matemáticas e Física deberán levar: .- Calculadora non programableNon tes que levar as táboas necesarias para resolver problemas (Matemáticas, Química) pois serán entregadas polo tribunal cos exames, cando fosen necesarias. Os alumnos de Latín e Grego levarán.- Dicionario Para o exame de Debuxo Técnico deberán levar .- Lapis ou portaminas (2H e 2B), goma, escuadra/cartabón – regra, transportador de ángulos, compás (podes levar varias minas de compás preparadas) Ademais convén levar .- Lixa para afiar, celo para fixar o papel e debuxar mellor.

Non se pode compartir material no exame baixo ningún concepto.

LUGARES DE CONSULTA:

.- Páxina WEB específica de consulta sobre a selectividade onde terás toda a información:

http://www.CESGA.es/ciug

.- No taboleiro do instituto estará exposta toda a información oficial sobre as probas de acceso a universidade e,por tanto, o calendario. .- Lembra que nestas datas debes estar atento aos taboleiros de anuncios, periódicos e todo tipo de informacións e non debes esperar que te veñan a avisar das convocatorias e prazos.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Do IES do Castro a Castromao

Publicado o 27 Maio, 2010 na sección Lingua e Literatura galegas, Normalización e Dinamización Lingüística, Taboleiro Transversal por Xulio Dobarro

 diante_igrexa.JPG

 

1ª Parte : A contorna do Castro-Vigo

O mes de maio é abondoso en acontecementos non só porque a primavera está no seu maior apoxeo, senón porque tamén coincide con varias actividades que desde xa hai ben anos son obxecto de atención no ámbito escolar. Este curso para non ser menos que outros, o alumnado de terceiro da ESO tivo a oportunidade de poñer en práctica algúns deses quefaceres habituais que pretenden ir moldeando ao alumnado de acordo cunha serie de principios que desde a Comunidade educativa do Ies do Castro se consideran fundamentais.

(Ler o resto do artigo »)

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

DE INTERÉS PARA 1º B.I.

Publicado o 17 Maio, 2010 na sección Física e Química por Nieves
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Exercicios de física 3º ESO (con resultados).

Publicado o 17 Maio, 2010 na sección Física e Química por Nieves
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

De interés para 1º B.I. ( más sobre el LHC)

Publicado o 13 Maio, 2010 na sección Física e Química por Nieves
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Recursos para cultura clásica, latín e grego

Publicado o 27 Abril, 2010 na sección Grego, Latín por Carmen Vilariño Agras

           Alumnado de linguas clásicas

eureka2.jpg

Para todos/as os alumnos/as de cultura clásica, latín e grego. Aqui os deixo uns enlaces moi interesantes onde podedes practicar online, os vosos coñecementos sobre a cultura e linguas greco-romanas. Estas son boas datas, próximos estamos aos exames finais, de poñer en práctica as vosas destrezas da lingua de Roma e da lingua grega.E un modo sinxelo á par que entretido e así os vosos estudos de declinacións e conxugacións non vós resultarán tan duros.

         Enlaces

               Recursos online de latín, grego e cultura clásica

               www.luduslitterarius.net

               http://www.culturaclasica.com/

               http://www.extremaduraclasica.com/contenidos/htm.

                                     

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Derivadas (vídeo)

Publicado o 21 Abril, 2010 na sección Matemáticas por Ramón

Logo Google Videos   − 03 −   Derivadas.
El Universo Mecánico [The Mechanical Universe]

Serie documental de 52 capítulos, de media hora cada un, dedicados a distintos temas de Física, aínda que tres deles tratan de temas Matemáticos como linguaxe da Física.  (Derivadas, vectores e integración)

“Leccións maxistrais” impartidas por David Goodstein [Realizado por California Institute of Technology & The Corporation for Community College], que emitiron en TVE2  tve 2  no ano 1985.

A función das matemáticas nas ciencias físicas. Como concepto teórico e ferramenta práctica, a derivada axuda a determinar a velocidade instantánea e a aceleración dun corpo que cae. A diferenciación desenvólvese máis para calcular como unha cantidade calquera cambia en relación a outra. A regra da potencia, a regra do produto, a regra da cadea: cunhas cantas regras sinxelas, diferenciar calquera función resulta unha tarefa doada.
Obxectivos pedagóxicos: Definir o concepto de derivada. Interpretar a relación entre tanxente e derivada. Calcular derivadas elementais usando as regras de diferenciación.

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo