Derivadas (vídeo)
− 03 − Derivadas.
El Universo Mecánico [The Mechanical Universe]
Serie documental de 52 capítulos, de media hora cada un, dedicados a distintos temas de Física, aínda que tres deles tratan de temas Matemáticos como linguaxe da Física. (Derivadas, vectores e integración)
“Leccións maxistrais” impartidas por David Goodstein [Realizado por California Institute of Technology & The Corporation for Community College], que emitiron en TVE2
no ano 1985.
A función das matemáticas nas ciencias físicas. Como concepto teórico e ferramenta práctica, a derivada axuda a determinar a velocidade instantánea e a aceleración dun corpo que cae. A diferenciación desenvólvese máis para calcular como unha cantidade calquera cambia en relación a outra. A regra da potencia, a regra do produto, a regra da cadea: cunhas cantas regras sinxelas, diferenciar calquera función resulta unha tarefa doada.
Obxectivos pedagóxicos: Definir o concepto de derivada. Interpretar a relación entre tanxente e derivada. Calcular derivadas elementais usando as regras de diferenciación.










Publique un comentario
Debe estar conectado para publicar un comentario.