Matrícula para as PAAU. Convocatoria de setembro (curso 2012-13)

Publicado o 5 Setembro, 2012 na sección Avisos urxentes, Secretaría por Xefatura de Estudos
 Só se pode matricular o alumnado que superou o 2º curso de bacharelato.

  • A matrícula hai que facela na secretaría do IES do CASTRO:

  •     o luns, 10 de setembro de 9  a 12:00 horas.

  • Antes de matricularse farase o depósito do TÍTULO DE BACHAREL.
    – Hai que recoller en secretaría o impreso de TAXAS AUTOLIQUIDACIÓN,
    facer o ingreso que corresponda nunha entidade bancaria e facer o depósito de título no momento de formalizar a matrícula das probas de selectividade.
  • TAXAS
    TÍTULO DE
    BACHAREL
    – ORDINARIA 49,82 €
    – FAMILIA NUMEROSA 1ª 24,94 €
    – FAMILIA NUMEROSA 2ª e HONRA GRATUÍTA

    Documentación necesaria para a matrícula das PAAU:

    Fotocopia do DNI sen recortar.
    Xustificante (folla amarela e rosa) de ter aboadas as taxas de matrícula e documentación que acredite, se é o caso, a exención das mesmas.
    Formulario de solicitude de opcións do bacharelato polas que concorre ás PAAU debidamente cuberto.
    Fotocopia da tarxeta (vixente) de familia numerosa para o alumnado que alegue esta circunstancia.
    Fillos de funcionarios das Universidades de Galicia:    Certificación dos servizos de persoal, e fotocopia do Libro de Familia para xustificar que son fillos de funcionarios.

    »  NOTA: todas as fotocopias deberán vir acompañadas dos orixinais para facer as compulsas.
    TAXAS de MATRÍCULA das PAAU (incluído o importe do sobre: 6 €)
    – Matrícula ordinaria: 63,67€
    – Familia numerosa de 1ª categoría: 31,84€
    – Familia numerosa de 2ª categoría e Honra: 6,00 €
    – Persoal docente e de administración e servizos, así como o seu cónxuxe e fillos, das tres universidades do SUG: 6,00 €
  • O día 14 de setembro o alumnado deberá revisar no centro os datos contidos nas listaxes de matriculados.
  • Máis información nos taboleiros, na secretaría do instituto ou na páxina WEB da CIUG.
  • Datas dos exames: 19, 20 e 21 de setembro, na Escola Técnica Superior de Enxeñería de Minas.
  • NOTA: O alumnado que non se presente ás probas de selectividade pero que queira acceder a un ciclo superior deberá realizar o depósito do título obrigatoriamente.

    Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

    Matrícula Setembro

    Publicado o 3 Setembro, 2012 na sección Avisos urxentes, Secretaría por Xefatura de Estudos

    MATRÍCULA SETEMBRO

    O alumnado formalizará a matrícula para o curso 2012-2013 inmediatamente despois da recollida das cualificacións.

    Necesítase:

    • SOBRE DE MATRÍCULA:recóllese en consexería (5 euros)
    • 4 FOTOGRAFÍAS.
    • Fotocopia do DNI.

    Horario:

    2º BACHARELATO: xoves, 6 de setembro de 16:00 a 18:00.

    1º BACHARELATO: venres, 7 de setembro de 9:00 a 10:30.

    4º ESO: venres, 7 de setembro de 10:30 a 11:30.

    3º ESO: venres, 7 de setembro de 11:30 a 12:30.

    2º ESO: venres, 7 de setembro de 12:30 a 13:30.

    1º ESO: venres, 7 de setembro de 13:30 a 14:00.

    SELECTIVIDADE: luns, 10 de setembro de 9:00 a 12:00.

     

    RECLAMACIÓNS

     

    Lémbrase o alumnado que non estea conforme coa súa cualificación que o procedemento a seguir é o seguinte:

    -1ª Instancia: pedir ó/á profesor/a da asignatura a revisión do seu exame no seguinte prazo:

    2º Bacharelato: xoves, 6 de setembro, de 12:30 a 14:00.

    ESO e 1º Bach.: venres, 7 de setembro, de 10:00 a 12:00.

    - 2ª Instancia: En caso de disconformidade coa reclamación realizada ó/á profesor/a da asignatura o alumnado poderá facer unha reclamación ó Departamento, segundo modelo oficial, no seguinte prazo:

    2º Bach.: xoves e venres, 6 e 7 de setembro, ata ás 14:00

    ESO e 1º Bach.: venres e luns, 7 e 10 de setembro, ata ás 14:00.

    A resolución das reclamacións de 2º de Bacharelato realizaranse o luns ás 12:00, e as da ESO e 1º de Bacharelato o martes ás 12:00.

    - 3ª Instancia: en caso de disconformidade coa resolución dos Departamentos o alumnado poderá presentar reclamación ante a Inspección Educativa.

     

     3 de Setembro do 2012

    Xefatura de estudos

     calendario_-matricula_setembro.pdf

    .pdf

     

    Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

    Comezo do curso 2010-2011: Horario de incorporacións ás aulas

    Publicado o 10 Setembro, 2010 na sección Avisos urxentes, Xefatura de Estudos, Secretaría por Alberte Zato

    DÍA DE COMEZO DO CURSO ESCOLAR 2010-2011

       

    VENRES, 17 DE SETEMBRO

    HORARIO DE PRESENTACIÓN

     

    1ºESO………………………..11:00

     

    2ºESO……………..…………11:30

     

    3ºESO………………………..12:00

     

    4ºESO………………………..12:30

     

    1ºBACHARELATO……….13:00

     

    2ªBACHARELATO……….13:30

    Lugar de presentación:

    O alumnado de 1º da ESO e 1º de Bacharelato na Sala de Conferencias.

    Os demais, na aula co seu titor (nos próximos días publicaranse as listas dos grupos e a aula correspondente a cada un deles).

    Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

    Proxecto Educativo do Centro (inclúe o Regulamento de Réxime Interior)

    Publicado o 27 Abril, 2010 na sección +++Documentos e formularios de interese, Secretaría, Dirección por Secretaria

    Polo seu interese, publicamos aquí, no documento adxunto, o PEC do Centro, aprobado polo Consello Escolar o día 26 de xuño de 2002.

    .doc  PEC IES do CASTRO

    Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

    Oferta de Prazas para o curso 2010-2011

    Publicado o 18 Marzo, 2010 na sección Administración, Secretaría por Alberte Zato


     oferta_prazas.jpg

     

    OFERTA

     

    1º DE ESO————————  10

     

    2º DE ESO————————  8

     

    3º DE ESO———————— 12

     

    4º DE ESO———————— 6

     

    1º DE BACHARELATO : 55

     

     

    2º DE BACHARELATO :

     

    Ciencias e Tecnoloxía — 5

    Humanidades e Ciencias Sociais— 0       

     

     

    -Reserva de praza do 1 de marzo ao 6 de abril de 2010.

     

    -Recóllanse impresos de solicitude de praza na Conserxería.

     

    -Entréguense do 1 de marzo ao 6 de abril na secretaría do centro en horario de 9,30 a 13,30 horas e os luns e mércores de 16 a 18 horas.     

    Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

    Programa de Inmersión en Lingua Inglesa - PILIVIGO 2010

    Publicado o 18 Marzo, 2010 na sección Zona Alumnado, Administración, Convocatorias, Lingua Inglesa por Alberte Zato

    INFORMACIÓN

    PROGRAMA  DE INMERSIÓN EN LINGUA INGLESA - PILIVIGO 2010

    PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDE: 22 de marzo ao 16 de abril no Rexistro do Concello ou  nas oficinas de Correos en sobre aberto.

    IMPRESOS DE SOLICITUDE: Na oficina do centro, na páxina web http://www.pilivigo.org/ ou no servizo de Educación do Concello de Vigo.

    Para ser admitido hai que ter aprobadas todas as materias de 2º de ESO e ter como mínimo un 6 na materia de Inglés.

    Todo o alumnado que desexe participar, debe solicitar unha certificación académica na oficina do centro co tempo suficiente, non esperedes ao último día.

     

    Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

    Becas para inglés do MEC

    Publicado o 8 Marzo, 2010 na sección +++Documentos e formularios de interese, Secretaría, Lingua Inglesa por Alberte Zato

    scholarships.png

    Para mestres/as e estudantes de maxisterio

    Clíquese na imaxe para descargar o .pdf coas bases da convocatoria

    zatoshot_boe_english1.jpg

    Para xoves dende 16 a 30 anos

    Cliquese na imaxe para descargar o .pdf coas bases da convocatoria

    zatoshot_boe_english2.jpg

    Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

    Listaxe de matrícula das Probas de Acceso á Universidade

    Publicado o 5 Xuño, 2009 na sección Avisos urxentes, +++Documentos e formularios de interese, Administración, Secretaría por Alberte Zato

     Para velo a toda pantalla, con posibilidade de impresión, clique no documento. Pulse ESC para saír.

    Tamén pódese descargar dende

    .pdf

    Related Posts with Thumbnails
    Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo