Matrícula para as PAAU. Convocatoria de setembro (curso 2012-13)

Publicado o 5 Setembro, 2012 na sección Avisos urxentes, Secretaría por Xefatura de Estudos
 Só se pode matricular o alumnado que superou o 2º curso de bacharelato.

  • A matrícula hai que facela na secretaría do IES do CASTRO:

  •     o luns, 10 de setembro de 9  a 12:00 horas.

  • Antes de matricularse farase o depósito do TÍTULO DE BACHAREL.
    – Hai que recoller en secretaría o impreso de TAXAS AUTOLIQUIDACIÓN,
    facer o ingreso que corresponda nunha entidade bancaria e facer o depósito de título no momento de formalizar a matrícula das probas de selectividade.
  • TAXAS
    TÍTULO DE
    BACHAREL
    – ORDINARIA 49,82 €
    – FAMILIA NUMEROSA 1ª 24,94 €
    – FAMILIA NUMEROSA 2ª e HONRA GRATUÍTA

    Documentación necesaria para a matrícula das PAAU:

    Fotocopia do DNI sen recortar.
    Xustificante (folla amarela e rosa) de ter aboadas as taxas de matrícula e documentación que acredite, se é o caso, a exención das mesmas.
    Formulario de solicitude de opcións do bacharelato polas que concorre ás PAAU debidamente cuberto.
    Fotocopia da tarxeta (vixente) de familia numerosa para o alumnado que alegue esta circunstancia.
    Fillos de funcionarios das Universidades de Galicia:    Certificación dos servizos de persoal, e fotocopia do Libro de Familia para xustificar que son fillos de funcionarios.

    »  NOTA: todas as fotocopias deberán vir acompañadas dos orixinais para facer as compulsas.
    TAXAS de MATRÍCULA das PAAU (incluído o importe do sobre: 6 €)
    – Matrícula ordinaria: 63,67€
    – Familia numerosa de 1ª categoría: 31,84€
    – Familia numerosa de 2ª categoría e Honra: 6,00 €
    – Persoal docente e de administración e servizos, así como o seu cónxuxe e fillos, das tres universidades do SUG: 6,00 €
  • O día 14 de setembro o alumnado deberá revisar no centro os datos contidos nas listaxes de matriculados.
  • Máis información nos taboleiros, na secretaría do instituto ou na páxina WEB da CIUG.
  • Datas dos exames: 19, 20 e 21 de setembro, na Escola Técnica Superior de Enxeñería de Minas.
  • NOTA: O alumnado que non se presente ás probas de selectividade pero que queira acceder a un ciclo superior deberá realizar o depósito do título obrigatoriamente.

    Related Posts with Thumbnails

    Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo