Premios extraordinarios de bacharelato: información importante

Publicado o 7 Xuño, 2025 na sección Zona Alumnado, Secretaría por Alberte Zato

premios.png

Premios extraordinarios de bacharelato

Información importante para a realización da proba

As persoas convocadas aos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2024-2025 deberán ter en conta as seguintes indicacións:

• Para realizar a proba é imprescindible acreditar a identidade mediante DNI ou pasaporte.

• Unicamente se poderá utilizar bolígrafo con tinta indeleble azul ou negra. Prohíbese o uso de típex.

• Para os exercicios de matemáticas débese levar calculadora non programable e sen capacidade gráfica.

• Para o exercicio de Latín II débese levar dicionario latín-español/galego, que pode ter apéndice gramatical, pero non páxinas de contidos literarios.

• Para o exercicio de Debuxo Artístico II débense levar os seguintes materiais:

- Polo menos dúas láminas A3 de gramaxe 130 como mínimo.

- Lapis de grafito de diversas durezas ou carbón prensado.

- Materiais de escolla propia para técnica libre seca (cor).

- Spray fixador, aínda que unicamente pode empregarse, por parte do tribunal, no momento de entrega das láminas.

 Resolución do 4 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se procede a establecer o horario e os lugares en que se realizará a proba para a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2024-2025. (Véxase .pdf)

pdf2.png

premiosbac_2425_informacion_importante_-para_-a_-realizacion_da_proba.pdf

premiosbac_2425_resolucion_lugares_con_anexo_g.pdf 

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Matriculación de alumnado para o curso 2025-2026

Publicado o 5 Xuño, 2025 na sección Zona Alumnado, Administración, Secretaría por Alberte Zato

matriculas.jpg

 

 RECOLLIDA IMPRESOS DE MATRÍCULA

Pódense recoller NA CONSERXERÍA do IES do CASTRO nas seguintes datas:

• O alumnado do CEP Dr. Fleming que vai cursar 1° de ESO e dos demais centros para calqueira nivel que teñan praza adxudicada: A partir do martes 17 de xuño.

• O alumnado do noso centro lES do CASTRO: A partir do día de entrega de notas, mércores 25 de xuño (preferiblemente entregaranse coas notas).

  

DATAS DE MATRICULACIÓN

 • Para 1º ESO, alumnado do CEP Dr. Fleming: luns 23 e martes 24 de xuño.

• Para 2º bacharelato, alumnado aprobado na convocatoria ordinaria: mércores 25 de xuño.

• Para 1º bacharelato e 2º bacharelato (alumnado da convocatoria extraordinaria): xoves 26 de xuño.

• Para 4º ESO: venres 27 de xuño

• Para 3º ESO : luns 30 de xuño.

• Para 2º ESO: martes 1 de xullo

• Para 1º ESO, alumnado repetidor ou doutros centros: mércores 2 de xullo.

  

PRAZO MATRICULACIÓN:

matricula-25-ok.jpg

 

HORARIO: todos os días de 9:00 a 14:30 horas. Ademais, os días indicados con * tamén en horario de tarde, de 16:30 a 19:00 horas

 

O PRAZO REMATA O LUNS 7 DE XULLO

 

pdf2.png

datas-matriculas-2025-ok.pdf

 

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Fondo solidario de libros de texto a axudas para a adquisición de ídem e material escolar

Publicado o 2 Xuño, 2025 na sección Zona Alumnado, Administración, Secretaría por Alberte Zato

books-stationery-61.png

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Curso 2025/2026

Prazo de solicitude: do 16/5/2025 a 20/6/2025, incluídos

Texto da convocatoria: ORDE do 28 de abril de 2025 (DOG do 15 de maio)

Procedemento administrativo: ED330B

 

Toda a información neste .pdf

pdf2.png

fondo_libros_25_26.pdf

 

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Proceso de admisión para o curso 2025/26: apertura da secretaría o día 2 de maio

Publicado o 29 Abril, 2025 na sección Administración, Secretaría por Alberte Zato

reserva_praza.png

 

O próximo día 2 de maio, a pesar de ser día non lectivo propio, a secretaría do centro estará abierta de 10 a 13:00 para atender posibles reclamacións á lista provisional de admitidos/as. 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Publicación das listaxes de alumnado novo admitido no proceso de admisión para o curso 2025/26

Publicado o 25 Abril, 2025 na sección Secretaría por Alberte Zato

reserva_praza.png

  • Publicadas xa no taboleiro do IES do Castro as listaxes provisionais de alumnado admitido e excluído para cada curso, por orde da puntuación total obtida. O prazo de reclamación de puntuacións é de 5 días hábiles dende o seguinte á súa publicación. As persoas solicitantes que conten cun certificado dixital ou chave365 poderán consultar as listaxes correspondentes á súa solicitude ou solicitudes a través da aplicación admisionalumnado, pero soamente se están admitidas ou non. Precísase DNI e código de solicitude.
  • As puntuacións soamente pódense ver nas listaxes publicadas no instituto. Lémbrese que non está permitido facer fotos das listaxes (Lei de Protección de Datos).
  • Definitiva: Unha vez resoltas as reclamacións, publicaranse as listaxes definitivas antes ou o 15 de maio
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Proceso de admisión de alumnado novo para o curso 2025/26

Publicado o 21 Febreiro, 2025 na sección Secretaría por Alberte Zato

reserva_praza.png

 

 DATAS DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2025/2026

  • CENTRO ADSCRITO: CEP Dr. FLEMING
    • Publicación da listaxe de alumnado con posto reservado: 21 de febreiro.
    • Publicación de postos escolares vacantes no taboleiro do centro e na páxina web: antes do 1 de marzo
    • Prazo de presentación das solicitudes no primeiro centro solicitado, a través da aplicación: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado 
      • do 1 ao 20 de marzo, ou presencialmente no centro do 6 ao 20 de marzo
    • Prazo de presentación de documentación acreditativa dos criterios de baremo: do 21 de marzo ao 4 de abril
    • (só se é maior a demanda que a oferta de prazas avisarase na web do centro o día 21 de marzo. No caso de publicarse “cero” prazas o baremo será obrigatorio.
    • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: 25 de abril
    • Reclamación contra as listaxes provisionais: 5 días hábiles dende a publicación:28 de abril a o 2 de maio
    • Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: 15 de maio.
      • As persoas interesadas en realizar impugnacións as listaxes definitivas, poderán presentar recurso de alzada. Prazo de 1 mes contado dende o día seguinte a sua publicación. 
      • A resolución da persoa titular da Xefatura Territorial porá fin a vía administratíva.
  • Formalización da matrícula na ESO e no Bacharelato do 23 de xuño ao 7 de xullo (no caso de non formalizar a matrícula neste prazo pérdese a praza)
  • Presentación de solicitudes fóra de prazo do 21 de marzo ao 29 de agosto
    • Preferentemente antes do 25 de abril, data na que saen as listaxes provisionais.
  • Prazo de admisión extraordinaria (segundo o artigo 45 da orde do 21 de outubro de 2022, DOG do 8 de novembro) a partir do 1 de setembro

  

Información en .pdf

 datas-proceso-de-admision.pdf

 

 

INSTRUCCIÓNS SOLICITUDES ADMISIÓN CURSO 2025-2026

PRAZO DE PRESENTACIÓN: do 1 ao 20 de marzo (ambos incluídos).

  • A presentación pode ser electrónica, a través da aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ ou presencial (neste caso o prazo vai do 6 ao 20 de marzo)
  • A solicitude será única e pode conter unha relación de ata 6 centros por orde de preferencia. No caso de que a persoa solicitante non fora admitido/a no centro indicado en 1º lugar, aplicarase o procedemento para a adxudicación subsidiaria do posto regulado na orde.
  • DOCUMENTACIÓN a presentar:
    • Solicitude (ED550B), cuberta con letra lexible e asinada pola persoa adulta solicitante. Pódese descargar a través da aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
    • Anexo II-bis (comprobación de datos e consentimento) deberán estar SEMPRE ASINADOS.
    • Fotocopia do LIBRO DE FAMILIA (todas as follas escritas) ou documento equivalente onde figure a/o alumna/o e os seus proxenitores.
    • Fotocopias DNI de todos os membros da unidade familiar.
    • Xustificante de estar matriculado/a actualmente.
    • De ser o caso:
      • Sentenza de separación. (soamente a folla onde conste a custodia do menor).
      • Documentación acreditativa do alumnado con necesidades específicas.
  • MOI IMPORTANTE!
    • Tanto na presentación ELECTRÓNICA como na PRESENCIAL, a solicitude e os anexos deberán presentarse ASINADOS. A FALTA DE SINATURA DUN DOS PROXENITORES será causa de EXCLUSIÓN.

 

 Información en .pdf

 instruccions-solicitudes-admision-curso-2025-2026.pdf

 

 

CRITERIOS XERAIS PARA A ADMISIÓN DO ALUMNADO

Información en .pdf 

 criterios-xerais-para-a-admision-do-alumnado.pdf

 

VACANTES DE BACHARELATO

Información en .pdf 

 vacantes-bachillerato.pdf

 

VACANTES DE ESO

Información en .pdf 

actualizacion-13-03-2025-vacantes-eso-curso-24-25.pdf

 

SOLICITUD DE ADMISÓN

Información en .pdf 

solicitud-de-admision_25-26.pdf

 

 

 

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Horario de atención ao público no mes de agosto

Publicado o 12 Xullo, 2024 na sección Administración, Secretaría por Alberte Zato

iesdocastrocover.jpg

O horario de atención ao público no mes de agosto é de 10:00 a 13:00 horas

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo