Proceso de admisión de alumnado novo para o curso 2025/26

DATAS DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2025/2026
- CENTRO ADSCRITO: CEP Dr. FLEMING
- Publicación da listaxe de alumnado con posto reservado: 21 de febreiro.
- Publicación de postos escolares vacantes no taboleiro do centro e na páxina web: antes do 1 de marzo
- Prazo de presentación das solicitudes no primeiro centro solicitado, a través da aplicación: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado
- do 1 ao 20 de marzo, ou presencialmente no centro do 6 ao 20 de marzo
- Prazo de presentación de documentación acreditativa dos criterios de baremo: do 21 de marzo ao 4 de abril
- (só se é maior a demanda que a oferta de prazas avisarase na web do centro o día 21 de marzo. No caso de publicarse “cero” prazas o baremo será obrigatorio.
- Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: 25 de abril
- Reclamación contra as listaxes provisionais: 5 días hábiles dende a publicación:28 de abril a o 2 de maio
- Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: 15 de maio.
- As persoas interesadas en realizar impugnacións as listaxes definitivas, poderán presentar recurso de alzada. Prazo de 1 mes contado dende o día seguinte a sua publicación.
- A resolución da persoa titular da Xefatura Territorial porá fin a vía administratíva.
- Formalización da matrícula na ESO e no Bacharelato do 23 de xuño ao 7 de xullo (no caso de non formalizar a matrícula neste prazo pérdese a praza)
- Presentación de solicitudes fóra de prazo do 21 de marzo ao 29 de agosto
- Preferentemente antes do 25 de abril, data na que saen as listaxes provisionais.
- Prazo de admisión extraordinaria (segundo o artigo 45 da orde do 21 de outubro de 2022, DOG do 8 de novembro) a partir do 1 de setembro
Información en .pdf
INSTRUCCIÓNS SOLICITUDES ADMISIÓN CURSO 2025-2026
PRAZO DE PRESENTACIÓN: do 1 ao 20 de marzo (ambos incluídos).
- A presentación pode ser electrónica, a través da aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ ou presencial (neste caso o prazo vai do 6 ao 20 de marzo)
- A solicitude será única e pode conter unha relación de ata 6 centros por orde de preferencia. No caso de que a persoa solicitante non fora admitido/a no centro indicado en 1º lugar, aplicarase o procedemento para a adxudicación subsidiaria do posto regulado na orde.
- DOCUMENTACIÓN a presentar:
- Solicitude (ED550B), cuberta con letra lexible e asinada pola persoa adulta solicitante. Pódese descargar a través da aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
- Anexo II-bis (comprobación de datos e consentimento) deberán estar SEMPRE ASINADOS.
- Fotocopia do LIBRO DE FAMILIA (todas as follas escritas) ou documento equivalente onde figure a/o alumna/o e os seus proxenitores.
- Fotocopias DNI de todos os membros da unidade familiar.
- Xustificante de estar matriculado/a actualmente.
- De ser o caso:
- Sentenza de separación. (soamente a folla onde conste a custodia do menor).
- Documentación acreditativa do alumnado con necesidades específicas.
- MOI IMPORTANTE!
- Tanto na presentación ELECTRÓNICA como na PRESENCIAL, a solicitude e os anexos deberán presentarse ASINADOS. A FALTA DE SINATURA DUN DOS PROXENITORES será causa de EXCLUSIÓN.
Información en .pdf
instruccions-solicitudes-admision-curso-2025-2026.pdf
CRITERIOS XERAIS PARA A ADMISIÓN DO ALUMNADO
Información en .pdf
criterios-xerais-para-a-admision-do-alumnado.pdf
VACANTES DE BACHARELATO
Información en .pdf
VACANTES DE ESO
Información en .pdf
actualizacion-13-03-2025-vacantes-eso-curso-24-25.pdf
SOLICITUD DE ADMISÓN
Información en .pdf
solicitud-de-admision_25-26.pdf
Imprimir este Artigo









