Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Protocolo de adquisición, características e uso das máscaras para o alumnado beneficiario das mesmas

Publicado o 3 Decembro, 2020 na sección Zona Alumnado, Secretaría, Dirección por Alberte Zato

pack-de-10-mascarillas-talla-generica1.jpg

Estimadas familias :

Segundo a orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación secundaria obrigatoria no curso 2020/21 será beneficiario das máscaras , directamente, o alumnado que resultou beneficiario das axudas de material escolar.

A Dirección Xeral de Centros e RRHH mandou unha serie de instrucións para a compra destas máscaras por parte dos centros : Tipoloxía das máscaras – Máscaras hixiénicas reutilizables segundo especificacións UNE 0065 para uso do alumnado. Empregadas para minimizar o risco de propagación da COVID-19 entre as persoas. Non poderán levar ningún tipo de inscrición ou serigrafía.

Adquiriranse 3 ou 4 por alumno/a en función da súa durabilidade ( número de lavados ) , e dos días lectivos que resten de curso.

O noso centro mercou 3 por estudante polas características das máscaras . Teñen 70 lavados e poden ser usadas durante 210 días de clase . Recomendamos non usar estas máscaras durante as vacacións e fins de semana.

Un saúdo da dirección do IES DO CASTRO

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

ORDE de regulación dos criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado de ESO (Bacharelato excluído)

Publicado o 14 Novembro, 2020 na sección Zona Alumnado, Secretaría por Alberte Zato

2020_5_8_75458s740×1.jpeg

 ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E).

 

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade realizará unha achega complementaria procedente do Fondo de Reserva de Garantía Educativa, para que os centros docentes públicos dependentes da consellería e os centros privados concertados afronten no curso 2020/21 a cobertura das novas necesidades sanitarias derivadas da COVID-19, entre outras, a adquisición de máscaras para o alumnado matriculado nos niveis de ensino obrigatorio e educación especial.

 

As máscaras distribuiranse entre o alumnado incluído no ámbito desta orde pertencente a familias cunha renda per cápita igual ou inferior ao limiar de 6.000 €, que foi o limiar de referencia no curso 2020/21 para ter dereito á axuda para adquirir material escolar (Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial (DOG núm. 96, do 9 de maio).

 

Polo tanto, será beneficiario das máscaras, directamente, o alumnado que resultou beneficiario das axudas de material escolar e, logo de solicitude e comprobación da renda per cápita da unidade familiar, o resto do alumnado que non foi beneficiario por diferentes circunstancias, sempre que reúna o requisito.

INFORMACIÓN MÁIS DETALLADA 

.pdf

orde-distribucion-mascaras-alumnado.pdf

 .pdf

 dog-venres-13-novembro-2020.pdf

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Orde de modificacións no Calendario Escolar e disposicións sobre aulas e centros

Publicado o 17 Setembro, 2020 na sección Secretaría por Alberte Zato
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE

ORDE do 16 de setembro de 2020 pola que se ditan instrucións sobre o comezo do curso académico 2020/21 e pola que se modifica a Orde do 25 de xuño de 2020 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020/21 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia…

.pdf

Descarga do documento

modificacions_calendario_escolar.pdf

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Axudas para libros e material escolar e acceso ao fondo solidario da Xunta para o curso 2020/21: Listaxe dispoñíbel no instituto

Publicado o 10 Xullo, 2020 na sección Avisos urxentes, Administración, Vicedirección, Secretaría por Alberte Zato

 books-stationery-61.png

Xa está dispoñíbel para a súa consulta presencial ou telefónica no instituto a listaxe de concesión de axudas para libros e material escolar e acceso ao fondo solidario da Xunta para o curso 2020/21.

Lémbrase que:

  • A partir do luns, 13 de xullo, a atención ás posíbeis xestións a realizar presencialmente no instituto serán en horario de 10:00 a 12:00 con cita previa.
  • Para solicitar certificados ou documentación poden facelo por teléfono ou por correo electrónico.
  • CONTACTO:

 

Teléfono: 986422974 - 986423063

Correo-e: ies.docastro@edu.xunta.es | ies.docastro@edu.xunta.gal 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Xestións e atención ao público no instituto a partir do luns, 13 de xullo

Publicado o 10 Xullo, 2020 na sección Avisos urxentes, Administración, Secretaría por Alberte Zato

iesdocastrocover.jpg

 

  • A partir do luns, 13 de xullo, a atención ás posíbeis xestións a realizar presencialmente no instituto serán en horario de 10:00 a 12:00 con cita previa.
  • Para solicitar certificados ou documentación poden facelo por teléfono ou por correo electrónico.
  • CONTACTO:

Teléfono: 986422974 - 986423063

Correo-e: ies.docastro@edu.xunta.es | ies.docastro@edu.xunta.gal

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Listaxe definitiva de alumnado admitido no IES do Castro para o curso 2020-2021

Publicado o 25 Xuño, 2020 na sección Avisos urxentes, Zona Alumnado, Secretaría, Dirección por Alberte Zato

 

reserva_praza.png

 

Consulte a listaxe en .pdf

 .pdf

admision-alumnado-listaxe-definitva-2020-2021.pdf

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo