Χείρων - Chiron

Publicado o 22 Xaneiro, 2008 na sección Grego, Latín por XiaoRoel

Unha das webs máis completas de España sobre Cultura Clásica, Latín e Grego. Miles de recursos sobre estes temas.

O seu portal é http://www.chironweb.org/ e desde aí podedes navegar pola web.

Especialmente interesante pola súa amplitude é a wiki de recursos clásicos desde a que accedes á información ben catalogada e informada.

Tamén moi interesante é a galería de imaxes da que podedes sacar material para traballos de varias materias.

Hai unha sección moi ben surtida de videos sobre o mundo clásico, e de presentaciones en Power Point.

E, por fin, para quen queira estudar, que de todo hai, en Chiron acharás unha serie de cursos en plataforma Moodle.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Axudas á tradución. Multilingüe.

Publicado o 22 Xaneiro, 2008 na sección Grego, Latín por XiaoRoel

WordReference Forums

É un foro de consultas lingüísticas que pode ser moi útil se te atoas nunha tradución. Podes consultar un breve texto, unha frase ou unha palabra. Só non se permiten textos longos (límite unhas 400 palabras, creo). As consultas poden ser sobre, inglés, francés, italiano, portugués, español, latín, grego moderno, servo-croata, romeno…).

Hai en liña sempre expertos nas diferentes linguas que axiña responden ás cuestións.

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo