Presentación do Programa do Diploma do BI

Publicado o 16 Maio, 2008 na sección Noticias do Programa do Diploma do BI por Luis Otero

IB 150Coa presencia da Conselleira de Educación, a Conselleira de Pesca, a Directora Xeral de Ordenación, Vicereitor da Universidade de Vigo,o Delegado Provincial de Educación, a Concelleira de Educación de Vigo, Inspección, Directores de Institutos da Cidade, membros do equipo directivo , profesorado e alumnado do Instituto celebrouse o acto de presentación do Programa do Diploma do Bacharelato Internacional.

Tras a visita ás dependencias do centro, as dúas Conselleiras asinaron o Convenio polo que a Consellería de Pesca financiará as obras de mellora do Instituto. O Director do centro agradeceu a colaboración de tódalas institucións, claustro, personal e alumnado do centro. A Conselleira de Pesca salientou que ambalas Consellerias fixeron da necesidade duns estudios axeitados para os fillos dos funcionarios da Axencia de Pesca, unha oportunidade para mellorar a oferta educativo dun centro público. Finalizou o acto a Conselleira de Educación quen sinalou a importancia de contar co segundo centro publico galego donde se vai desenvolver o programa do Diploma.

foto-b2.jpg

foto-b1.jpg

1605pesca.jpg


Máis información aquí

A noticia na Prensa: Faro de Vigo, La Voz de Galicia

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo