Sobre “As Nubes” de Aristófanes

Publicado o 22 Xaneiro, 2009 na sección Grego por XiaoRoel

Para facilitar aos alumnos de Grego a lectura e análise de “As nubes”, damos a continuación algunha ligazón e unha breve introdución.

SOBRE A OBRA:

As Nubes (en grego clásico: Νεφέλαι) é unha comedia temperán dentro da obra do comediógrafo ateniense Aristófanes, que fai unha forte crítica aos sofistas e ás sçuas ensinanzas con humor, onde non faltan os temas e personaxes de moda da Atenas de finais do século -V.

Esta obra foi presentada pola primeira vez no ano -423 nas Dionisias, pero Aristófanes non deu gañado o primeiro lugar, quedando en terceiro posto. Aristófanes nunca se resignou a ter perdido e realizou unha reedición da súa obra reescribíndoa e esa é a versión que se conserva na actualidade. Isto sabémolo porque na mesma comedia o coro exhorta os espectadores reprochándolles o ter perdido. Aristófanes considerábaa a súa obra máis fina de entre as súas comedias. En As Nubes aparece a primeira referencia histórica sobre Sócrates.

ARGUMENTO:

A obra trata dun pai, Estrepsiades (Στρεψιάδης), e do seu fillo Fidipides (Φειδιππίδης). Fidipides é un mozo fanático da hípica e dos cabalos, diversión que lle sae abondo cara ao seu pai, que ten contraído unha serie de débedas polo amor do seu fillo polos cabalos. O pai vai directo á ruina e non ten interés en lles pagar aos acreedores e para iso idea un plano que o tirará de problemas: mandará o seu fillo a estudar ao Pensadeiro (φροντιστήριον, palabra inventada por Aristófanes), tamén traducido como Pensatoiro, de Sócrates, que é unha especie de escola onde ensinan, por diñeiro ou cousas de valor, os sofistas Sócrates e máis o seu amigo Querefonte (Χαιρεφῶν) as diversas disciplinas sofísticas e especialmente o argumento xusto e o argumento inxusto que o tirarán de todas as débedas ao poder gañar os xuizos na súa contra. Pero Fidípides négase a ir e acaba indo Estrepsiades que, cando se atopa cos discípulos de Sócrates e Querefonte, pregunta que é o que fan e mantén despois un diálogo con un deles, durante o que é presentado a Sócrates que é chamado “el mesmo” (αὐτός), que está pendurado nun cesto a observar o ceo. Tras dese episodio cómico Sócrates fálalle do ceo e demóstralle que Zeus non existe e que as nubes tamén son deusas e moi importantes, e quen xunta as nubes non é Zeus senón o “Remuíño” (Δῖνος). Despois comeza un diálogo no que proba a Estrepsiades até que aparecen as Nubes. Logo comeza un diálogo entre as Nubes e Estrepsiades e máis tarde reaparece Sócrates que lle ensina novas cousas, pero Estrepsíades é un home vello e ademais rústico, así que esquence todo o que aprende. As Nubes dinlle que vaia buscar o seu fillo por ser máis novo e así Estrepsiades convénceo para que aprenda os dous argumentos nun diálogo no que o fillo sostén opinións antiga e o pai as opinións novas. Despois Sócrates dille que o mesmo será ensinado por ambos argumentos, gañando o argumento inxusto. Así Fidípides aprende o argumento inxusto e o seu pai lévao para casa. Logo chegan os prestamistas e Estrepsides non os teme e di que non pagará confiando no seu fillo que gañará grazas ao argumento inxusto. Logo o seu fillo que foi corrompido sae perseguindo o padre para zoscarlle, así Estrepsiadesxunto cun escravo toma vinganza de Sócrates que fuxe do pensadeiro que está a ser queimado por Estrepsiades e máis o seu escravo Xantias.

A VISIÓN DE SÓCRATES E OS SOFISTAS:

Aristófanes como ateniense conservador vía na sofística un perigo, xa que segundo a súa opinión corrompía a xuventude, así este situou Sócrates dentro dos sofistas como un dos representantes facendo converxer nele non só o socratismo (Aristófanes na obra fala da aporía e dunha serie de referencias máis acerca do venerábel filósofo ateniense), senón tamén todas as artes sofísticas (retórica, astronomía, música, etcétera). Así preséntanos un Sócrates moi distinto do vello xusto e sabio da Apoloxía de Platón e da de Xenofonte, e moi alonxado da crítica aos sofistas de outros diálogos de Platón como Protágoras, ou das Memorabilia de Xenofonte. Se ben a historia da filosofía e a tradición sempre rexeitaron a imaxe do Sócrates de Aristófanes, na actualidade esa imaxe do astrónomo-sofista, aínda que non é aceptada completamente, recoñécese que hai algo de certo. No Banquete de Platón áchanse Sócrates e Aristófanes, e non teñen problemas para relacionarse o un co outro, e así transcurren sen conflito. A obra cumple o seu propósito de amosar como a xuventude é corrompida por eses extranxeiros que son os sofistas, aínda que a víctima foi Sócrates, que foi ridiculizado polo comediógrafo e a súa imaxe deformada para parecer un sofista normal para a súa época.

ARISTÓFANES

Aristófanes (en grego Ἀριστοφάνης) foi un dramaturgo grego que naceu e morreu en Atenas sobre o -444 e o -385 respectivamente.

Viviu durante a Guerra do Peloponeso, época que coincide co esplendor do imperio ateniense e a súa consecuente derrota a mans de Esparta. Non obstante, tamén foi contemporáneo do rexurdimento da hexemonía ateniense a comezos do século -IV.

Lendo Aristófanes é posíbel facerse unha idea das intensas discusións ideolóxicas (políticas, filosóficas, económicas e literarias) na Atenas daquela época.

A súa postura conservadora levouno a defender a validez dos tradicionais mitos relixiosos e mostrouse reacio perante calquera nova doctrina filosófica. Especialmente coñecida é a súa animadversión cara a Sócrates, a quen na súa comedia As nubes presenta como un demagogo dedicado a inculcar todo tipo de insensateces nas mentes dos mozos. No terreo artístico tamén non se caracterizou por unha actitude innovadora: mesmo consideraba o teatro de Eurípides como unha degradación do teatro clásico.
(Tomado de taringa.net)Ligazón para descargar a obra completa (en castelán): http://rapidshare.com/files/149196567/Aristofanes_-_Las_nubes.pdf.html

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

A biblioteca amplía os seus fondos

Publicado o 15 Xaneiro, 2009 na sección Biblioteca por Xulio Dobarro

                                                NOVIDADES NA BIBLIOTECA QUE PODEN INTERESARCHE  (Xaneiro 2009)

ECLIPSE .LUNA NUEVA,AMANECER,CREPÚSCULO      (Stephanie Meyer)                                           

ERAGON,ELDEST,BRISINGR (C. Paolini)

Materia oscura: La daga; La brújula dorada, Catalejo lacado :  P. Pullman 

El regreso del peregrino; El príncipe Caspian : C. S. Lewis.

Paraíso inhabitado :  Ana Mª Matute. 

Septimus (El anillo  de las dos caras):A. Sage  

Los cuentos de Beedle el Bardo: J. K. Rowling 

El fuego (Continuación de EL OCHO): K. Neville                    

Made in Galiza : Sechu Sende

O único que queda é o amor: A. Fdez. Paz                                          ……………………

Nota: Se as túas expectativas non están cubertas coas lecturas disponibles na Biblioteca, rogámosche que o poñas en coñecemento das persoas responsables daquela. Se cres que hai moitas cousas por mellorar, invitamos a toda a Comunidade educativa a suxerir ideas ou propostas que neste intre poden ser viables para a súa realización. Hai unha comisión de traballo formada, ata o momento por profesorado, pero queda aberta a toda persoa que recomende algunha mellora ou innovación.Para algo a Consellería de educación aprobou unha dotación importante dentro do Plan mellora de bibliotecas, á parte do traslado que se vai realizar á nova ubicación nestes días, e outra dotación económica para o Club de lectura. 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Un salto evolutivo no Darwinismo

Publicado o 15 Xaneiro, 2009 na sección Bioloxía e Xeoloxía por Xosé Ramón García

Jumping Darwin

Un salto evolutivo no darwinismo
A suma de tres xenomas microbianos creou o tipo universal de célula que constitúe hoxe a todos os animais

JAVIER SAMPEDRO - Madrid - 14/03/2001

Como antes de Darwin todo o mundo era creacionista, a maior parte da xente segue pensando que o contrario de ‘darwinismo’ é ‘creacionismo’. E xa non é así. Un grupo reducido de científicos demostrou que polo menos un dos acontecementos esenciais da historia da vida -a formación da célula eucariótica, o prodixioso autómata biolóxico do que están feitos todos os animais e plantas do planeta- aconteceu con relativa brusquidade e por un mecanismo esencialmente alleo ao gradualismo darwiniano: sumando os xenomas completos de tres microbios. Os dous científicos que encabezaron ese descubrimento discrepan sobre se iso implica unha revolución no seo da teoría máis fundamental da bioloxía.

Tres dos biólogos evolutivos máis avanzados do mundo, Lynn Margulis, da Universidade de Massachusetts (EE UU), Radhey Gupta, da Universidade McMaster (Canadá) e Harold Morowitz, da Universidade George Mason (EE UU), discutiron as súas ideas a semana pasada nunha reunión organizada por CosmoCaixa, o museo da ciencia da Fundación La Caixa en Alcobendas (Madrid).

(Ler o resto do artigo »)

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

O alumnado do Programa do Diploma e as tarefas de voluntariado

Publicado o 13 Xaneiro, 2009 na sección Noticias do Programa do Diploma do BI por Luis Otero

imagen-vive.jpg                                                           xose-4-001.jpg

Os trinta alumnos e alumnas de 1ºE pasan catro dias participando no progama VIVE EN DEFENSA DO MONTE. Esta actividade enmarcase dentro do programa de CAS (Creatividade, acción e servizo). Pasarán catro dias no Albergue das Sinas en Vilagarcía acompañados pola coordinadora de CAS Isabel Flores.

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo