S. LARSON : Millenium: (3)La reina en el palacio de las corrientes de aire I.FALCONES: La mano de Fátima. G. DEL TORO: Nocturna E. BRONTE: Cumbres borrascosas. J. AUSTEN: Orgullo y prejuicio. Y. KHADRA: Las sirenas de Bagdad A. DUMAS: La dama de las camelias. J.AUSTEN: Emma J. AMADO: Gabriela, clavo y canela. H.MURAKAMI: Sauce ciego, mujer dormida. ALMUDENA Grandes: Malena es un nombre de tango. STENDHAL: La cartuja de Parma. B. STOKER: Drácula. R-P Märtin: Drácula (Vlad Tepes, el Empalador y sus antepasados) MAX GALLO: Nerón (El reino del anticristo); Espartaco (La rebelión de los esclavos)
NARRATIVA: Para os/as máis xoves
Martin/J. Ribera: Los vampiros no creen en Flanagans.//Flanagan B.A. Conan Doyle: S. Holmes: Las aventuras imprescindibles
Bassez D. e outros: De fantasmas y aparecidos M. Twain: Un yanqui en la corte del rei Arturo.R. ÄBALOS:Grimpo? y la bruja de la estirpe.
R. Stevens: La isla perdida F. Alonso: Rumbo a marte. A.Takahashi: Cuentos y leyendas de Japón. Gudule: Cuentos y leyendas de elfos y duendes. S. Descornes: Piratas, corsarios y filibusteros.
CÓMIC: ART Spiegelman: Maus (relato dun supervivente)
ENSAIO:
Fernando G. de Cortázar: Pequeña historia del mundo. J. Martínez Millán: La inquisición española. J. B. Culla: Breve historia del sionismo.
K. Marx: La España revolucionaria E. Guisán:Ética sin religión.
W. Risco: El camino de los sabios.
NOTA: Esta relación de títulos non é máis ca unha suxerencia sobre as últimas novidades adquiridas. Xa se sabe que hai outras moitas opcións.O eslogan institucional para estes días é E ti que les, este verán?Polo tanto, ánimo e feliz estío á beira do mar, no monte, no deserto, na rúa, na casa, na cidade, na aldea,cos amigos, coa familia.Calquera lugar é bo para a lectura.
Estas orientacións bibliográficas tamén se van difundir en papel no Instituto ao longo destes días, coincidindo coa entrega de notas e período de matrícula.
Publicado o 16 Xuño, 2009 na sección Sen categorizar por Isabel Flores
Collage: Alberte Zato
O pasado xoves, 11 de xuño, os alumnos e alumnas de primeiro de bacharelato A e E recibimos a visita de Josefa Ramírez Peña Peña, presidenta do Instituto de Apoio ao Movemento Autónomo de Mulleres Labregas (IAMAMC) de Perú.
A charla, estivo organizada por Amnistía Internacional, dentro da súa nova campaña internacional “Esixe dignidade”, na que se quere mobilizar ás persoas para presionar así os gobernos, empresas,e todos aqueles grupos que xeran e agudizan a pobreza. O momento é importante, xa que segundo A.I., a recesión económica está agudizando a crise de dereitos humanos.
Neste caso, a conferencia da Presidenta do IAMAMC, centrouse na gran mortalidade materna que existe actualmente no Perú, país de orixe de Josefa Ramírez, aunque tamén ocorre no resto de Latinoamérica e no mundo. As profundas desigualdades existentes na sociedade peruana reflíctense en grandes diferencia entre os índices de mortalidade materna das mulleres de zonas ricas e pobres. Josefa informounos de que cada ano morren 500.000 mulleres por complicacións derivadas do parto, e case todas elas poderían terse salvado, xa que estas mortes ocorren pola negativa do personal médico a asistir ás mulleres indíxenas, ou a falta de medios para dar a luz.
A conferencia resultou moi amena e interesante para o alumnado asistente, que participou con moito interese no coloquio posterior á charla. Entre as persoas asistentes á conferencia encontrábase o grupo de AI do instituto, o cal no vindeiro curso seguirá coas actividades a favor dos dereitos humanos.
Algunhas fotos deste acto
Se queredes información sobre a campaña “Esixe dignidade”, podédela atopar no seguinte enlace:
As organizacións con presenza no ámbito da educación abaixo asinantes, ante o anuncio da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria de realizar unha consulta nos centros educativos en relación co uso do galego, queren transmitir á comunidade educativa e á sociedade galega no seu conxunto as seguintes cuestións:
1. Esta é unha consulta, deseñada á marxe da comunidade educativa, carente de rigor na metodoloxía de distribución e no procesamento de datos, e sen garantías para a intimidade das persoas e a protección de datos de carácter persoal.
2. O Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado por unanimidade de todas as forzas políticas con representación no Parlamento Galego en 2004 (PP, PSOE e BNG), é un punto de encontro na definición dos obxectivos para o ámbito educativo. O Decreto 124/2007, de 28 de xuño, recolle este acordo do Parlamento Galego dándolle carácter normativo e a súa legalidade foi avalada por varias sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Esta norma pretende garantir unha competencia similar en galego e en castelán.
3. O obxectivo de que ao remate do ensino obrigatorio os nenos e as nenas sexan plenamente competentes nas dúas linguas oficiais non pode conseguirse con menos do 50% das materias impartidas en galego. Coa enquisa que se envía aos centros o mantemento deste equilibrio tan só se garantiría marcando a resposta “en galego” ou “todo en galego”. Esta opción non se refire á totalidade do ensino, senón ás materias que habería que impartir hoxe en galego –o 50%- xa que a enquisa non recolle a opción de que todas as materias, agás as linguas, poidan ser impartidas en galego.
CIG · CCOO · CSI-CSIF · FETE-UGT · STEG · CAE · ASPG · Nova Escola Galega · Asociación de Directores e Directivos de IES de Galicia · Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra · Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística · A Mesa pola Normalización Lingüística
Este himno académico par excellence et tradition débese escoitarse e cantar de pe ao termo dun acto de carácter educativo institucional inaugural ou de entrega de diplomas ou títulos. É importante que os futuros novos universitarios (é dicir, os bachilleres aspirantes) se acostumen xa a este protocolo e liturxia aínda observada e mantida na Universidade con orgullo e respecto.
No último acto de despedida do alumnado de 2º de Bacharelato non foi moi xeitoso ver coma a meirande parte dos asistentes (pais, nais e alumnado) permaneceron sentados durante a interpretación do noso himno, recoñecido, respectado e tido como tal internacionalmente por todo o mundo do ensino.
Gaudeamus igitur,
iuvenes dum sumus. (bis)
Post iucundam iuventutem,
post molestam senectutem,
nos habebit humus.
Ubi sunt qui ante nos
in mundo fuere? (bis)
Vadite ad superos,
transite ad inferos,
ubi iam fuere.
Vivat Academia,
vivant professores. (bis)
Vivat membrum quodlibet,
vivant membra quaelibet,
semper sint in flore.
Vita nostra brevis est, breve finietur.
Venit mors velociter,
rapit nos atrociter,
nemini parcetur.