Na Punta da Lingua 9

Publicado o 12 Maio, 2009 na sección Boletín "Na punta da Lingua", Publicacións, Normalización e Dinamización Lingüística por Alberte Zato

Para ve-lo Boletín a toda pantalla clique en calquera páxina do documento. Para saír de pantalla completa, prema na tecla ESC

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Campionato interno de Balonceso-ESO- Fase final

Publicado o 12 Maio, 2009 na sección Sen categorizar por Isabel Flores

I Liga Interna de 1º, 2º e 3º da ESO

 O calendario da FASE FINAL durante este mes de MAIO de 2009 está publicado no taboleiro CAS, ao lado da sala de profesorado. A  gran final está prevista para o día 29 de maio.  A data de entrega dos premios desta competición será anunciada nos días posteriores.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Loreto Blanco Salgueiro por Verónica Poza Nogueira, 1º E

Publicado o 12 Maio, 2009 na sección Sen categorizar por Isabel Flores

O mércores 6 de maio as alumnas e alumnos de 1º de bacharelato E recibimos a visita de Loreto Blanco Salgueiro, profesora na facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo (fotos da charla no artigo anterior ‘C de Creatividade’).

Na súa conferencia, Loreto mostrounos  a súa serie Pinemas, onde fusiona pintura e poemas. Para isto emprega haikus (poemas xaponeses de tres versos que condensan en moi poucas palabras o esencial dun instante na natureza, como por exemplo, o salto dunha ra), e intenta reflectir no cadro o que estes poemas transmiten.

Ademais, falounos da súa forma de ver a creatividade e o arte.

Como calquera pintor, Loreto encontra na pintura unha forma de expresarse; sen embargo, ela non se limita a pintar sobre un lenzo, senón que emprega diferentes materiais, xoga coas texturas, co tamaño dos cadros, decídese a romper a súa cuadratura e elabora obras como cadros-libro coa intención de que o público teña unha interacción co cadro e non se sinta un mero espectador.

Se queredes saber máis sobre Loreto Blanco Salgueiro, entrade na súa páxina web:

http://loreto.webcindario.com

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo