Deportes de competición
Un grupo de alumnas e alumnos de CAS, que tamén son deportistas con experiencia en competicións de diverso ámbito, falaron para o alumnado de 2º ESO na sala de conferencias do centro, o pasado día 27 de maio. A actividade consistiu nunha presentación oral con soporte dixital sobre os deportes que practican cada unha destas persoas, como e onde practicalos, os valores que reforzan, as vantaxes que lles reportan … Entre os seus obxetivos estaban a difusión do deporte e a concienciación a outras persoas da importancia da vida activa e sana.
| Na foto podemos ver o inicio da charla, con explicación do que é o BI, as actividades CAS e o tipo de proxectos a realizar nas mesmas … |
| Nestas fotos podemos ver ao público asistente | ||
O equipo CAS que levou adiante este proxecto está constituído polas seguintes persoas
| baloncesto | Bran López Luengo | xogador do equipo campión de liga de Vigo-árbitro |
| triatlón | Pablo García CondeRicardo Márquez Avión | 4º posto en campionato galego, participantes en varios campionatos rexionais |
| golf | Julia Vila Díaz-Salgado | tres veces campioa galega, membro da selección galega |
| natación(e tenis) | Emilio González Quintas | oito veces subcampión galego, seis 3ºs postos, membro da selección galega |
| atletismo | Sara Suárez Gonzalo | campioa galega (velocista), selección galega |
| vela | Beatriz Lence Massa | seis veces campioa galega, dúas veces subcampioa, nova promesa olímpica, subcampioa nacional e clasificada no campionato europeo |
| Algúns momentos das presentacións | ||
| Desgraciadamente, certas dificultades organizativas e de disciplina desluciron o acto e impediron que o alumnado escoitara as intervencións de Beatriz e Sara. | ||
A actividade incidiu na mellora da capacidade comunicativa do alumnado organizador, entre outras vantaxes. A dificultade da presentación a un público ‘non interesado’ inicialmente, convertíuse no maior desafío, que lograron solventar en boa medida. A experiencia foi en xeral positiva, xa que lles permitiu enfrentarse a situacións inesperadas e autoafirmarse na súa capacidade e coñecementos sobre os temas tratados. Estas son as presentacións ‘Powerpoint’ que cada persoa preparou sobre cada un dos deportes que practica:
Instruccións de visionado: Clíque sucesivamente nas frechas de avance de páxina para ver o seu contido. Tamén pode clicar por enriba da presentación para avanzar. Para vela a pantalla completa, clique na icona ‘Full Screen’ ao pe da mesma: pulse ESC para saír da pantalla completa.











