Visita de 2 º Bach. á Escola de Enxeñeiros de Minas

Publicado o 30 Novembro, 2009 na sección Tecnoloxía, Departamentos por Luis Otero

dsc01800.JPG

dsc01809.JPG

O Departamento de Tecnoloxía organizou unha visita do alumnado de 2º de Bacharelato á Escola Superior de Enxeñeiros de Minas.  No marco da Semana da Ciencia, a Escola de Minas abriu as súas portas para informar das características da carreira e mostrar as súas instalacións. Nun recorrido perfectamente organizado e acompañados por profesores e alumnado da Escola poidemos ver laboratorios de materiais, explosivos, aulas e tamén fomos termografiados e escaneados como se pode ver nas fotos.

ir_dira_0021.jpg                    o-castro_grupo3a.JPG

Facer clic na foto para ampliar

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Magosto 2009

Publicado o 27 Novembro, 2009 na sección Lingua e Literatura galegas, Vicedirección por Xulio Dobarro

vista_desde_o_parque.JPG

Acabáronse as vendimas

e veñen as esfolladas

para comer coas mozas

catro castañas asadas

O primeiro intento de celebración do Magosto, o día doce de novembro, refesta do San Martiño, non foi posible a causa do mal tempo e pola falta de veranciño do mesmo nome. Houbo que agardar unha semana máis, o dezanove, para que con moita puntería se acertase na escolla de tal día en canto ás condicións climatolóxicas que,dito sexa de paso,  non puideron ser mellores.

Os preparativos xa viñan  de quince días antes, -quizais por iso as castañas en vez de secaren o que lles pasou foi humedecérense-,porque cómpre organizarse como se fósemos de cámping: a leña seca e o carbón para armar o lume e  - o máis importante-  as brasas para asalas, as castáñas picadas para que non estoupen, o tixolo, especie de plataforma para colocalas enriba do lume e, o que non é menos importante, a sabedoría das persoas para que todo se resolva segundo o previsto: leña axeitada, pouco fume, punto de cocción e algo de humor.

grupo.JPG

A xornada ten mudado en canto á organización desde que nos primeiros anos de celebración se realizaba  dentro do recinto escolar, pero ao igual que outras festas relacionadas con ciclos festivos (Entroido, Maios, etc) tamén esta do Magosto se foi  restrinxindo a determinado alumnado, concretamente aos do primeiro ciclo da ESO, desde que nun determinado intre se observou que só participaban os máis cativos e os demais optaban por un lecer malentendido, o de non comer castañas nin deixalas comer.

O lugar escollido cremos que é o ideal, o parque forestal de Beade, porque permite disfrutar dunha xornada en contacto  coa natureza e de respecto con esta, e, ao mesmo tempo, festexar este día ao estilo tradicional comendo castañas asadas e saltando entre os castiñeiros, as cerdeiras, os carballos, algún que outro toxo, xesta ou salgueiro, a maior parte destes xa sen folla ou a punto de quedarse nus.

Os preparativos pasan, como en edicións anteriores, por levar algún material de xogos populares: a chave, a corda, os balóns, pero o que maís os motiva  é o sentimento de liberdade e incluso de aventura nesa paisaxe de bosque autóctono e de tempo outonal.

Os días previos á celebración foron varios carteis informativos os que puxeron ao alumnado en relación co Magosto: coplas, refráns, receitas de cociña que teñen a castaña como elemento principal, así como outros datos relativos á produción e transformación do produto homenaxeado.Falouse de que a castaña foi moi importante na alimentación dos nosos antepasados mentres non chegou o millo e as patacas de América, que  actualmente se aproveita para usos máis sofisticados na elaboración do “marron glacé”(castaña confeitada) ou como complemento para pratos da cociña moderna: xabarín con castañas, e receitas máis tradicionais que teñen a castaña case como base  única: asadas, cocidas, xeralmente con fiúncho e despois acompañadas de leite frío. Incluso alguén apuntaba que era de mal agoiro pisar unha castaña porque iso non ía favorecer os amores ao establecerse unha relación de semellanza entre a castaña e o corazón ou que outros  puidesen  pillar “unha castaña” aínda que fose sen viño.

A xornada foi ben aproveitada, todo se desenvolveu moi rápido: Saír do centro ás 10,40 h, chegar ao Parque sobre as 11,30 e ao pouco tempo xa estaban degustando a primeira fornada  de castañas asadas, pero houbo que repetir ata cinco ou seis veces o ritual de asar porque para saciar a  cento cincuenta comensais había que espabilarse aínda que a leña non axudase moito e houbese que recolectar algunha polo arredor. Cando xa estabamos decididos a voltar ao Instituto algúns deciden iniciar unha aventura montesía e perderse por entre a maleza. Todo quedou nun pequeno susto que se resolveu de contado e que nos permitiu voltar ao Instituto sen novidade e segundo o horario previsto.Houbo algún grupo que mesmo se atreveu a cantar, -1º ESO C- , aínda que o resultado fose abondo pobre pero  prometeron que o próximo ano o ían facer mellor porque xa contaban con antelación coa letra das coplas e con máis tempo para os ensaios.

De entre as coplas que se incluían no repertorio incluímos aquí unha pequena mostra e agardamos que o próxima edición de non ser mellor que non sexa peor.

outra.JPG

Naquela banda do río

ten meu pai un castiñeiro,

dá castañas en outono

e uvas no mes de xaneiro

Non chas quero, non chas quero

     castañas do teu magosto,

     non chas qero, non chas quero,

      que me cheiran a chamosco.

Canta cuco, canta cuco,

na galla do castiñeiro,

coa machadiña na man,

aprendendo a carpinteiro.

Non chas quero, non chas quero…

Miña nai dóeme a barriga,

-Miña filla, confesión.

As castañas que comiches

de que castiñeiro son?

Non chas quero, non chas quero…

Moza que estás no canizo,

tira castañas abaixo,

anque non teña mandil,

acádochas co refaixo.

  Non chas quero, non chas quero…

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

La Fïsica y el Origen del Universo

Publicado o 25 Novembro, 2009 na sección Física e Química por Nieves

enlace LHC-1 ; LHC-2 y LHC-3

enlace >LHC-4

enlace  LHC-5

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Fuerzas de Inercia ( 1º B.I.)

Publicado o 24 Novembro, 2009 na sección Física e Química por Nieves
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

A conxuración de Catilina V

Publicado o 23 Novembro, 2009 na sección Latín por XiaoRoel

Lucio Catilina, nado de nobre caste, foi de gran forza de alma e corpo, pero de caràcter mao e depravado. Fóronlle gratas desde a adolescencia as loitas intestinas, as matanzas, as rapiñas, as guerras entre cidadáns, e nisto exercitou a súa xuventude. Un corpo sufridor da fame, do frío, da vixilia, máis do que un poidese crer. Änimo audaz, enganoso, variábel, simulador, disimulador de calquera cousa, do alleo cobizoso, do proprio xeneroso, ardente nas ambicións, abondo de elocuencia, pouco de siso. O seu ánimo sen medida sempre desexaba cousas desmesuradas, increíbeis, demasiado altas. Despois da dominación de Sila, invadírao unha arela enorme de apoderarse do estado e non tiña límite ningún para os medios cos que acadar isto, mentres gañase para sí o poder. Axitábase máis e máis cada día o seu ánimo feroz por causa da carencia de peculio familiar e pola conciencia dos crimes, cousas unha e outra que aumentaran coas artes que máis arriba lembrei. Tamén contribuían os corruptos costumes da cidade que alimentaban males pésimos e diferentes entre sí: a luxuria e a avareza. O asunto mesmo parece exhortar, xa que a ocasión apuntou aos costumes da cidade, a volver atrás e narrar concisamente as institucións dos nosos devanceiros na paz e na guerra, como mantiveron o estado, e como de grande o deixaron, para que, mudado aos poucos, de ser o máis fermoso e mellor se fixera o peor e a máis criminal.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

A conxuración de Catilina IIII

Publicado o 23 Novembro, 2009 na sección Latín por XiaoRoel

Así pois, cando o ánimo acougou das moitas miderias e perigos e decidiu que había pasar o resto da vida lonxe da cousa pública, non foi a decisión perder un bo ocio na despreocupación e na desidia, nen tamén pasar a vida cultivando o campo ou cazando, dedicado a oficios servís; senón que, volto ao ese proxecto e afección do que me afastou a ma ambición, decidín escreber por capítulos os feitos importantes do pobo romano segundo como cada un deles parecía digno de memoria, pero por isto, porque para min o espírito estaba libre de esperanza, de medo, de banderías políticas. Así pois, falarei sobre a conxuración de Catilina, o máis verazmente que poida con poucas palabras, pois considero eu estes feitos memorábeis pola novidade do crime e do perigo. Dos costumes deste home cumpre explicar unhas poucas cousas antes de que dea comezo á narración.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

A conxuración de Catilina III

Publicado o 23 Novembro, 2009 na sección Latín por XiaoRoel

Fermoso é obrar a prol da república e tampouco é absurdo escreber ben: cumpre facerse ilustre ou na paz ou na guerra; e os que obraron e os que escreberon os feitos, moitos son louvados. E a min, certamente, aínda que non se dea igual gloria ao escritor e ao autor dos feitos, non obstante ante todo parece máis árduo escreber os feitos históricos: primeiro, porque os feitos deben de estar ao mesmo nivel que as palabras; e logo, porque a maioría considera o que reprendes como faltas, como dito pola malquerencia e a envexa; cando fas memoria da gran virtude e gloria dos bos, o que cadaquén pensa que lle é doado de facer, cólleo con espírito sereo; o demais considérao falso, tal que enteveadas.

Pero eu, rapazolo nos comezos, como case todos, dinme con dedicación á cousa pública, e aí moitas cousas fóronme contrarias. Pois en troques do pudor, en troques da abstinencia, en troques da virtude, prevalecían a audacia, o despilfarro, a avareza. Isto, aínda que o meu espírito, non afeito ás mas artes, desprezábao, non obstante entre tantos vicios a miña tenra edade mantíñase corrompida pola ambición: e, aínda que disentise dos maos costumes dos demais, non menos me maltrataba con faladurías e envexas a ambición do honor, xusto a mesma que aos demais.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

A conxuración de Catilina II

Publicado o 23 Novembro, 2009 na sección Latín por XiaoRoel

Así pois, nun principio os reis – pois na terra este foi o primeiro nome do poder-, cada un ao seu xeito, os uns exercitaban o inxenio, os outro o corpo: tamén entón a vída dos homes pasábase sen ambición, a cada quen abondábanlle as súas cousas. Pero, despois de que Ciro en Asia, os lacedemonios e atenienses en Grecia encetaran a someter cidades e nacións, a ter por causa de guerra o pracer de dominar, a considerar a maior gloria no maior poder, só entón prevalecei na guerra o inxenio, adestrado no perigo e nas angueiras. E se a virutde de ánimo de reis e emperadores valese tanto na paz como na guerra, as cousas dos home manteríanse máis equilibradas e consistentes, e non verías nen trastocárense as cousas, nen mudar e mesturarse todo. Pois doadamente retense o poder con tales artes, xunto coas que desde o comezo foi parido. Pero cando irrumpen en troques do traballo a desidia, en troques da continencia e da equidade a ambición e a soberbia: a fortuna muda á par dos costumes. Así, o poder sempre pasa do menos válido a outro mellor.

O que os homes aran, navegan, edifican, todo obedece á virtude. Pero moitos mortais, dados ao bandullo e ao sono, pasan a vida como ambulantes, ignorantes e incultos: a estes realmente o corpo servíulles de pracer, o espírito de canga. Eu considero xustas as súas vida e morte, porque dunha e doutra gárdase silenzo. Pois en verdade penso que só vive e disfruta do espírito aquel que, dedicado a algunha actividade, procura a fama das fazañas ilustres ou das boas artes. Pero na gran abondanza das cousas, a cadaquén a natureza amosa o seu camiño.

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo