A conxuración de Catilina III

Publicado o 23 Novembro, 2009 na sección Latín por XiaoRoel

Fermoso é obrar a prol da república e tampouco é absurdo escreber ben: cumpre facerse ilustre ou na paz ou na guerra; e os que obraron e os que escreberon os feitos, moitos son louvados. E a min, certamente, aínda que non se dea igual gloria ao escritor e ao autor dos feitos, non obstante ante todo parece máis árduo escreber os feitos históricos: primeiro, porque os feitos deben de estar ao mesmo nivel que as palabras; e logo, porque a maioría considera o que reprendes como faltas, como dito pola malquerencia e a envexa; cando fas memoria da gran virtude e gloria dos bos, o que cadaquén pensa que lle é doado de facer, cólleo con espírito sereo; o demais considérao falso, tal que enteveadas.

Pero eu, rapazolo nos comezos, como case todos, dinme con dedicación á cousa pública, e aí moitas cousas fóronme contrarias. Pois en troques do pudor, en troques da abstinencia, en troques da virtude, prevalecían a audacia, o despilfarro, a avareza. Isto, aínda que o meu espírito, non afeito ás mas artes, desprezábao, non obstante entre tantos vicios a miña tenra edade mantíñase corrompida pola ambición: e, aínda que disentise dos maos costumes dos demais, non menos me maltrataba con faladurías e envexas a ambición do honor, xusto a mesma que aos demais.

Related Posts with Thumbnails

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo