Con C de Creatividade

Publicado o 14 Xuño, 2010 na sección Noticias do Programa do Diploma do BI por Isabel Flores

Entre as actividades de CAS, tamén este ano estamos levando a cabo un pequeno ciclo de charlas para achegarnos á creatividade ‘artística’, o seu significado, a maneira de vivila.  Contamos para elo coa colaboración de artistas experimentados, persoas recoñecidas nos seus respectivos campos.

A finais de maio, tivemos a visita da pintora Loreto Blanco Salgueiro, profesora do Dpto de Pintura da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo. Loreto Blanco falou do proceso de creatividade na pintura e para ilustrar a súa charla analizou parte da súa última exposición na sala Art Next de Vigo.  Tamén tivemos a oportunidade de ver e ‘tocar’ unha serie de obxetos e ‘libros’ fabricados noutros momentos da súa carreira.

A partir da súa páxina web podemos comprender a traxectoria desta artista:

http://loreto.webcindario.com

O próximo venres 18 de xuño, nunha das aulas do Conservatorio Superior de Vigo, Geraint Lloyds Davies, pianista galés, residente no noso país dende hai varios anos, falará da música e do seu proceso creativo e executivo. A elección do conferenciante nos permite que a charla sexa en inglés, coa conseguinte práctica desta lingua.

No primeiro trimestre do próximo curso o profesor Román Raña, recoñecido literato, nos achegará ao mundo literario.

A continuación unha breve reseña da primeira charla, redactada por un grupo de traballo de 1º E.

Loreto Blanco Salgueiro

loretored.JPG

O pasado  26 de maio os alumnos e alumnas de 1º E tivemos una charla con esta artista. Orixinaria de Moaña estudou Belas Artes, e hoxe en día é profesora na universidade de Pontevedra; múltiples publicacións e exposicións avalan o seu traballo.

Cada persoa é unha artista en si mesma, segundo Loreto. O noso punto de vista e a nosa forma de enfrontarnos ao día a día, á vida fannos artistas a cada persoa.

ESTAR, SENTIR, VIVIR, son sensacións claves para deixar fluír a túa imaxinación, non pensar nos problemas. Tes que sacar da túa mente a rutina de todos os días, buscar alternativas, saír dun mesmo para así poder atopar o que che conducirá a algo novo. Recollemos as palabras desta artista, que pensa que para crear arte é preciso desconectarse da parte analítica dos nosos cerebros, a esquerda, e deixar fluír a parte dereita, onde está radicada a nosa intuición.

Esta charla foi, en definitiva, unha magnífica forma de acercarnos á arte e recordarnos a súa importancia e o que debemos valorala dentro do noso proceso vital de crecemento e maduración persoal.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Entrega de premios Letras Galegas e competicións deportivas

Publicado o 14 Xuño, 2010 na sección Club de lectura, Normalización e Dinamización Lingüística, Biblioteca, Vicedirección por Carmen Vilariño Agras

O mércores día 9 de xuño entregáronse no salón de actos do centro os premios das Letras Galegas e os premios das distintas competicións deportivas que se levaron acabo durante o presente curso. Foron premiados os alumnos/as que participaron nas distintos concursos das Letras Galegas, concurso de video e caligramas. O premio de coplas dos maios recaeu na profesora Concha Otero, que agradeceu ao xurado este reñido e importante premio.O alumnado que participou nas competicións deportivas recibiu os seus trofeos despois de un curso de animada disputa deportiva.

O salón de actos estaba repleto de alumnado e mesmo de profesores e profesoras que acompañaron aos premiados, en recoñecemento do seu esforzo e bo facer.

Parabéns a todos os galardonados/as e moito ánimo para seguir colaborando nos diferentes concursos e actividades deportivas que no vindeiro curso sexan organizadas para todos vós.

premios-letras-galegas.jpg

Clique na imaxe para vela a tamaño completo

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo