Solidaridade con Xapón, por Leticia López Otero
“O venres 11 de Marzo despertábamos coas imaxes do máis grande terremoto da historia do Xapón, de 8,9 grados na escala Ritcher. O goberno xaponés falaba, a tres semanas do desastre natural, de máis de 11.200 mortos e máis de 16.000 desaparecidos. Mais, co rostro contenido, a poboación nipona enfrontaba un infortunio máis: a segunda catástrofe máis grave da industria nuclear, despois da de Chernóbil ocorrida en 1986. Tratábase dun accidente múltiple na planta nuclear de Fukushima Daiichi, ó nordeste, situada a 250 quilómetros de Tokio, unha metrópole con trinta millóns de habitantes.
Ante estas terribles circunstancias, co fin de recadar unha pequena contribución para os damnificados do terremoto e o accidente nuclear de Xapón, e informar a xente da situación na que se atopan, un grupo de alumnas do IES Do Castro decidiu participar os pasados días 26 e 27 de Marzo nas actividades que se levaron a cabo no centro da cidade. Estiveron acompañadas tamén polo alumnado voluntario da Escola Oficial de Idiomas de Vigo e baixo a supervisión de Sayuri Nishimura (Xefa do departamento de xaponés na Escola).
O noso grupo participou en diversas tarefas, como atender un posto de venta de marcapáxinas, broches, etc. (Todos eles elaborados a man polo propio alumnado da Escola de Idiomas e o grupo do noso instituto); repartir folletos entre as persoas que paseaban pola rúa co fin de que se informasen sobre o acontecido no Xapón e se animasen a recadar fondos xunto connosco; ou incluso crear no chan un debuxo coas moedas do Monte Fuji, o máis importante de Xapón.
A pesar do mal tempo que lles coincidiu xusto ese fin de semana, as nosas mozas pasaron dos días do máis entretido e, baixo os paraugas e os soportais, lograron cumprir os seus obxectivos. ¡Chegaron incluso a esgotar todas as existencias dos broches que fabricaran!
A experiencia foi realmente grata e todas sentiron que axudaron ós damnificados, aínda que fose cunha pequena colaboración. Unha vez máis o IES Do Castro demostrou que “Pensa globalmente, actúa localmente”, pode converterse nun estilo de vida e con el, axudar a miles de persoas necesitadas.
Hoxe, sabemos que a central nuclear de Fukushima xa atópase de volta baixo control dos técnicos xaponeses e que dende o 6 de Maio pódese acceder o seu interior, grazas a instalación dun sistema de ventilación novo no canto do antigo (Que atopábase danado e fora a causa das fugas nucleares). Non obstante, as cifras dos desaparecidos seguen ascendendo ás 12.000 persoas e a economía xaponesa atópase preto de afundirse.
Os xaponeses continúan a ser un exemplo de solidariedade e civismo en pleno horror. Esperamos que o noso pequeno xesto axude a todas estas persoas. Moita sorte Xapón.”


Novas de CAS, maio 2011
Os seguintes proxectos, entre outros, sucederon ou están en marcha este ano. Como a maioría dos proxectos esixen un traballo de grupo son sempre unha excelente ocasión para o desenvolvemento das habilidades sociais do alumnado participante. Tamén contribúen a desenvolver actitudes de compromiso persoal e responsabilidade social. Por outra parte, o feito de sentirse responsables da creación do proxecto ou partícipes de accións máis ou menos públicas, promove a súa autoestima e unha sensación de ter ‘capacidade para influír’ no que sucede ao seu redor, o que retroalimenta a capacidade de actuación.
Voluntariado de integración escolar
O alumnado de 2º de BI recibe e contribúe á integración do alumnado de 1º E cunha serie de actividades dirixidas e libres, nun mini-proxecto de ‘titoría entre iguais’ Segundo á experiencia deste ano, o proxecto merece a pena para o alumnado dos dous grupos:
-o novo alumnado síntese apoiado moralmente, benvido ao centro, coñece o centro e as súas actividades con máis facilidade, e ten un ‘igual’ a quen acudir en casos de pequenas dúbidas de xestión e organización ou desorientación.
-o alumnado de 2º pode desenvolver as súas habilidades sociais nun contexto seguro e expandir o seu sentido da responsabilidade e cooperación, poñéndose no lugar doutra persoa.
Voluntariado de Biblioteca
Este valioso traballo no centro conta co asesoramento da coordinadora da Biblioteca, Carmen Vilariño, e a colaboración do equipo de profesorado correspondente. Durante un recreo á semana, alumnado de CAS axuda nas labores de xestión e organización da biblioteca. Previamente realizaron un breve curso de formación para coñecer o funcionamento do programa MEIGA e outros aspectos da organización.
Nalgunhas ocasións este alumnado tamén colabora na dinamización ou xestión de actividades promovidas desde a Biblioteca. Foi o caso, por exemplo, da contribución á celebración do Día da Paz ou á Semana da Muller.
Nas fotos podemos ver o grupo de voluntariado que realiza estas labores actualmente, así como o grupo que realizou este traballo durante os primeiros meses do curso 2010-11. Todas as persoas relacionadas con este proxecto falan del como un labor enriquecedor e creativo.
Felicitacións para este voluntariado polo seu entusiasmo e adicación á tarefa.
Colaboración con HUMI (Rastrillo de Nadal) / Fundación Mayo Rey (Outlet solidario)
A finais do mes de decembro, alumnado de CAS e tamén doutros cursos, fundamentalmente 4º ESO colaboraron coas actividades organizadas polas ONGs citadas para recadar fondos para os respectivos proxectos.
En ambos casos, o alumnado asumiu funcións de venta, organización de produtos, empaquetado, etc en xeral con contacto co público asistente e coas persoas voluntarias/ xestoras destas organizacións. O alumnado participante atopou as súas experiencias interesantes e novedosas, valorando as posibilidades de aprender sobre realidades ou ambientes diferentes.
Grupo de AI
Este grupo renovouse coa participación de alumnado de 1º E. No primeiro trimestre participaron nunha campaña contra a pena de morte no propio centro.
No mes de febreiro preparou a conferencia do periodista e director cinematográfico Alberto Arce, que no último momento non se puido celebrar por problemas de tráfico aéreo.
Nos próximos días publicarase un traballo deste grupo, aproveitando a realidade do propio instituto.
Aparte de conseguir obxectivos de concienciación propia e doutro alumnado, relacionados cos D.D.H.H. este grupo brinda a oportunidade de desenvolver a capacidade creativa do alumnado participante de diversos modos.
Campaña Axuda a Xapón
Un grupo de alumnado do IES do Castro –varias persoas de CAS, outras de 1º e 2º de Bacharelato- levou a cabo este proxecto colaborando cunha iniciativa de alumnado da EOI. Varias destas persoas son alumnas de xaponés nesta escola, e nalgúns casos colaboraron deseñando e producindo marcapáxinas e broches para a súa venda. Tratábase dunha campaña de concienciación e recollida de fondos para enviar a Xapón.
Parte desta actividade tivo lugar na Rúa de Príncipe, como pode verse nestas fotos.
Save the Frog
O proxecto de reciclaxe de papel iniciado pola primeira promoción do BI continúa nas nosas aulas e na biblioteca semana a semana. No primeiro trimestre realizouse unha campaña de divulgación, dirixida especialmente ao alumnado de 1º ciclo.
Últimamente as recollidas véñense facendo cada mércores ao mediodía. As veces a colaboración dalgunhas aulas podería ser mellor, pero globalmente o proxecto é un éxito e unha boa parte do alumnado está a amosar o seu interese pola protección do medioambiente a diario. Pequenos xestos individuais poden sumar moitos kilos e significar moito!
No mes de marzo renovouse o equipo de recollida con novo alumnado de 1º E e do alumnado de O Castro-Axenda 21 de 3º de ESO. Agradeceremos calquera información sobre posibles fallos, para intentar subsanalos.
Na foto o equipo ao completo diante do logo da Axenda 21
Nestas fotos os equipos en funcionamento.
Mediación
O Equipo de Mediación do centro renovouse este ano coa integración de novo alumnado tanto de CAS como doutros cursos. O alumnado deste equipo ten asistido a cursos de formación -organizados polo Dpto de Orientación- para comprender e practicar as destrezas e habilidades necesarias para actuar cando sexa preciso. Nos taboleiros do instituto poden verse os pósters realizados polo alumnado de CAS coa foto do alumnado do equipo, así como unhas ideas básicas sobre o proceso da mediación.
Aínda que felizmente non é preciso realizar demasiadas mediacións no noso centro, gradualmente vaise instalando a idea de que en caso de conflitos entre iguais é posible acudir á axuda do equipo de mediación, ben a través do Dpto de Orientación, das titorías, etc.
Nesta foto pode verse o equipo de mediación ao que pertence alumnado de diversos cursos da ESO e Bacharelato. Cinco destas persoas corresponden a alumnado CAS.
Este é o cartel de divulgación do equipo de mediación do centro que está nas aulas.

Concurso de relato Corto
ACTA DO CONCURSO DE RELATOS
DO IES DO CASTROCURSO 2010 – 2011
Tras unha ardua deliberación, o xurado do Concurso de Relatos, composto polos docentes da Biblioteca, en colaboración con outros membros claustrais, decidiron que os gañadores do devandito certame literario son:
MODALIDADE I (1º e 2º curso da ESO)
Primeiro premio: La muerte no nos separa de As
Segundo premio: A ti de Rub
Accésit: La última actuación de Jason Johns . Allegrd’Ascoli
MODALIDADE II (3º e 4º curso da ESO)
Primeiro premio: La oscura luz del mar de Daniel Carter
Segundo premio: Nunca es mucho tiempo de Ariadna Zunay
MODALIDADE III (1º e 2º curso de Bacharelato)
Primeiro premio: Hipócritas e inertes de Bolsa
Segundo premio: ¿Orgullo o dignidad? de Navajita
Os premios entregaranse a próxima semana.A data e lugar será anunciada nos próximos días.
Os alumnos e alumnas que queiran que os seus relatos sexan publicados, teñen que mándalos en formato dixital ao seguinte enderezo:

Excelentes resultados, de nuevo, en las Olimpiadas de Física y de Química
Enhorabuena a los siguientes alumnos de 2º de Bachillerato:
MARTÍN GONZÁLEZ RAMIREZ- 2º PUESTO en la OLIMPIADA DE QUÍMICA (Universidad de Vigo)
FRANCISCO REIGOSA CHAMORRO- 3º PUESTO en la OLIMPIADA DE QUÍMICA (Universidad de Vigo)
-antes, en 1º Bach. diploma en la Olimida de Química y en 4º ESO MEDALLA DE BRONCE en la OLIMPIADA GALLEGA de QUÍMICA para alumnos de la ESO .
GABRIEL QUINTAIROS RIAL- 4º PUESTO en la OLIMPIADA DE FÍSICA (Universidad de Vigo)
-antes,PREMIO EXTRAORDINARIO DE GALICIA para alumnos de la ESO; diploma en la OLIMPIDA GALLEGA DE QUÍMICA-ESO, y estancia en un Campus científico de verano (Com-
plutense de Madrid-Julio 2010) . Estas plazas se reservan a los mejores alumnos de toda España que lo solicitan.
PEDRO LÓPEZ DOMÍNGUEZ- 5º PUESTO en la OLIMPIADA DE QUÍMICA (Universidad de Vigo)
-antes, en 4º ESO, MEDALLA DE ORO en la OLIMPIADA GALLEGA DE QUÍMICA para alumnos de la ESO y estancia en un Campus científico de verano (Universidad de Oviedo-Julio 2010)



Programa PILI do Concello de Vigo 2011 (Alumnado 3º ESO)
![]() Que é o PILIVIGO?Despois dos positivos e satisfactorios resultados acadados no desenvolvemento do Programa Municipal de Inmersión en Lingua Inglesa PILIVIGO, a nova edición 2011 desta iniciativa didáctica tentará seguir promovendo a mellora da capacitación en lingua inglesa, dentro do marco do programa educativo municipal “Aulas Internacionais”. O PILIVIGO 2011 constará de ata un máximo de 290 prazas en réxime de concorrencia competitiva, (250 prazas en asignación directa segundo exptes. administrativos 0410/332 e 11485/332 e outras 40 prazas condicionadas á tramitación por parte do Servizo de Educacíón do expte. para resolución final de acordo de modificación do contrato vencellado co expte. 10410/332 que concretará unha ampliación económica de 100.000.-€) para realizar viaxes de inmersión lingüística a Reino Unido e/ou Irlanda e ten como obxectivo ofrecer aos alumnos e alumnas de 3º de ESO dos centros educativos sostidos con fondos públicos da nosa cidade a oportunidade de mergullarse na lingua e cultura británicas e aprender nas escolas locais en réxime de integración co alumnado nativo, como se fosen un máis da clase. Por este motivo, as viaxes, dunha duración de 3 semanas, teñen previsto comezar na primeira quincena de setembro, de xeito que poidan empezar o curso escolar nos centros británicos, e a estadía rematará como moi tarde na primeira semana de outubro de 2011. O alumnado dos centros privados-concertados do municipio, accederá ás prazas que queden dispoñibles (dun máximo de 290) logo de adxudicalas preferentemente entre alumnado da rede pública solicitante que cumpra os requisitos recollidos na convocatoria específica para a selección do alumnado participante no PILIVIGO 2011. As prazas incluirán o importe da matrícula no programa lectivo e o material necesario para completalo e acreditar a súa finalización, así como os custos de aloxamento en familias anfitrioas en réxime de pensión completa. Asemade, incluirá os gastos derivados da organización de actividades extraescolares e de lecer e visitas didácticas a centros de interese do país de acollida -que se desenvolverán en inglés e guiadas por monitorado bilingüe-, así como o importe das viaxes de ida e volta, dos seguros de viaxe e responsabilidade, e do transporte urbano ata o centro de ensino de integración asignado. |
|
|

