Celebracións Día da Paz e a Non-violencia
Dentro das celebracións do Día da Paz e a Non-violencia houbo un recital de poemas en varias linguas por parte de alumnado de 1º D para o alumnado do 1º ciclo da ESO. Carmen, Cristina, Fidel, Helena, Michelle, Nuria, Pablo foron as persoas encargadas das lecturas e o seu traballo foi acollido con ledicia e aplausos nas aulas correspondentes.
Durante o recreo Martín e Paula de 2º de Bacharelato nos recrearon coa súa música, preparada con cariño e adicación para esta ocasión. Nas fotos algúns momentos da actuación.
Reseña do acto, por Isabel Gómez Alonso
O pasado 30 de xaneiro celebrouse o día da paz no instituto. Especial atención obtiveron dous alumnos de 2º de bacharelato, Martín e Paula, que decidiron conmemorar esta data a través da música. Tras moitas xornadas de longos ensaios, ambos versionaron con éxito a canción “Space dementia” do grupo británico Muse. A maioría do alumnado asistiu ao pequeno concerto, no que Paula cantou e Martín tocou o piano. Esta actuación supuxo unha forma orixinal de celebrar o día da paz, xa que a través da creatividade aportada pola música ambos puideron facer énfase na necesidade de cumprir os dereitos humanos.

