Solidaridade con Xapón, por Leticia López Otero

Publicado o 11 Maio, 2011 na sección Noticias do Programa do Diploma do BI por Isabel Flores

dsc06038red.JPG

 

“O venres 11 de Marzo despertábamos coas imaxes do máis grande terremoto da historia do Xapón, de 8,9 grados na escala Ritcher. O goberno xaponés falaba, a tres semanas do desastre natural, de máis de 11.200 mortos e máis de 16.000 desaparecidos. Mais, co rostro contenido, a poboación nipona enfrontaba un infortunio máis: a segunda catástrofe máis grave da industria nuclear, despois da de Chernóbil ocorrida en 1986. Tratábase dun accidente múltiple na planta nuclear de Fukushima Daiichi, ó nordeste, situada a 250 quilómetros de Tokio, unha metrópole con trinta millóns de habitantes.

 

Ante estas terribles circunstancias, co fin de recadar unha pequena contribución para os damnificados do terremoto e o accidente nuclear de Xapón, e informar a xente da situación na que se atopan, un grupo de alumnas do IES Do Castro decidiu participar os pasados días 26 e 27 de Marzo nas actividades que se levaron a cabo no centro da cidade. Estiveron acompañadas tamén polo alumnado voluntario da Escola Oficial de Idiomas de Vigo e baixo a supervisión de Sayuri Nishimura (Xefa do departamento de xaponés na Escola). 

 dsc06025red.JPG

O noso grupo participou en diversas tarefas, como atender un posto de venta de marcapáxinas, broches, etc. (Todos eles elaborados a man polo propio alumnado da Escola de Idiomas e o grupo do noso instituto); repartir folletos entre as persoas que paseaban pola rúa co fin de que se informasen sobre o acontecido no Xapón e se animasen a recadar fondos xunto connosco; ou incluso crear no chan un debuxo coas moedas do Monte Fuji, o máis importante de Xapón.

 

A pesar do mal tempo que lles coincidiu xusto ese fin de semana, as nosas mozas pasaron dos días do máis entretido e, baixo os paraugas e os soportais, lograron cumprir os seus obxectivos. ¡Chegaron incluso a esgotar todas as existencias dos broches que fabricaran!

 

A experiencia foi realmente grata e todas sentiron que axudaron ós damnificados, aínda que fose cunha pequena colaboración. Unha vez máis o IES Do Castro demostrou que “Pensa globalmente, actúa localmente”, pode converterse nun estilo de vida e con el, axudar a miles de persoas necesitadas.

 dsc06036red.JPG

Hoxe, sabemos que a central nuclear de Fukushima xa atópase de volta baixo control dos técnicos xaponeses e que dende o 6 de Maio pódese acceder o seu interior, grazas a instalación dun sistema de ventilación novo no canto do antigo (Que atopábase danado e fora a causa das fugas nucleares). Non obstante, as cifras dos desaparecidos seguen ascendendo ás 12.000 persoas e a economía xaponesa atópase preto de afundirse. 

 

Os xaponeses continúan a ser un exemplo de solidariedade e civismo en pleno horror. Esperamos que o noso pequeno xesto axude a todas estas persoas. Moita sorte Xapón.”

dsc06032red.JPGdsc06033red.JPGdsc06035red.JPGdsc06043red.JPG

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo