Ao destino que nos leva o deporte

Publicado o 24 Febreiro, 2012 na sección Educación Física por Isabel Flores

 

Por Adrián F. Platero

O pasado luns, tivo lugar a final da Liga Interna de Baloncesto coa vitoria de Los Mataos sobre Los Vengadores nun tenso encontro marcado pola calidade de ámbolos dous equipos.

1.JPG 2.JPG
Cóllea! A que non ma quitas?

 Con esta final, remataba o torneo da Liga Interna de Baloncesto, un torneo que estivo marcado polo compromiso de xogar e de formar parte dun equipo. Onde, sen dúbida gañar era a prioridade, pero que, antes diso, sempre prima o feito de xogar limpo.

É bo saber, que neste torneo , se transmitiron valores tanto dentro como fóra do terreo de xogo, xa que sempre, incluso nos encontros máis difíciles de disputar, se optou polo “fair play” e o respecto por riba do propio triunfo.

3.JPG 4.JPG
E… canasta! E alí vai outra canasta!

 

 

Na final, soamente puido gañar un equipo, pero o certo é que houbo nivel de abondo para que no IES Do Castro tivésemos máis dun vencedor. Los Mataos foron os xustos vencedores, xa que desenvolveron durante todos os encontros unha grandísima forma de xogar ao baloncesto, pero non lle podemos quitar mérito ao papel que tiveron Los Vengadores así como os outros equipos que disputaron a Liga Interna.

Desde este artigo, queremos agradecer a todos os equipos que formaron parte deste torneo a súa participación.

O equipo que quedou no terceiro posto, o finalista e o campión recibirán un diploma como recompensa a súa actuación nesta liga. A entrega dos mencionados premios efectuarase o día que o Instituto conmemore o día das Letras Galegas (mediados de maio).

Por último, agardamos a tódolos equipos que participaron nesta liga na edición do próximo ano.

 

Equipo gañador: Los Mataos

 

2º clasificado: Los Vengadores

 

3º clasificado : Start Twin

 

 

5.JPG

O equipo gañador e o equipo de organización CAS

Equipo CAS:  xestión e organización da Liga de Baloncesto 2011-12

(1º -2º-3º ESO)

 

Clara Leboreiro: coordinación e fotos

 

Miguel Caramés: arbitraxe, deseño de carteis e diplomas

 

Adrián F. Platero: textos e arbitraxe

 

Carla Neira: actas, deseño de carteis

 

Kevin Stratmeyer: arbitraxe, deseño de carteis e diplomas

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Actividades da ANPA 2012

Publicado o 17 Febreiro, 2012 na sección Zona ANPAs por Alberte Zato

 

 

 actividades_anpa_2011_12.jpg

Clique na imaxe para agrandala

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Visita a Rebordechao dende ‘As Corcerizas’

Publicado o 17 Febreiro, 2012 na sección Zona Alumnado, Noticias do Programa do Diploma do BI por Alberte Zato

Presentación de Adrián Fernández Platero e Pâmela Rodrigues Lindares

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Gran Final Baloncesto Los Mataos e Los Vengadores

Publicado o 14 Febreiro, 2012 na sección Noticias do Programa do Diploma do BI por Isabel Flores

Por Adrián Fernández Platero

 

Gran Final Baloncesto

Los Mataos e Los Vengadores

recreo luns día 13 de febreiro

 

Desde a bancada, chaman por vós…

 

Alumnos/as do IES Do Castro, vouvos falar dun evento ao que merece á pena que asistades. Non sei se xa vos informaron da Liga Interna de Baloncesto. Esta Liga leva en funcionamento desde novembro e gustaríanos contar con máis espectadores na gran final do venres.

Pois ben, quero que saibades que o vindeiro venres día 10 de febreiro celebrarase a final entre Los Mataos e Los Vengadores. Ambos equipos romperon as estatísticas no torneo. Agradaríanos moito a vosa presenza na final que terá como escenario o Pavillón do IES Do Castro e o encontro será arbitrado por Alberte Zato.

Polo tanto, non podedes faltar o luns 13 a gran final. A emoción está asegurada.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Simulacro de saída e evacuación de emerxencia 2012

Publicado o 7 Febreiro, 2012 na sección Taboleiro Transversal por Alberte Zato

Dentro do programa de seguridade do IES do Castro realizouse a práctica anual de simulacro de saída e evacuación de emerxencia o pasado venres, día 3 de febreiro.

Neste vídeo obsérvase que a práctica se fixo con orde e seguindo as directrices do profesorado.

Nunca sabemos para o que temos que estar preparados. Grazas a todos e todas.

 (Either JavaScript is not active or you are using an old version of Adobe Flash Player. Please install the newest Flash Player.)

 

perigo.jpg

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Premios DD.HH

Publicado o 3 Febreiro, 2012 na sección Club de lectura, Biblioteca por Carmen Vilariño Agras

paloma-paz-pulpo.bmp

PREMIADOS/AS

Bruno Arias González

Diego Frenández Rodríguez

Lucía Gonzalez Cibeira

Sergio Loureiro Cousiño

Yemile Selmani Muguerza

Clara Rodríguez Toubes de La Cuesta

Cristina Torres Hervés

Pablo Paradela

Os premiados terán a entrega de premios na biblioteca o próximo luns día 6 de febreiro.

Noraboa, e sorte para os vindeiros concursos.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

EXÁMENES PARA ALUMNOS CON LENGUA CASTELLANA Y LITERATURA DE 1º DE BACHILLERATO PENDIENTE

Publicado o 24 Xaneiro, 2012 na sección Lengua y Literatura castellanas, Exames, Convocatorias, Departamentos por Rita de Saa

CONVOCATORIAS DE EXÁMENES:

16 DE FEBREO A LAS 16,30:

- Examen de la segunda parte de la materia para aquellas alumnas que se presentaron al examen de diciembre.

- Examen de la primera parte de la materia, o de la materia completa, para aquellos alumnos y alumnas que no se presentaron al examen de diciembre.

26 DE ABRIL A LAS 16,30

- Examen de la 2ª parte de la materia para aquellos alumnos y alumnas que tengan aprobada la primera parte.

- Examen de la materia completa para los alumnos y alumnas que no hubiesen superado la primera parte de la materia.

La distribución de los contenidos de la primera y segunda parte de la materia, así como las instrucciones para el estudio de las mismas, está publicada en este sitio web.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Sesión de creatividade musical con Geraint Lloyd Davies

Publicado o 20 Xaneiro, 2012 na sección Música por Isabel Flores

Texto de  Mª Carmen Dacasa e Antía Fernández 2º Bach E

O pasado día nove de decembro, os grupos de 1º E, 2ºE e alumnado invitado de 1ºA e 1ºB asistimos á charla que concedeu o pianista galés Geraint Lloyd Davies no Conservatorio Superior de Música, como parte da serie de tres charlas sobre a creatividade nas que tamén participaron a profesora de Belas Artes, Loreto Blanco Salgueiro e o poeta e profesor do noso centro, Román Raña.

peq-grupo.JPG

(Ler o resto do artigo »)

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo