Gran Final Baloncesto Los Mataos e Los Vengadores

Publicado o 14 Febreiro, 2012 na sección Noticias do Programa do Diploma do BI por Isabel Flores

Por Adrián Fernández Platero

 

Gran Final Baloncesto

Los Mataos e Los Vengadores

recreo luns día 13 de febreiro

 

Desde a bancada, chaman por vós…

 

Alumnos/as do IES Do Castro, vouvos falar dun evento ao que merece á pena que asistades. Non sei se xa vos informaron da Liga Interna de Baloncesto. Esta Liga leva en funcionamento desde novembro e gustaríanos contar con máis espectadores na gran final do venres.

Pois ben, quero que saibades que o vindeiro venres día 10 de febreiro celebrarase a final entre Los Mataos e Los Vengadores. Ambos equipos romperon as estatísticas no torneo. Agradaríanos moito a vosa presenza na final que terá como escenario o Pavillón do IES Do Castro e o encontro será arbitrado por Alberte Zato.

Polo tanto, non podedes faltar o luns 13 a gran final. A emoción está asegurada.

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo