Unha alumna do Programa do Diploma do Bacharelato Internacional no IES do Castro, gañadora dunha das bolsas de estudos do Benjamin Franklin International School

Publicado o 10 Abril, 2012 na sección Noticias do Programa do Diploma do BI por Lucía López Bejo

Antía Fernández Fernández , alumna de 2º E de Bacharelato, acadou  unha das dúas bolsas adxudicadas a España para participar no Instituto de verán Benjamin Franklin 2012, programa financiado polo Departamento de Estado dos Estados Unidos para promover as relacións entre as novas xeracións de europeos, asiáticos e norteamericanos.

A alumna participará nun programa intensivo enfocado nos asuntos globais aos que se enfronta a mocidade en ambos os dous lados do Atlántico. Desenvolverase nunha localidade norteamericana,  aínda por determinar, durante catro semanas no verán de  2012, e reunirá aproximadamente a 45 estudantes de distintos países de Europa e Asia Central con 10 estudantes norteamericanos.

Os/as participantes levarán a cabo unha gran variedade de actividades: seminarios, programas de apoio comunitario e voluntariado, viaxes de estudo e eventos culturais. Traballarán nun proxecto conxunto e explorarán como os/as mozos/as de hoxe interactúan cos medios de comunicación, tanto na súa faceta de consumidores como de produtores de información. Abordarán tamén como a liberdade de expresión impón ás persoas cidadás tanto dereitos como responsabilidades.

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo